8/3/21
MULLERES DA NOSA VILA. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2021
Neste
Día Internacional da Muller, desde o CPI As Mirandas de Ares e o CPIP Virxe da
Cela de Monfero, vai o noso
recoñecemento a todas as mulleres e o noso desexo dun futuro en igualdade en
tódolos ámbitos da vida. Grazas a todas por saber escribir a
historia con tinta indeleble e por deixar
a vosa pegada nas nosas vidas.
6/3/21
XA TEMOS GAÑADORES DO CONCURSO " UN DEBUXO PARA ROSALÍA "
Mil grazas aos 70 alumnxs participantes e a Víctor Rodríguez (profesor de Ed. Artística do centro) por aceptar a difícil tarefa de decidir os debuxos gañadores.
GAÑADORES:
Educación infantil : Lucas Martínez
Rouco
Educación Primaria : Valentina Costas
Cortés
Educación Secundaria : Ángel Fernández Hermida
5/3/21
Agasallos Especiais
Onte visitounos Chelo, a asesora de bibliotecas escolares da nosa zona. Ademáis de darnos un montón de consellos e ideas para mellorar a nosa biblioteca, tróuxonos dúas maletas viaxeiras e agasallounos con catro libros editados polo Museo de Belas Artes da Coruña. Son catro pequenas xoias feitas por coñecidos escritores partindo dos cadros que o museo garda. E agora temos unhas gañas de poder ir ver os cadros en persoa...!