26/2/15

ENTROIDO 2015

O pasado venres día 13 celebramos o entroido no noso centro. A Meteoroloxía foi o tema central este ano, así poidemos ver arcos da vella, raios, paraugas, nubes brancas, nubes tormentosas, climas, contaminación.....
Aquí podedes ver unha pequena mostra:

23/2/15

DÍA DE ROSALÍA

A data de hoxe, 24 de febreiro (data de nacemento de Rosalía) está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no seu Calendario do Libro e da Lectura.
Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polas galegas e os galegos como a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas, pois asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta comunicación e entendemento permanente co seu pobo, ao se dirixir a el no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos.
No noso centro, os alumnos e alumnas de Terceiro de Primaria e 1º da ESO, recórdannos a Rosalía recitando os seus poemas e  facendo unha breve declaración co lema de “Eu son Rosalia...”, e así amosar as múltiples sensibilidades da autora.

Aquí vos deixamos o seu traballo.






Hoxe, no día de Rosalía os alumnos e alumnas de 3º de primaria visionaron, leron e comentaron as montaxes que eles e os compañeiros de 1º de ESO fixeron sobre esta autora.
Ao longo desta semana os videos estarán postos na biblioteca na hora do recreo.

Gracias Yoly.


CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN DA FAXPG

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º ciclo compartiron unha serie de actividades dentro da Campaña de Sensibilización que desenrrolan polos centro menbros da Federación de Asociacións de persoas Xordas de Galicia. Contáromnos dous contos : "El Lobo ha vuelto" e "Olivia" vimos un corto: "El sueño de Pedro" e explicáromnos as dificultades e barreiras de comunicación que atopan os nenos e nenas xordas na súa vida cotiá.


 

10/2/15

RECURSOS RELACIONADOS CO ENTROIDO 2015

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) infórmavos de que están á disposición dos centros educativos e dos equipos de dinamización da lingua galega novos materiais e recursos relacionados coa celebración do Entroido. Se premedes na imaxe inferior poderedes acceder directamente á páxina da SXPL que contén dita información.



6/2/15