Hoxe os alumnos de 4º decidiron cambiar a súa aula pola biblio. Están traballando a Poesía e aproveitaron o material co que contamos para facer os seus traballos.
15/10/14
11/10/14
MALALA E SATYARTHI, PREMIO NOBEL DA PAZ 2014
A paquistaní Malala Yousafzai, a moza á que os talibáns
dispararon á cabeza en 2012 por defender a escolarización das mulleres, e o
activista indio Kailash Satyarthi foron galardoados este venres co Nobel da
Paz 2014 "pola súa loita contra a opresión dos nen@s e os moz@s e polo
dereito de todos os nen@s á educación".
No caso de Satyarthi, resaltou que "mostrando gran
valor persoal" e seguindo a tradición de Gandhi, "liderou varias
formas de protesta e manifestación, todas pacíficas, centrándose na grave
explotación dos nenos para obter beneficios financeiros". Así mesmo,
"contribuíu" ao desenvolvemento de importantes convencións internacionais"
"sobre os dereitos dos nenos". Kailash Satyarthi, enxeñeiro
informático indio que hai 28 anos abandonou o ordenador para denunciar ás
multinacionais que no seu país explotan nenos de entre 5 e 12 anos de idade,
encabeza a organización Global March, que liberou da escravitude empresarial a
uns 80.000 nenos en máis de 160 países.
En canto a Malala, "malia a súa xuventude", leva
anos loitando polo dereito das nenas á educación e mostrou co seu exemplo
que os nen@s e os moz@s tamén poden contribuír a mellorar as súas propias
situacións. Ademais, fíxoo baixo as mais
perigosas circunstancias. Mediante a súa loita heroica converteuse nunha
destacada voceira dos dereitos das nenas á educación.
NORABOA A ÁMBOLOS DOUS!!!
Recomendámosvos tamén o libro "Yo soy Malala: excepcional relato dunha familia desterrada polo terrorismo global, da loita pola educación das nenas, dun pai que, el mesmo propietario dunha escola, apoiou a súa filla e alentouna a escribir e a ir ao colexio, e duns pais valentes que queren a súa filla por riba de todo nunha sociedade que privilexia os fillos varóns. "Yo soy Malala" fainos crer no poder da voz dunha persoa para cambiar o mundo.
3/10/14
APERTURA DÍA 6 DE OUTUBRO
Este luns abrimos as portas da nosa biblioteca cunha gran exposición de libros e pelis novas.
Recordarvos que abriremos 10 minutos máis tarde nos recreos para que poidades merendar con tranquilidade, e que os xogos e revistas estarán a vosa disposición na entrada do cole.
Anímovos a participar nas actividades que desenrrolaremos neste curso.
leede moito.
Benvidos.
Recordarvos que abriremos 10 minutos máis tarde nos recreos para que poidades merendar con tranquilidade, e que os xogos e revistas estarán a vosa disposición na entrada do cole.
Anímovos a participar nas actividades que desenrrolaremos neste curso.
leede moito.
Benvidos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)