A semana pasada, celebramos no parque Rosalía a tradicional Carreira Solidaria.
Aquí vos deixamos unha mostra da xornada.
A semana pasada, celebramos no parque Rosalía a tradicional Carreira Solidaria.
Aquí vos deixamos unha mostra da xornada.
Como cada ano a finais de curso facemos entrega de premios asociados as diferentes actividades que fomos facendo ao longo do curso: Día dos Namorados, torneos de Xadrez e brilé e concurso de Portadas De Libros.
Foi unha xornada moi emotiva!
O Equipo de Dinamización Lingüística (EDLG) e a Biblioteca Escolar Carabela organizan a VIII Edición do Concurso de deseño de cubertas de libros. Con esta iniciativa preténdese fomentar a lectura en lingua galega así como potenciar as capacidades creativas do alumnado.
En breve publicaremos os gañadores.
Un ano máis polo día do libro, fixemos o III Desfile de Personaxes
de Contos, como sempre foi un éxito
Un ano máis no mes de abril celebramos un apadriñamento lector na nosa biblioteca.
O alumnado de 5º de E.P. apadriñou ao alumnado das clases de 4 anos.
Unha experiencia marabillosa como cada ano.
Este 2025 é o Ano Castelao, unha data moi especial que conmemora o 75º aniversario do pasamento do noso ilustre escritor, político e artista, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Sen dúbida, Castelao é unha das figuras máis importantes da Galicia contemporánea, un referente que, xunto con Rosalía de Castro, marcou a historia e a cultura da nosa terra.
Rosalía de Castro, no século XIX, e Castelao,
no século XX, representan os dous grandes piares da galeguidade. Ambos foron
pioneiros na defensa da nosa lingua, cultura e identidade, e o seu legado segue
vivo na nosa sociedade.
Este aniversario busca unir a toda a sociedade
galega en torno ao seu legado cultural, político e artístico, así como promover
o uso da lingua galega e valorar a súa importancia na nosa historia. É unha
oportunidade para aprender, recordar e valorar a figura de Castelao, que tanto
fixo por Galicia.
No noso centro, conmemoramos esta data con
ilusión e respecto, organizando unha exposición sobre a vida e obra do egrexio
rianxeiro. Poderemos ver libros, cadernos e debuxos que nos axudarán a coñecer
mellor a súa figura e a súa aportación á cultura galega. Ademais, realizaremos
actividades nas aulas que nos permitirán estudar, reflexionar e celebrar a súa
memoria, facendo que o seu legado siga vivo entre nós.
Achegamos distintos recursos sobre a
celebración do ano Castelao por se é do voso interese e querédelo aplicar nas
aulas.
1.Recursos Ano Castelao 2025. Formato PDF
2.Recursos Ano Castelao 2025. Formato Calameo
Xa está dispoñible na páxina web de Primavera das Letras o texto teatral As Ferreñas (en vivo e en directo), a achega de Paula Carballeira á última edición do proxecto da Real Academia Galega para o público máis novo co gallo do Día das Letras Galegas que lles dedica ás cantareiras e á poesía popular oral. A obra da escritora pode descargarse nunha edición ilustrada por Nuria Díaz. Na mesma páxina están tamén dispoñibles as primeiras actividades interactivas, fichas para colorear e os deseños das chapas e marcapáxinas das cantareiras que creou a ilustradora. Nas vindeiras semanas iranse estreando novos contidos.
O Día das Letras Galegas 2025 está dedicado á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). Por este motivo, desde a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, ofrecémosvos como ferramenta de traballo as unidades didácticas de As cantareiras e de Dorothé Schubarth, coa finalidade última de axudar na posta en valor destas mulleres que son referentes na preservación e transmisión da cultura galega. Estas unidades didácticas forman parte da serie "Aprende coas mulleres galegas" que está ao voso dipor neste enlace https://igualdade.xunta.gal/gl/campanas/aprende-coas-mulleres-galegas
Cantareiras Aprende Coas Mulleres Galegas by veracruces
Dorothe Schubarth Aprendecoasmulleresgalegas 34 by veracruces
Hoxe San Martiño foi o día elexido para celebrar entre todos o Magosto. Este curso acercámonos ao parque para desfrutar de xogos e castañas, ahí vai unha mostra.