21/12/23

NADAL 2023-24 CPI AS MIRANDAS

Educación Infantil:

 



Os Reis Magos nos acompañaron despois da nosa actuación...















Nadal de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria:





Nadal 4º 5º e 6º de E.P.











19/12/23

SUXESTIÓNS LECTORAS DE NADAL 2023

Aínda que xa sabemos que as cartas a Papá Noel, Apalpador ou Reis Magos están enviadas, ao mellor aínda pode engadirse algún libro. Por se estades buscando algunha idea aquí vos van unhas poucas. Escollede o que vos apeteza ler, aínda que sexa para outra idade... o asunto é desfrutar lendo. Que teñades unhas boas festas.

11/11/23

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN NAS MIRANDAS

O pasado venres 10 de novembro celebramos o Magosto e o Día do Peón no noso cole. O día amenceu nubrado e con chuviscas, pero iso non impediu que puidesemos gozar dunha bonita mañá xuntos.

Comezamos cunha serie de xogos para todo o alumnado nos que a castaña foi a protagonista. Fixemos procura de castañas, punterías, carreiras, puzles... pero principalmente gozamos cos nosos compañeiros e compañeiras neste día de celebración. 

Posteriormente, para repoñer forzas, comimos castañas e preparamos os nosos peóns e bailaretes para conmemorar o “Día do Peón” xa que, como indica o noso refraneiro popular… “Polo San Martiño, peóns ao camiño”. 

O alumnado tivo a oportunidade de facer bailar os seus peóns e bailaretes de todo tipo, realizados por eles mesmos coa axuda das súas titoras e titores.

Foi unha mañá chea de bos e bonitos momentos. No seguinte vídeo podedes ver algúns deles. Agardamos que vos guste.



30/10/23

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Proximamente comezaremos coa actividade de  apadriñamentos lectores. É un proxecto de animación e fomento da lectura. Consiste en que alumnos e alumnas de 5º e 6º de E.P. se constitúen en padriños ou madriñas para compartir momentos de lectura.

Con esta actividade preténdese principalmente a mellora dos diversos contidos da lectura, pero ademais contribuirá a desenvolver as relacións interpersoais dos alumnos do centro e o achegamento entre nenos de idades diferentes.

OBXECTIVOS

a) En relación aos lectores:

- Desenvolver a capacidade lectora.

- Favorecer a práctica da lectura expresiva coa adecuada vocalización, entoación, ritmo, rexistros fonéticos, inflexións da voz, etc.

- Diferenciar os elementos estruturais dun conto.

- Apreciar os compoñentes físicos dun libro.

- Incentivar a motivación pola lectura, adaptándose ao nivel do oínte.

- Coñecer a organización da biblioteca do centro.

- Potenciar as relacións interpersoais, recoñecendo aos alumnos pequenos como os seus iguais no colexio.

b) En relación aos oíntes:

- Desenvolver a capacidade de escoita activa.

- Mellorar a atención e a comprensión de textos orais.

- Potenciar a observación e a discriminación de signos gráficos.

- Percibir as diferenzas entre diversos libros, manifestando os seus gustos.

- Sentir interese pola narración, identificando personaxes e situacións.

- Familiarizarse co uso da biblioteca.

- Incentivar o respecto cara aos libros.

- Saber adaptarse a persoas de diferente idade.


Para a realización da actividade dispoñemos da biblioteteca e corredores do centro.

Este será o carnet que lecarán os nosos voluntarios

Pen License Student Award de Conchi

SEMANA DO MEDOOOOOOO!!!


Esta semana e a pasada convertimos a nósa biblioteca nun recuncho de lecturas de medo.

O alumnado de 5º e 6º de E.P. prestáronse voluntarios para facer lecturas de medo. Foi unha experiencia moi chula e terrorífica...

Collage Recopilación Fotos Instagram Polaroid Corcho Manual Handmade de Conchi









25/10/23

TECENDO COMUNIDADES

 Hoxe, martes 24 de outubro 2023, a Biblioteca Carabela do CPI As Mirandas quere celebrar o Día das Bibliotecas, compartindo este fermoso e significativo lema: "Tecendo Comunidades". 

Imaxinamos as bibliotecas como uns telares onde se van tecendo relacións e coñecementos, onde anuda o sentido da pertenza, intercambiando ideas, conversas, conexións, que van mostrando a diversidade e a riqueza da nosas comunidades. 




6/10/23

UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS


A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2023/2024. O lema elixido, UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS, quere poñer o foco en todas as posibilidades que a a banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular.

 A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2023-2024 é obra de Jorge Campos ilutrador, arquitecto e artista do cómic. Un convite a pasear polas viñetas das nosas bibliotecas escolares e a xogar coas cubertas que van de man en man da comunidade educativa.

  Un curso para poñer en valor un xénero que cada vez adquire máis protagonismo na colección das bibliotecas escolares de Galicia. Para seguir concienciando que ler cómic tamén é ler, que favorece a primeira alfabetización e autonomía lectora grazas ao apoio visual. Que nos ofrece diferentes capas de lectura na que todos e todas atopamos un espazo ao tempo que favorece a alfabetización visual e artística e o desenvolvemeto da creatividade e a imaxinación.


19/6/23

Suxestións lectoras de verán, 2023

Un feixe de libros, xogos e música para ler, xogar e escoitar este verán. Aquí tes a información das suxestións que a biblioteca Carabela fai para este verán. Vémonos en setembro. Pasádeo ben!

Xogar, ler, disfrutar. Chegou o verán.

Qué facer neste verán? Aquí tes unhas suxestións. Seguro que algunha che apetece.

6/6/23

EXITO DA V FEIRA "DANZANDO CO MUNDO QUE QUEREMOS"

 Non podemos estar máis que satisfeitos da xornada de onte na que se reflectiu o traballo colaborativo realizado no noso cole durante este curso e que deu como resultado a V Feira “Danzando co mundo que queremos”.

Parabéns a toda a comunidade educativa: a todos os profes de infantil, primaria e secundaria, a todo o alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata os máis maiores, que traballaron e colaboraron dunha maneira impecable realizando unha gran labor en cada un dos stands representados; aos alumn@s  da materia de tecnoloxía pola realización dese estupendo piano de chan que tanto gustou aos nenos e nenas; ao grupiño de músicos da mini Big Band que nos acompañou durante toda a xornada- xodes uns cracks-, a Tino Fernández e os seus alumnos do CIFP Ferrolterra por eses obradoiros de robótica- unha delicia para os nenos e nenas, e que ben o pasaron-,  aos profes e alumnado de infantil e primaria que prepararon esa actuación de baile tan chula e por suposto á dirección e profesorado do CPI As Mirandas por promover e apoiar todas as iniciativas que se están a levar a termo no noso centro e a todas as familias e veciñanza que nos acompañaron nesta xornada.

Grazas a todos por facer que resultase todo un éxito

15/5/23

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

 A Real Academia Galega escolleu este ano ao escritor en intelectual Francisco Fernández del Riego como persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023 .

 

En Vilanova de Lourenzá nace Francisco Fernández del Riego, o 7 de xaneiro de 1913, primeiro fillo dunha extensa familia. Tras formarse no seu pobo natal e en Mondoñedo, en 1930 iniciou a carreira de Dereito en Madrid, pero ao ano seguinte instalouse coa súa familia en Santiago de Compostela, onde a acabou en 1934 e empezou a exercer como profesor axudante de Dereito Civil. Ao estalar a guerra en 1936 alistouse para evitar ser represaliado polas súas actividades políticas, pois non só era secretario das Mocidades Galeguistas, senón que fixera unha intensa campaña en apoio do estatuto de autonomía de Galicia plebiscitado en 1936, e era coñecido como un destacado membro da xeración de mozos intelectuais do Seminario de Estudos Galegos. Tras a guerra instalouse en Vigo, contraeu matrimonio e comezou a traballar primeiro como profesor no ensino privado e despois como avogado.


En 1943 empezou a reorganizar o Partido Galeguista na clandestinidade. En 1950 fundou, xunto con outros galeguistas, a emblemática Editorial Galaxia, na que se ocupou da xerencia. En 1960 ingresou na Real Academia Galega, conseguindo que a partir de 1963 a institución escollese anualmente unha figura da cultura galega que protagonizase o Día dás Letras Galegas, que desde entón celébrase o 17 de maio. En 1963 comezou a súa andaina a revista galega de cultura Graal, que Fernández del Riego codirixiu con Ramón Piñeiro durante os seus cen primeiros números, ata 1988; tamén en 1963 implicouse activamente na creación da Fundación Penzol, cuxa biblioteca —de consulta imprescindible para temas galegos— dirixiu. En 1964 participou na fundación do Partido Socialista Galego (PSG), no que militou ata 1978. En 1997 foi elixido presidente da Real Academia Galega, e imprimiu a esta un aire máis dinámico durante os catro anos en que, por limitación estatutaria, estivo á fronte da institución.
Á narrativa chegou tardíamente, ao publicar en 1992 Ou cego de Pumardedón, onde fai ficción da súa vivencia da Guerra Civil.

 Posiblemente é a figura máis premiada da historia da cultura galega, pois recibiu, entre moitos outros, os seguintes galardóns: Premio de Ensaio do Centro Galego de Buenos Aires (1948), Premio Pedrón de Ouro (1979), Medalla Castelao (1985), Premio Trasalba (1988), Premio de Creación Cultural da Xunta de Galicia (1992), doutor honoris causa da Universidade de Vigo (1992), Galego Egrexio (1993), Premio Fernández Latorre de Xornalismo (1994), Premio Otero Pedrayo (1995), Insignia de Ouro da Universidade de Santiago (1996), e o Premio das Artes e das Letras de Galicia (1997).


As nenas e nenos de infantil celebran o Día das Letras galegas co recitado de poemas en galego.








Exposición de cartaces sobre a vida e obra de Florencio Delgado nos corredores do centro.



DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023 POR AFUNDACIÓN

Para homenaxear o Día das Letras Galegas 2023, desde Afundación convidámosvos a coñecer e participar nas seguintes actividades dixitais. 

Un conto para que visualicen os máis pequen@s e un xogo para participar e comprobar os coñecementos sobre Francisco Fernández del Riego. EDUCACIÓN INFANTIL: Conto "O misterioso salouco de Don Paco"



14/5/23

DÍA DO LIBRO 2023

 No día do libro de 2023 a biblioteca Carabela en colaboración con Dinamización, organizamos a primeira edición do "Desfile de Personaxes de Contos"

A actividade consistía en caractterizarse da personaxe dun conto lido e facer o desfile acompañado do libro.
A actividade desenrolouse na semana posterior ao Día do libro, cada dia desfilaban dous cursos de primaria e o último día fixemos  un desfile único para o desfrute do alumnado de E.I.



















3/5/23

VI EDICIÓN DO CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS

  Co gallo das actividades para conmemorar o Día Das Letras  Galegas, o Equipo de Dinamización Lingüística (EDLG) e a  Biblioteca Escolar Carabela organizan a VI Edición do Concurso de deseño de cubertas de libros. Con esta iniciativa preténdese fomentar a lectura en lingua galega así como  potenciar as capacidades creativas do alumnado.   

BASES

1.- Dirixido a: Todos os alumnos/as do CPI As Mirandas, que poderán participar cun máximo de 2 obras. En infantil o traballo a presentar será de aula.

2.- Tema: O concurso ten por obxecto a creación dun deseño gráfico para a portada ou cuberta dun  libro que o alumno/a teña lido. Na portada ten que constar o título e o nome  do autor do libro  ademais da decoración que o alumno/a desexe engadir: fondos, fotos , debuxos, distintos tipos de letras, diversos materiais, etc. O libro pode ser de calquera xénero: poesía, contos, novela, teatro, ensaio, divulgación… Pola parte de atrás irá o nome e curso do alumno/a participante.

3.- Formato: Tamaño mínimo un cadrado de 21x21 cm. e máximo un A3 (29,7x42 cm.)

4.- Técnica: Poderase utilizar calquera tipo de técnica bidimensional: rotuladores, lapis, témperas, collage, banda deseñada,etc. Tamén se poden combinar técnicas: letras a ordenador e debuxos a man, fondos de témpera e un collage superposto, composicións feitas con volume e despois fotografiadas, etc.

5.- Soporte: En función da técnica dos traballos, pódense entregar en papel, cartolina, cartón, lenzo ou como un arquivo informático se é o caso dun traballo feito por ordenador.

6.- Data e lugar de entrega: A data de entrega remata o 15 de maio e os traballos se entregarán na biblioteca Carabela do noso centro.

7.-Premios: Outorgaranse varios premios en función das idades. En infantil serán premios de aula. Con todos os traballos presentados farase unha exposición no centro así como a presentación dos mesmos a través dos blogs do EDLG e da Biblioteca e redes sociais.

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO III CONCURSO DE ESCRITURA CREATIVA DE MICRORRELATOS

 A  Alianza Aresana acolleu o venres 28 de abril, o acto de entrega de premios do III Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos, organizado polo CPI as Mirandas e o Concello de Ares   que contou cun total de 106 participantes, divididos en dúas categorías, a de “Primaria” (4º, 5º e 6º) e a de “ESO”.

 👉Os gañadores nas respectivas modalidades foron Valeria Villares Otero con “A nena pantasma” e Leo de Navas Rodríguez con “A vida soñada”. Ambos recibiron o premio dunha tablet/ebook.

👉Tamén recibiron premios os segundos clasificados de cada categoría, neste caso un lote de libros. Así, Elia Toribio García con “A praia”, quedou finalista na modalidade “Primaria”; e Lucas Varela Rodríguez con “Rosalía, miña vida” recibiu o segundo premio na categoría de “ESO”.

 👉Ademais, houbo mencións especiais en cada categoría, que recibiron un diploma acreditativo. No caso da categoría de "Primaria" a mención foi para Hugo Martínez Cereijo con "A casa queimada"; e Larraitz Aranaga Carrasco con "A primeira man que sostivo a miña" na modalidade de "ESO".

👉Na valoración dos traballos os criterios do xurado foron, entre outros, a creatividade e orixinalidade da temática, a claridade da mensaxe e da estrutura, o ritmo xeral da historia ou os trazos estilísticos na escrita.

 👉O xurado extivo composto por Rosa Arnoso, profesora do CPI As Mirandas; Ariana Pena, especialista en pedagoxía terapéutica no CPI As Mirandas e Alma Barrón, edil de Cultura da localidade, ademais de Yolanda Castro, responsable do departamento de normalización linguística do CPI As Mirandas, en calidade de secretaria.

 A continuación podedes ler os relatos premiados:

III Concurso Microrrelatos. CPI as Mirandas by Yolanda Castro López on Scribd

20/3/23

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2023. CPI AS MIRANDAS

Neste Día Internacional da Muller, desde o CPI As Mirandas de Ares,  vai o noso recoñecemento a todas as mulleres e o noso desexo dun futuro en igualdade en tódolos ámbitos da vida. Grazas a todas por saber  escribir a historia con tinta indeleble e por deixar a vosa pegada  nas nosas vidas.

                                 Por una igualdade real e efectiva entre homes e mulleres!

 

Manifesto

  O grupo Fillas de Cassandra recupera as heroínas dos textos clásicos gregos para achegar unha visión feminista e contemporánea. Cantamos e bailamos a canción Lisistrata (Varre vasoira) deste grupo. 

 

 Journée internationale des droits des femmes . 

Traballo feito polo alumnado de 3º da ESO de francés no Día Internacional da Muller.

 O alumnado do 1º ciclo de primaria realizou este vistoso mural para conmemorar esta data.