30/5/15

ANXO MOURE

Este xoves os nenos de Educación Infantil tivemos una sesión de animación con Anxo Moure, promovida pola nosa biblioteca Carabela coa axuda do Consorcio editorial. Pasámolo moi ben!!!!

18/5/15

SEMANA 5: ÚLTIMA SEMANA DE PREGUNTÓN

Ola a todos e todas. Xa chegamos a nosa última semana de Preguntón, así que afinade ben os miolos para acertar o máximo número de preguntas posibles.  Aquí as tedes.

Premede na imaxe para vela en grande


16/5/15

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Este venres, 15 de maio,  celebramos  no noso cole o  Día das Letras Galegas  e para conmemoralo, ademais dos traballos e debuxos  realizados para recordar a figura de Filgueira Valverde, autor homenaxeado este ano, fixemos unha festa con bailes e cantigas da nosa terra.  En hora boa a todos os nenos e nenas, as/os profes e por suposto a ese gran grupo de”ghaiteiros”  da nosa comunidade escolar.  Especial mención a Teresa, Elena, Teri e Simón que tan ben amenizaron este día. Fixéronnos bailar e brincar como só os bos ghaiteiros saben facer.

                                            
                                                
 Feliz día das letras galegas!!!


Podedes ver o vídeo pendurado máis abaixo


   

14/5/15

GAIÁS. VIDEO PROMOCIONAL

Na nosa visita ao GAIÁS fíxose un video promocinal das visitas. Os nosos alumnos formaron parte del.Enviaronnos o enlace para poder velo, Compartímolo con todos vos. Video cidade da cultura de Producción miramemira

11/5/15

DÍA DO LIBRO

O PASADO 23 DE ABRIL, CELEBROUSE O DÍA DO LIBRO.
NÓS QUIXEMOS APORTAR O NOSO GRAN DE AREA CUNHAS LECTURAS EN VOZ ALTA NAS QUE PARTICIPOU ALUMNADO DE TODAS AS IDADES QUE SE ÍA ACHEGANDO POLA BIBLIOTECA. NESTA OCASIÓN LIMOS A : FEDERICO GARCÍA LORCA.




 OS NOSOS RAPACES APROVEITARON TAMÉN PARA EXPOÑER OS SEUS TRABALLOS:

PREGUNTAS DA CUARTA SEMANA DO PREGUNTÓN

Xa chegamos a cuarta semana do Preguntón. Aquí tedes as cuestións correspondentes a esta quenda. Ánimo!!! 
 Premede na imaxe para vela en grande

RESPOSTAS DA SEMANA 3 DO PREGUNTÓN

Premede na imaxe para velas en grande
 

LIPDUB VILA SOÑARES

O proxecto de Vila SoñAres comezou cun obxectivo básico e fundamental, fomentar a inclusión, neste caso, das persoas xordas, desenvolvendo capacidades de empatía e cooperación coma inicio do camiño cara ao respecto e á maravillosa diversidade. Todos necesitamos a comunicación e a lingua para construir o pensamento, organizar o mundo que nos rodea e interactuar. Para a gran maioría das persoas xordas a ferramenta para adquirir todo iso é a Lingua de Signos.

Gracias a colaboración de todos os profesores e en especial do alumnado do CPI Conde de Fenosa, puidose comezar a SOÑAR nun mundo sen barreiras, tanto visibles como invisibles, as cales non nos deixan medrar, compartir e descubrirnos.

Aí vos queda a mostra!!!

              

7/5/15

PREMIO ONCE

Dende o noso blogue quero felicitar aos meus alumnos de 5ºB de E.P polo primeiro premio acadado a nivel provincial no concurso da ONCE no que hai pouco participamos.O traballo consistía en elaborar unha noticia sobre as empresas solidarias.O lema "PERSOAS QUE PENSAN EN PERSOAS" Visitamos en Santiago unha lavandería ILUNION, alí todo foron atencións cara os nenos e eles mostraronse tamén moi interesados en todo o que Rafa( o director da empresa) lles dicia. Saliron de alí sabendo como as persoas con discapacidades poden levar a cabo o seu traballo coma todos nós.(Eles tiñan outra idea sobre a discapacidade) Tamén quero dar gracias a Yoli, que nos acompañou nesta viaxe e prestou en todo momento a sua colaboración. Agora o noso traballo vai a fase autonómica, pero nos xa nos sentimos gañadores,sexa cal sexa o seguinte paso.... NORABOA RAPACES !!!!!!!!
Aquí deixamos o traballo gañador. Esperamos que vos guste a todos!!!!!!!

6/5/15

XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR

Esta mañá, os rapaces de 4º ,5º e 6º de E.P. participaron nunha xornada de deporte escolar xunto cos compañeiros de Mugardos e Franza. Era unha proba de duatlon. Fixéronno moi ben todos. Animámolos a seguir participando. O deporte sempre é importante. Noraboa a todos polo seu esforzo .

5/5/15

SOGAMA

Hai uns días traballamos a reciclaxe nunhas charlas que dende SOGAMA nos viñeron dar. Foron moi interesentes,amosáronnos como debemos utilizar os diferentes tipos de contenedores, segundo a súa cor, a regra dos tres R...... Todos debemos contribuír a manter o noso mundo máis limpo e non esgotar os recursos naturais. Temos que ter en conta que se todos facemos ben as cousas,deixaremos un mundo mello

VIAXE A SANTIAGO DO 3º CICLO

Os alumnos do 3º ciclo,fixemos o 23 de abril unha viaxe educativa a Santiago. En primeiro lugar visitamos o CITIUS Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información e o CIQUSCentro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares .Quedamos todos entusiasmados facendo experimentos e aprendendo moitas cousas. Coido que a partires dese día todos pensamos ser "UN POUCO CIENTÏFICOS". Non poderíamos dicir o que máis nos gustou,porque non saberíamos que elexir. Queremos dar as grazas a toda esa xente que a o longo da mañá nos permitiú ver e experimentar tantas cousas...... GRAZAS! Deixamos aqui un bo recordo da nosa visita. Despois da visita da mañá, fumos xantar ao GAIÄS. Despois acompañados duns monitores e divididos en grupos fomos recorrendo o Camiño de Santiago, pois esa era a exposición que nos amosaron. Pareceunos moi interesante pois é algo moi cercano a nós.Xa ao final montamos uns recortables en cómic do camiño. É para despedida deslizámonos polos telladiños....... Pasámolo Xenial!!! Ainda que os pantalons sufriron un gran desgaste (Sabemos a que nos referimos). Tamén deixamos conta diso.

4/5/15

PREGUNTAS DA SEMANA 3

Aquí tedes as preguntas desta terceira semana de preguntón. Ánimo que xa queda pouco para rematar o Preguntón deste 2015.

Preme na imaxe para cela en grande.


RESPOSTAS DA SEGUNDA SEMANA.

Aquí tedes as respostas das preguntas  da segunda semana. Espero que acertarades todas.

Preme na imaxe para vela en grande!!!