23/11/12
VENRES DE LOITO POLO ENSINO PÚBLICO
Tódolos venres o profesorado que queira virá vestido de negro, de esta forma manifestamos o noso malestar coa actual situación do ensino público.
22/11/12
A QUE SABE A LÚA?
Como si de uns
grandes contacontos se tratara, os alumnos de 3º da ESO (Laura, Judith, Sara,
Ainhoa, Antonio, Felipe e Lucía) representaron para o alumnado de infantil unha
adaptación do conto A QUE SABE A LÚA? de Kalandraca, no que un grupo de animais
intentan chegar a lúa e arrincar un
chisquiño dela para saber a qué sabe. Despois de trepar uns enriba dos outros o
ratiño consegue acadar un anaco e, sabedes a que lles soubo?. Pois sóubolles
a aquilo que máis lles gustaba a cada un deles. A verdade é que os
pequerrechos de infantil xa tiñan moi claro a que lles sabía a lúa, por
unanimidade a lúa, para eles, sabe a queixo!!!.
13/11/12
MOCHILAS VIAXEIRAS
Estas, son as MOCHILAS VIAXEIRAS que poñeremos en marcha entre os alumnos de primaria durante todo o curso. Dentro de cada MOCHILA van 5 libros de temátiva variada e unha nota informativa:
MES DA POESÍA
Durante o mes de novembro temos no centro unha MALETA DE POESÍA, é un préstamo das BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA que conforman o PLAN B.
Por este motivo estamos a facer xornadas de lectura de poesía dentro da biblioteca, entre o alumnado de primaria.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)