30/1/17

DÍA DA PAZ

Hoxe, o alumnado e profesorado do CPI As Mirandas, celebrou o Día da Paz cantando por Siria.


27/1/17

ENTREGA DO PREMIO AO NOSO PFPP

Hoxe ás 11:00h da mañá tivo lugar no Gaiás a entrega dos premios do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) nun acto onde a Consellería de Educación e  o conselleiro Román Rodríguez loou a creatividade, a renovación e a temática dos itinerarios “á carta” deseñados polos docentes destes colexios e institutos, e que van servir de referencia para o conxunto da comunidade educativa (7 centros premiados de toda Galiza).

A este acto asistiron as nosas compañeiras, Carmen Regueira e Conchi Cambeiro que forman parte do equipo de formación do noso centro, para recibir ese recoñecemento ao CPI As Mirandas, en Ares (A Coruña), onde o centro de traballo foi a biblioteca escolar, que serviu de vehículo para que os docentes incorporaran novas metodoloxías de traballo cooperativo e ensino, adaptadas aos diferentes niveis educativos deste centro.


Dende a Dirección agradecemos este recoñecemento, ben merecido polo excelente traballo que realizou e segue realizando o profesorado deste centro, agradecendo tamén o excelente traballo do alumnado e a colaboración das familias.


11/1/17

CARREIRA SOLIDARIA 2016

Un ano máis no noso centro organizouse a VI Carreira Quilómetros de Solidariedade. Enmarcada dentro das actividades solidarias do noso colexio, é unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar nos nosos alumnos e alumnas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos en colaboración coa ONG “Save the Children” para axudar á infancia máis desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.


E aquí tedes aos nosos solidarios corredores correndo como galegos!


Carreira solidaria 2016 from Bárbara Sánchez Lorenzo on Vimeo.






Na carreira quilómetros de solidariedade recadamos 976,45 € que foron enviados á ONGD Save The Children.  Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa colaboración e esforzo.