Con motivo da celebración do Samaín, a nosa biblioteca transformouse nun espazo cheo de misterio, emoción e historias arrepiantes.
Ao longo da semana de Samaín, preparamos unha exposición de lecturas de medo na biblioteca, cunha selección de libros e contos para achegarnos ao mundo das historias máis terroríficas e misteriosas.
Ademais, o xoves e o venres celebramos unhas xornadas moi especiais de lecturas de medo na biblioteca. Nesta ocasión, o alumnado máis maior converteuse en narrador e foi o encargado de ler historias arrepiantes aos máis pequenos e pequenas, compartindo con eles momentos de lectura, diversión e algunha que outra arrepiante sorpresa.
Para facer estas xornadas aínda máis especiais, contamos coa colaboración do equipo de profesorado da biblioteca, que se caracterizou para a ocasión e puxo a nota máis terrorífica e divertida á celebración.
Foron uns días cheos de libros, lecturas compartidas, ilusión e moito espírito de Samaín, nos que volvemos comprobar que ler xuntos tamén pode ser unha aventura... de medo!
Agardamos que o próximo Samaín nos traia novas historias para tremer de emoción!
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)