27/4/15

PREGUNTÓN SEMANA 2

Aquí vos deixamos as preguntas desta segunda semana de Preguntón. Ánimo que o estades facendo moi ben!!!.


Premede na foto para ver as preguntas en grande


PREGUNTÓN: RESPOSTAS SEMANA 1

Premede na imaxe para vela en grande
 

20/4/15

ANIMACIÓN Á LECTURA NA BIBLIOTECA CARABELA

O pasado mércores visitounos o autor Manuel Solla para facer unha sesión de animación a lectura cos nenos e nenas de 4º de E.P. Contounos o conto " A Princesa dos Labios de Fresa", e logo  os nen@s fixeron unha representación deste mesmo conto co que se divertiron moitísimo.

 

PREGUNTÓN: SEMANA 1

Ola amigos e amigas "preguntóns", xa estamos aquí de novo co noso concurso . Xa sabedes que cada martes colgaremos catro cuestións que poden ser preguntas, unha adiviña, un xogo...para resolver e entregar o luns seguinte aos profes responsables do Preguntón. Aqui vos deixamos as primeiras correspondentes a este martes 21 de abril. Xa vedes que son moi sinxelas, pero non vos preocupedes que haberá sorpresas....                Vamos... preparados, listos, xaaaaaa!!!!! 

15/4/15

MATERIAIS DIDÁCTICOS FILGUEIRA VALVERDE

Xa tedes á vosa disposición diferente material sobre Xosé Fernando Filgueira Valverde, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, 2015 , para as etapas de infantil e primaria.
Este material consta de:
1.- Actividades en PDF para infantil e primaria.
2.- Actividades interactivas en formato Edilim para infantil e primaria.
3.- Audiobiografía de Xosé Filgueira.
4.- Exposición con vinte carteis en formato A3 e cuestionario para o alumnado de primaria.
5.- Díptico sobre Xosé Filgueira.
6.- Marcapáxinas

Todo este material está disponible nas seguintes páxinas:


http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=recursos/rec269.php
http://seminariogalan.org
http://filgueiravalverde.gal/fundacion




CONTACONTOS DOS VENRES

Neste último trimestre a biblioteca carabela abre as suas portas tódolos venres para disfrutar todos xuntos dun conto representado polos nenos e nenas de 5º e 6º. Comenzamos este venres día 17 có libro " Unha chea de Familias" de Xosé M. Neira Cruz, ed. Galaxia, contado por Uxía, Lucía e Vera.
 Esperamos que vos guste!!!!








11/4/15

PREMIO PARA O NOSO COLE AO CLIPMETRAXE MÁIS VOTADO

Onte venres, tivo lugar no salón de actos do centro Fonseca de A Coruña, a entrega de premios de carácter autonómico da VI Edición do Festival de Clipmetraxes “O teu punto de vista pode cambiar o mundo”. O xurado composto polo  historiador da arte e profesor José Eulogio Rouco Lamela, polo actor Paulo Gouveia Gaboco e pola profesora María del Mar  García Fernández, presidíu o acto no que recibimos o Premio ao  Clipmetraxe máis votado.

Recolleron o premio en representación de toda a clase de 4º de ESO, Noe, Cris, Raquel e Elisabeth. En hora boa a todos os alumnos/as que fixestes este estupendo traballo, a Luisa a profe de lingua de signos do noso cole por participar signando o noso traballo, e as nais e profes que nos acompañaron á Coruña. Grazas polo voso traballo e esforzó.












7/4/15

COMEZAMOS "O PREGUNTÓN"

Ola amigos e amigas "preguntóns", xa estamos de novo co noso concurso estrela. Sei que xa estades desexando comezar pero antes de nada, tedes que facer a vosa inscrición. Así que durante esta semana e ata o luns 13 de abril poderedes cubrir a ficha cos vosos datos.  Recordade que debedes formar un equipo de dous compañeiros/as, dun mesmo curso ou mixtos.
O concurso comezará o martes 21 de abril  e rematará o 12 de maio e as preguntas estarán expostas nos blogues Tesmoitalingua do EDLG e  Carabeladeares da Biblioteca, así como nun panel no corredor de secundaria e na biblioteca.

Vamos... animádevos a participar!!!!!. Xa comeza a conta atrás......



2/4/15

BOAS PASCUAS

Dende o 3º ciclo, tódolos nenos ,nenas e mestres queremos desexarvos a todos unhas BOAS PASCUAS. Amosámosvos os nosos traballos para estas datas,feitos con moito agarimo nas clases de plástica con Fifí. ¡¡Agora hai que enchelos cos doces !!