30/10/23

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Proximamente comezaremos coa actividade de  apadriñamentos lectores. É un proxecto de animación e fomento da lectura. Consiste en que alumnos e alumnas de 5º e 6º de E.P. se constitúen en padriños ou madriñas para compartir momentos de lectura.

Con esta actividade preténdese principalmente a mellora dos diversos contidos da lectura, pero ademais contribuirá a desenvolver as relacións interpersoais dos alumnos do centro e o achegamento entre nenos de idades diferentes.

OBXECTIVOS

a) En relación aos lectores:

- Desenvolver a capacidade lectora.

- Favorecer a práctica da lectura expresiva coa adecuada vocalización, entoación, ritmo, rexistros fonéticos, inflexións da voz, etc.

- Diferenciar os elementos estruturais dun conto.

- Apreciar os compoñentes físicos dun libro.

- Incentivar a motivación pola lectura, adaptándose ao nivel do oínte.

- Coñecer a organización da biblioteca do centro.

- Potenciar as relacións interpersoais, recoñecendo aos alumnos pequenos como os seus iguais no colexio.

b) En relación aos oíntes:

- Desenvolver a capacidade de escoita activa.

- Mellorar a atención e a comprensión de textos orais.

- Potenciar a observación e a discriminación de signos gráficos.

- Percibir as diferenzas entre diversos libros, manifestando os seus gustos.

- Sentir interese pola narración, identificando personaxes e situacións.

- Familiarizarse co uso da biblioteca.

- Incentivar o respecto cara aos libros.

- Saber adaptarse a persoas de diferente idade.


Para a realización da actividade dispoñemos da biblioteteca e corredores do centro.

Este será o carnet que lecarán os nosos voluntarios

Pen License Student Award de Conchi

SEMANA DO MEDOOOOOOO!!!


Esta semana e a pasada convertimos a nósa biblioteca nun recuncho de lecturas de medo.

O alumnado de 5º e 6º de E.P. prestáronse voluntarios para facer lecturas de medo. Foi unha experiencia moi chula e terrorífica...

Collage Recopilación Fotos Instagram Polaroid Corcho Manual Handmade de Conchi









25/10/23

TECENDO COMUNIDADES

 Hoxe, martes 24 de outubro 2023, a Biblioteca Carabela do CPI As Mirandas quere celebrar o Día das Bibliotecas, compartindo este fermoso e significativo lema: "Tecendo Comunidades". 

Imaxinamos as bibliotecas como uns telares onde se van tecendo relacións e coñecementos, onde anuda o sentido da pertenza, intercambiando ideas, conversas, conexións, que van mostrando a diversidade e a riqueza da nosas comunidades. 




6/10/23

UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS


A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2023/2024. O lema elixido, UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS, quere poñer o foco en todas as posibilidades que a a banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular.

 A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2023-2024 é obra de Jorge Campos ilutrador, arquitecto e artista do cómic. Un convite a pasear polas viñetas das nosas bibliotecas escolares e a xogar coas cubertas que van de man en man da comunidade educativa.

  Un curso para poñer en valor un xénero que cada vez adquire máis protagonismo na colección das bibliotecas escolares de Galicia. Para seguir concienciando que ler cómic tamén é ler, que favorece a primeira alfabetización e autonomía lectora grazas ao apoio visual. Que nos ofrece diferentes capas de lectura na que todos e todas atopamos un espazo ao tempo que favorece a alfabetización visual e artística e o desenvolvemeto da creatividade e a imaxinación.