Mostrando entradas con la etiqueta PAZ 2013. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PAZ 2013. Mostrar todas las entradas

3/4/13

día da paz

Antano hai xa moito tempo nos días en que non existían os dragóns... Así comeza “O nacemento do dragón”, como esas historias que dan calor. Un conto que os rapaces e rapazas de 2º ESO B xunto cos de 4º ESO de plástica e música, lles contaron aos pequerrechos de infantil para conmemorar o Día da Paz e a non Violencia. A historia baséase nos animais sagrados que protexían aos habitantes da China, e que provocaban as guerras entres eles, pero entón, os seres máis intelixentes á vez que inocentes do planeta, os nenos e as nenas, crearon o dragón, unha unión entre todos os outros animais e que xerou que todo o mundo estivese de acordo por unha vez e reinase a paz entre eles. Por iso o DRAGÓN simboliza en China a paz. Aos pequerrechos gustoulles moito e gozaron coa representación dos maiores, que estivo adornada pola estupenda recreación dos animais que foron feitos no taller de plástica polos alumnos de 4º e a súa profe Marisa. Para rematar a representación, os alumnos e alumnas de 4º de música, dirixidos pola súa profesora Teresa, interpretaron “O inverno”, unha peza de Vivaldi
Unha vez máis damos as grazas aos nenos e nenas de infantil e as súas profes por seren un público tan agradecido. Queremos tamén dar a en hora boa ao alumnado de 2º e 4º  da ESO e as súas  profesoras Teresa, Marisa e Luisa por este traballo tan ben feito.
Aquí deixámosvos unha reportaxe gráfica do evento. 

Representación de "O nacemento do dragón"
                
          

Interpretación de "O inverno" de Vivaldi


 

            



4/2/13

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

A semana pasada con motivo do día da paz fixeronse no centro varias actividades, enre elas destacamos a lectura dun conto por parte de todos os alumnos de 6º de E.P." A pomba dona Paz"
dona paz - foto montaje
">

15/1/13

30 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro celébrase en tódolos centros o Día Escolar da Paz e non Violencia. Dende a biblioteca propoñemos unha actividade para facer nas aulas ou nas vosas casas.As respostas colgarémolas no blogue a partir do 30 de xaneiro. ESPERAMOS QUE SEXA DO VOSO AGRADO.