24/5/13

CONTAMOS

Ao longo do curso, aprendemos a contar historias e para que vexades como contan os nenos/as os contos, aquí tedes estas montaxes.



17/5/13

DE VERSO EN VERSO

Como todos sabedes, este ano o Día das Letras Galegas achéganos a Roberto Vidal Bolaño. No noso cole quixemos homenaxear a esta figura central da literatura e do teatro galegos que destacou pola súa dramaturxia e pola súa implicación na profesionalización dun teatro propio e na lingua propia de Galicia, sen esquecernos de lembrar a tod@s eses xeniais escritores galegos que, “verso a verso”, exaltaron e levaron a nosa lingua por toda Galicia e máis aló das nosas fronteiras.
Entre todos os niveis educativos do colexio realizamos unha escolma de poemas que ilustramos con diferentes técnicas, desde collage, ata debuxo, pasando polo deseño gráfico que fixeron os alumn@s da ESO. Con eles decoramos as portas das nosas aulas.Tamén realizamos murais e contos ilustrados. 
 Felicitar a profe Chicha polo magnífico retrato que pintou de Roberto Vidal Bolaño e que ilustra, de xeito espléndido, toda a mostra de traballos realizados para conmemorar o Día das Letras Galegas no noso colexio. 
Aquí tedes o magnífico resultado!!! 

        


                 INFORMATIVO TV "TESMOITALINGUA" 

Programa dos servizos informativos do canle "Tesmoitalingua" sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño.

      

ENTREGA DE PREMIOS DA V EDICIÓN DO CONCURSO "O PREGUNTÓN” 2013


O xoves 16 de maio tivemos o acto de entrega dos premios do xa veterano concurso “O Preguntón”, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro en colaboración coa Biblioteca Carabela.
Nun salón cheo de rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria e da ESO, a nosa directora, a coordinadora do EDL e a coordinadora da Biblioteca entregaron os premios aos gañadores e finalistas así como un diploma a todos os rapaces e rapazas que participaron nesta V edición do concurso. Desde aquí queremos felicitar a todos os rapaces e rapazas participantes polo ben que o fixeron e xa sabedes... esperámosvos  na VI Edición do Preguntón.
Aquí tedes un pequeno vídeo do acto de entrega de premios.

                     

16/5/13

LETRAS GALEGAS 2013

Este ano, adicamos o día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño. Cada clase fixo un cartel con poesias de distintos autores galegos. Aquí tedes unha mostra:

SOMOS ARTISTAS

No corredor do primeiro ciclo podemos ver unha exposición de esculturas feitas polo grupo de 2º A. Aquí tedes unha mostra.
 

14/5/13

O LAPIS DE ROSALÍA.

Os alumnos/as de 5º están preparando a lectura do libro de Antón Cortizas " O Lapis de Rosalía " para o alumnado de E.I., primeiro e segundo ciclo de E.P.. Empregarán esta fermosa adaptación feita pola profe Marina e con música do cuarteto de corda The Bass Gang, interpretando Swing K-1000 de Simón García. Estou segura de que vos vai gustar.


7/5/13

LETRAS GALEGAS 2013



O Día das Letras Galegas deste ano 2013 está dedicado a unha figura central da literatura e do teatro galegos. Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002) destacou pola súa dramaturxia, mais tamén pola súa achega ao daquela emerxente audiovisual galego e pola súa implicación na profesionalización dun teatro propio e na lingua propia de Galicia no que participou como actor, como director, como iluminador... 
É de  destacar desta inmensa figura o seu compromiso co idioma. Non só toda a súa obra está escrita integramente en galego, senón que, se hoxe o teatro profesional funciona na nosa lingua, é grazas ás persoas que, coma el, o construíron estreitamente ligado a ela.  

A Secretaría Xeral de Política Lingüística co fin de difundir a figura e o legado de Roberto Vidal Bolaño entre a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario, pon á disposición dos centros escolares os seguintes materiais que atoparedes nos enlaces de abaixo. 
Cada unha destas exposicións fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía do autor e as múltiples facetas que desenvolveu ao longo da súa vida.

Tamén podedes coñecer máis sobre a vida e obra de Vidal Bolaño premendo na seguinte imaxe. Daravos acceso a un pasapalabra sobre o nosos homenaxeado.

6/5/13

PREGUNTAS ÚLTIMA SEMANA PREGUNTÓN

Ola, queridos e queridas preguntóns, xa vedes que pronto pasa o tempo e de pregunta en pregunta, chegamos a última quenda delas. Esmerádevos ben nas vosas respostas para acadar a máxima puntuación. Xa sabedes que tedes ata o luns 13 de maio para entregar as últimas respostas.
 O día 16 de maio, víspera do Día das Letras Galegas entregaremos os premios aos gañadores e diplomas a todos e todas os que participáchedes.Moita sorte e grazas pola vosa participación nesta edición.


 PREGUNTAS

SOLUCIÓNS PREGUNTAS 5ª SEMANA

AS NOSAS POESÍAS

Ao longo deste mes, sabedes que traballamos poemas dentro das aulas, no 1º ciclo fixeron este fermoso libro:

2/5/13

PASES AO LIBERESPAZO


Ao longo deste trimestre, puxemos en marcha os novos "Pases oa Liberespazo". Por cada 6 libros lidos da biblioteca cubren un Pase, que será canxeado por algún agasallo (libretiñas, pegatinas, marcapáxinas...) A verdade é que estamos moi contentos co resultado e co animados /as que están os nosos alumnos/as. Moitas grazas a todos e seguide lendo