27/4/22

QUÉ É UN LIBRO PARA MIN. DÍA DO LIBRO 2022

 No Día Internacional do Libro as nenas e nenos de 2º de primaria contannos que é un libro para elas e eles.

20/4/22

LETRAS GALEGAS. PROPOSTAS DE TRABALLO

 Como sabedes este ano o día das letras galegas está dedicado a Florencio Delgado Gurriarán. Adxuntamos unha guía de propostas de actividades para os distintos niveis elaborada pola editorial Ir Indo: "As letras de Florencio".

Temos esta guía en papel e a deixaremos á vosa disposición na sala de profesores.

RECURSOS PARA FACILITAR A COMUNICACIÓN CO ALUMNADO DE UCRAÍNA

 


Dada a situación bélica de Ucraína e ante a chegada de nenas e nenos refuxiados a algunhas das nosas aulas, a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) facilítanos  os seguintes materiais:

19/4/22

V CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS. DÍA DO LIBRO 2022

 


O día Internacional do Libro é unha data moi especial para as escolas, para os lectores e para todas as persoas amantes dos libros. No noso centro unímonos a Biblioteca Carabela, o Equipo de Dinamización Lingüística, e o Equipo do proxecto ERASMUS+ para organizar un ano máis a V Edición do Concurso de Deseño de cubertas de libros.

Animádevos a participar e…

deixade voar a imaxinación!!!


AQUÍ PODEDES CONSULTAR AS BASES

5/4/22

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DO PROXECTO DO ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA

O luns 4 de abril o alumnado de 2º de educación primaria inauguramos “O noso museo” para rematar e dar visibilidade ao proxecto levado a cabo durante estes dous trimestres. 


Investigamos sobre os diferentes lugares, restos arquitectónicos e símbolos do noso concello. 
Así, analizamos o escudo da nosa vila, investigamos sobre as cocas e os restos castrexos de Ares;estudamos a orixe e usos da Ponte da Ciscada e tamén aprendemos sobre as baterías defensivas que tivemos na nosa ría.
 👉O museo quedará exposto ao longo desta semana na Biblioteca Municipal. Poderedes visitalo en horario de mañá e tarde. 
👉Queremos dar as grazas a Alma, concelleira de cultura, e a o Concello de Ares por recibirnos no salón de plenos, aceptar a nosa proposta e cedernos o espazo habilitado na Alianza Aresana para poder expoñer o noso traballo. 
 👉Ao longo desta semana o alumnado de 5º e 6º de infantil así como os grupos de primeiro de primaria visitarán o museo e, as nenas e nenos de 2º de E.P. estararemos encantados de explicarlles todo o que alí está exposto e que traballamos e realizamos con tanto estusiasmo .

👉Nos seguintes vídeos podedes ver o acto de inauguración coas familias e os diferentes vídeos explicativos sobre o noso poxecto.




               

       
   
   
    
   

               

ESPERAMOS QUE GOZARADES CO NOSO PROXECTO