23/12/14

BO NADAL. 3º CICLO:COLABORADORES DA BIBLIOTECA

Os nenos do 3º ciclo, colaboradores da biblioteca escolar, queren desexar un Bo Nadal coas tarxetas elaboradas cos seúa traballos de plástica.

9/12/14

PROXECTOS AUDIOVISUAIS DOS RAPACES DE TERCEIRO CICLO.

Este curso contamos con novo alumnado colaborador da biblioteca con moitísimas ganas de traballar.
Decidimos entre todos que ao longo do curso poden facer traballos audiovisuais relacionados con temas e proxectos que se levan a cabo no centro. 
Comezamos co Sistema Solar, un dos temas de inicio na materia de coñecemento do medio en segundo e terceiro ciclo de E.P.

22/11/14

CELEBRACIÓN DO DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro celebrouse en todo o mundo o “Día Internacional dos Dereitos da Infancia” e para conmemorar esta data o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO estiveron preparando durante varias semanas unha actividade para os nenos e nenas de infantil e primaria. A actividade consistíu na maquetación e representación do conto “Na procura dun mundo maravilloso”, no que un grupiño de nenos e nenas liderados por Liberdade embárcanse nunha viaxe por un camiño longo e verde na procura dun mundo mais humano e mellor.
Os nosos contacontos foron en distintas sesións, Andrea e Begoña (4º ESO), Marta ,Fran, Fátima e Ana (2º ESO) e Ana Martínez, Antonio, Paola e Mayolla (3º ESO). Todos e cada un deles mostráronnos as súas dotes interpretativas e o seu dominio á hora de contar historias. E non só iso, tamén nos demostraron, como veredes no video pendurado mais abaixo, as súas capacidades musicais facendo unha pequeña coreografía para bailar cos pequenos a “Canción dos Dereitos”.
Logo do conto os rapaces e rapazas de primaria participaron na actividade do "Pasapalabra dun mundo marabilloso” como complemento á sesión do contacontos. Utilizando as letras do abecedario os nenos e nenas demostraron a atención prestada durante a sesión, así como os seus coñecementos no campo da educación para o desenvolvemento. 
Se queredes volver a facelo cos vosos amigos aquí vos deixamos pendurado mais abaixo o "Pasapalabra", pero... acordádevos de ler primeiro o conto de “Na procura dun mundo maravilloso”.

E como broche final todos os nenos/as foron agasallados cuns marcapáxinas feitos polos rapaces da ESO e que ilustran os dereitos que todos os nenos e nenas deben ter.
En hora boa a todos os alumnos/as que preparáchedes esta actividade xa fora na montaxe do conto, recortando os marcapáxinas, elaborando o pasapalabra ou narrando esta historia marabillosa. Parabéns  por facelo tan ben e demostrar as vosas capacidades creativas e felicitar tamén de modo especial  a Ana Martínez  (3º ESO) que unha vez mais demostrou as súas dotes de ilustradora creando e debuxando os personaxes do conto.
E non nos esquecemos por suposto de felicitar aos nenos e nenas de infantil e primaria que estiveron moi atentos e participativos en cada unha das sesións. En hora boa a tod@s.


Esta actividade está organizada polo Departamento de Reli, o EDLG e a Biblioteca escolar. O EDLG quere a través dela potenciar o uso da lingua galega, tanto de maneira escrita como oral, e ofrecernos o lugar perfecto para mergullarnos no mundo das historias.









 






                  
                        Xogo pasapapalabra conto dereitos from Yolanda Castro López

17/11/14

MALETA VIAXEIRA DE MATEMÁTICAS

 A chegada aos centros do cartel co lema BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO! é unha contribución da consellería á visibilización das múltiples posibilidades da biblioteca ao servizo do currículo e, tamén, da súa potencialidade para espertar o gusto polas matemáticas. A nosa biblioteca escolar bota a andar un proxecto anual ben interesante, as MALETAS VIAXEIRAS DE MATEMÁTICAS para primaria. Percorrerán todas as aulas de primaria e permanecerán en cada unha de dúas a tres semanas.
 Aquí vos deixo o material que contén. 

15/11/14

NA PROCURA DUN MUNDO MARABILLOSO


Liberdade vivía nun país no que  todos os nenos e nenas ían ao colexio e non lles faltaba de nada, pero os seus pais e nais estaban todo o día traballando e non tiñan tempo para estar con eles, así que ela  pasaba todo o día soa. Por iso un día a nosa amiga colleu a súa mochila e púxose a recorrer un camiño longo e verde na procura dun mundo mellor.
Queredes saber como remata a historia?. Pois convidámosvos a asistir ás sesións de contacontos na que o alumnado da ESO narrará a súa aventura.
A convocatoria será na Aula de Usos Múltiples a vindeira semana, como unha actividade para conmemorar o Día dos Dereitos dos Nen@s.  
Esperámosvos!!!

Esta é unha proposta do Equipo de Dinamización Lingüística, o Departamento de Relixión e a Biblioteca Escolar.

7/11/14

MAGOSTO 2014

E CHEGOU O DÍA DA CELEBRACIÓN DO MACOSTO, COMEMOS CASTAÑAS, CANTAMOS, BAILAMOS....PASAMOS UN BO RATO TODOS XUNTOS.






5/11/14

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO.



Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.  

1/11/14

SAMAÍN-2014

O xoves 30 de outubro celebramos a festa do Samaín no noso cole. Todos os ciclos traballamos moito . Deixámosvos aquí un bo exemplo diso.

15/10/14

TRABALLAMOS NA BIBLIOTECA

Hoxe os alumnos de 4º decidiron cambiar a súa aula pola biblio. Están traballando a Poesía e aproveitaron o material co que contamos para facer os seus traballos.








11/10/14

MALALA E SATYARTHI, PREMIO NOBEL DA PAZ 2014

A paquistaní Malala Yousafzai, a moza á que os talibáns dispararon á cabeza en 2012 por defender a escolarización das mulleres, e o activista indio Kailash Satyarthi foron galardoados este venres co Nobel da Paz 2014 "pola súa loita contra a opresión dos nen@s e os moz@s e polo dereito de todos os nen@s á educación".
 "Os nenos deben ir á escola e non ser explotado financeiramente", defendeu o Comité Nobel, subliñando que "nos países pobres, o 60% da poboación actual ten menos de 25 anos". Segundo explicou ao realizar o anuncio o presidente do Comité Nobel Noruego, Thorbjon Jagland, considerouse "un punto importante que un hindú e unha musulmá, un indio e unha paquistaní, se unan na loita común pola educación e contra o extremismo.

No caso de Satyarthi, resaltou que "mostrando gran valor persoal" e seguindo a tradición de Gandhi, "liderou varias formas de protesta e manifestación, todas pacíficas, centrándose na grave explotación dos nenos para obter beneficios financeiros". Así mesmo, "contribuíu" ao desenvolvemento de importantes convencións internacionais" "sobre os dereitos dos nenos". Kailash Satyarthi, enxeñeiro informático indio que hai 28 anos abandonou o ordenador para denunciar ás multinacionais que no seu país explotan nenos de entre 5 e 12 anos de idade, encabeza a organización Global March, que liberou da escravitude empresarial a uns 80.000 nenos en máis de 160 países.

En canto a Malala, "malia a súa xuventude", leva anos loitando polo dereito das nenas á educación e mostrou co seu exemplo que os nen@s e os moz@s tamén poden contribuír a mellorar as súas propias situacións. Ademais, fíxoo baixo as mais perigosas circunstancias. Mediante a súa loita heroica converteuse nunha destacada voceira dos dereitos das nenas á educación.

NORABOA A ÁMBOLOS DOUS!!!

 Recomendámosvos tamén o libro  "Yo soy Malala:  excepcional relato dunha familia desterrada polo terrorismo global, da loita pola educación das nenas, dun pai que, el mesmo propietario dunha escola, apoiou a súa filla e alentouna a escribir e a ir ao colexio, e duns pais valentes que queren a súa filla por riba de todo nunha sociedade que privilexia os fillos varóns. "Yo soy Malala" fainos crer no poder da voz dunha persoa para cambiar o mundo.


3/10/14

APERTURA DÍA 6 DE OUTUBRO

Este luns abrimos as portas da nosa biblioteca cunha gran exposición de libros e pelis novas.
Recordarvos que  abriremos 10 minutos máis tarde nos recreos para que poidades merendar con tranquilidade, e que os xogos e revistas estarán a vosa disposición na entrada do cole.
Anímovos a participar  nas actividades que desenrrolaremos neste curso.
leede moito.
Benvidos.

17/9/14

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2014-2015

Rematadas xa as vacacións de verán, iniciamos outro curso mais con ánimo e ilusións renovadas. Dende a Biblioteca Escolar queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa e dicirvos que contamos con todos vos para transitar por este curso 2014-2015 con moitas ganas de pasar bos e enriquecedores momentos lendo, escoitando historias, investigando e realizando moitas cousas mais.                                                   Esperámosvos!!!


13/7/14

O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS

A Henry encantábanlle os libros, pero non como nos encantan a ti e a min, non. Non exactamente... a Henry encantáballe comer libros!!!
Así comeza esta historia baseada na metáfora alimentaria ou gastronómica sobre a lectura.

Dicía Paul Auster que "se os seres humanos non puidesen soñar polas noites se volverían tolos; do mesmo xeito, se a un neno non se lle permite entrar no mundo do imaxinario, nunca chegará a asumir a realidade. A necesidade de relatos dun neno é tan fundamental como a súa necesidade de comida e maniféstase do mesmo xeito que a fame".

Os alumnos de 2º ESO e 4º ESO (EPV) xunto coas súas profes e coa colaboración dos departamentos de música, plástica, galego e o EDLG, decidimos dar vida a este conto de Oliver Jeffers e realizamos unha adaptación do mesmo. Magoa que o final de curso veusenos enriba e non puidemos representalo para todos os cursos de primaria. Pero non vos preocupedes...ao comezo do próximo curso volveremos coas representacións para que todos os nenos e nenas poidan gozar deste conto e dos fermosos debuxos que realizaron as rapazas de plástica coa súa profe Marisa, así como a fermosa interpretación musical preparada por Teresa cos alumnos/as de música.
Para que vaiades facendo boca, aquí vos deixamos un vídeo cunha das representación feitas ao final de curso para os pequerrechos de infantil. No vindeiro curso mais e mellor!!!


          

                 

25/6/14

Para ler neste verán, podemos suxerirte...

Dentro dun mundo cheo de libros e historias, nós escollemos estas para suxerir neste verán, pero non te esquezas... le o que che apeteza e sobre todo recorda que se trata de disfrutar ti e facer disfrutar a outros coa túa lectura. Tamén estamos abertos a todo tipo de suxerencias. Se hai algún libro que creas que pode gustar a outros, compárteo con nós a través dos comentarios. Feliz verán.

21/6/14

ACTO DE ENTREGA DO PREMIO METEOESCOLAS

Onte recibimos da man do director de Meteogalicia, Vicente Pérez, e de Alberto Sacido, asesor de Innovación Educativa da Consellería de Educación, o I Premio do Programa meteoescolas, grazas ao proxecto "Todos a tempo. Un proxecto integral de Meteoroloxía dende infantil a ESO", que realizamos ao longo deste curso.  Tamén nos acompañou Eugenio Fernández concelleiro de cultura do Concello de Ares. En hora boa a toda a comunidade educativa!!!!!.

                 

20/6/14

PALABRAS DE DESPEDIDA AOS PROFES

Os alumnos de 6º de E.P. adicáronnos unhas palabras de despedida . Emocionáronnos moito!. Grazas


FIN DE CURSO 6º    18/06/  2014

 Bueno, aunque hoy no es fin de curso, estamos celebrándolo, así que creemos que os merecéis que os digamos unas palabras de agradecimiento por todos estos años de parte de sexto.
Antes de nada a las tutoras, pues son con las que pasamos más tiempo y más experiencias.
Gracias por hacernos ser quienes somos. Todos en casa tenemos una familia que es la que nos educa, la que nos enseña a comer, a hablar y a comportarnos con educación y gracias a ella tenemos el carácter que tenemos, la forma de hablar, el estilo, etc……..
Pero siempre habrá una palabra culta, un truco para resolver un problema de mates o un refrán que al usarlos nos recuerdan a nuestros profesores.
Gracias por intentar que las horas del día que pasamos en el colegio nos resulten más divertidas, por hacernos sentir como en casa y poco a poco formar una segunda familia de la que, en momentos como este, cuesta mucho separarse.
Gracias por entendernos, ayudarnos y reñirnos para que poco a poco seamos mejores persona y buenos estudiantes, por preocuparos de nosotros casi como si fuéramos vuestros hijos y por hacer que un tema de coñecemento se convierta en al más divertido de los cuentos.
 Y no sólo las tutoras.
Gracias a todos los profesores de diversas materias, por tener tanta paciencia con nosotros y nuestros errores.
A Elisa por hacer que el inglés nos deje de sonar a chino y nos empiece a sonar a portugués.
A Mon por hacernos superar nuestros miedos y convencernos de que ,si queremos, podemos saltar el más largo de los obstáculos.
A Lara por poner un poco de música y alegría entre tantos números y letras.
A Gonzalo, porque aunque lleva poco tiempo con nosotros, le cogimos cariño desde el primer momento por hacernos ver la música de una manera sorprendente.
A Pili, por poner un poco de sentidiño en este zoo de animales salvajes.
A Fifí por llenar de arte y agujas todas las semanas.
A Marina por darnos a conocer el mundo en el que vivimos y sus normas.

Y gracias a todos por aguantar a este sexto tan revoltoso, y por formar parte de esta gran familia de la que, estemos donde estemos, siempre vamos a tener buenos recuerdos.

19/6/14

DESPEDIDA DE 6º

Agora que remata o curso, queremos ter un recordo especial para os alumnos de 6º que este ano nos deixan. Son moitos e moi falangueiros, por iso os profes ,en especial as titoras botarémolos de menos. Queremos darlles as grazas por todas as súas colaboracións : meteoescolas, biblioteca... sempre estiveron dispostos para todo. Grazas rapaces e moita sorte na vosa nova etapa que logo comenza. Empezade con ganas que podedes con todo (sabédelo ben vos). Unha recomendación : SEGUIDE TRABALLANDO ASÍ , PERO UN POUCO MAIS CALADIÑOS ¿Prometido?



18/6/14

ENTREGA DE PREMIOS DOS CONCURSOS DE PORTADA DE LIBROS E "O PREGUNTÓN"

Hoxe entregamos os premios dos Concursos de Portada de Libros e O preguntón. Felicidades a todos os premiados e  participantes.E  xa sabedes... esperámovos na próxima edición o vindeiro curso.


                          

7/6/14

SAÍDA 6º " EL EO"

OS DÍAS 4 E 5 DE XUÑO OS ALUMNOS DE 6º DE E.P. FIXEMOS A NOSA VIAJE DE FIN DE PRIMARIA. VIAXAMOS EN TREN A GRANXA ESCOLA " RÍA DEL EO" EN CASTROPOL (ASTURIAS).PARA MOITOS FOI A NOSA PRIMEIRA VIAXE EN TREN. REALIZAMOS DIVERSAS ACTIVIDADES: FIXEMOS PAN,MONTAMOS EN BICICLETA, A CABALO NUNHA EGUA CHAMADA PALOMA,TIRO CON ARCO, VELAS,TIROLINA,COIDAMOS ANIMAIS,ORDEÑAMOS A VACA PARA LOGO FACER QUEIXO CON ESA LEITE,PLANTAMOS LEITUGAS QUE LOGO COMERÁN NENOS DOUTROS COLEXIOS..... TAMÉN TIVEMOS TEMPO LIBRE PARA XOGAR E CHARLAR.BUENO TAMÉN TRABALLAMOS :FIXEMOS AS CAMAS, PUXEMOS A MESA, RECOLLIMOS.... POLA NOITE TIVEMOS VELADA CON XOGOS DIVERTIDOS E LOGO.......SESIÓN DE DISCOTECA. ÁS 12 MANDÁRONNOS A DURMIR , BUENO CON TANTA LEDICIA DURMIMOS MOI POUCO ..... ¡¡¡PASÁMOLO MOI BEN !!!!! OS PROFES QUEDAMOS CONTENTOS CO VOSO COMPORTAMENTO. ¡A SEGUIR ASÍ!. BUENO UN POUCO MENOS FALADORES.

1/6/14

CIENCIA EN RUTA

O VENRES 23 DE MAIO OS NENOS DO 1º CICLO DE E.P. TIVEMOS UN TALLER MOI DIVERTIDO. APRENDIMOS A FACER E LOGO A LANZAR FOGUETES DE AUGA. Os monitores de Ciencia en Ruta convertiron o noso cole na Axencia Espacial Conde de Fenosa de Ares. Despois dunha introducción teórica na que falamos do espacio, da Física e algunhas das súas leis, de Isaac Newton,... fixemos equipos, eleximos portavoces e empezamos a construir os nosos foguetes con botelllas de plástico, cartón, cartolina e pouco máis. Logo dun intenso traballo en equipo, os foguetes estiveron listos e preparados para o lanzamento. Foi IMPRESIONANTE!!! Foi un obradoiro xenial. Encantounos.

29/5/14

PREMIADOS NO CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS


Difícil o tivo hoxe o xurado composto por Antonio Seijas (Ilustrador), Vilariño (profesor e debuxante autodidacta), Marisa Areal e Meli Seoane (profesoras de educación plástica) para elixir aos gañadores e finalistas do I Concurso de Portada de Libros. O concurso tiña por obxecto a creación dun deseño gráfico para a portada ou cuberta dun libro que o alumno/a tivera lido. Con esta iniciativa o Equipo de Dinamización lingüística e a Biblioteca do CPI Conde de Fenosa de Ares pretendeu fomentar a lectura e as capacidades creativas dos alumn@s e, a bó fe que o conseguiu. Presentáronse un total de preto de 70 obras nas que os alumnos/as de infantil, primaria e secundaria reflectiron a súas dotes creativas utilizando todo tipo de técnicas e materiais: témperas, collage, banda deseñada, composicións e distintas texturas puidéronse ver nesta fantástica exposición. Desde aquí queremos agradecer ao noso artista local Antonio Seijas a súa colaboración como membro principal do xurado. Grazas Toni por estar sempre que requerimos a túa presenza. É sempre un luxo terte con nós.
 Agradecer tamén a participación de Vilariño, querido compañeiro do noso centro que sabemos que non nos esquece e que sempre acode as nosas chamadas. E como non as profes de educación plástica do noso cole. E felicitar a todos os alumnos participantes.

 Sodes uns artistas!!!!

Os gañadores e finalistas por categorías foron:
  • 1º CICLO ESO: Alba Tabeayo (1º ESO) e Ana Martínez(2º ESO)
  • 2º CICLO ESO: Noelia Calvo Tizón (3º ESO) e Sara Ferreiro Varela (4º ESO)
  • 1º Ciclo EP: Marcos Pérez Cordero (2ºA) ,Nerea Salido Lorenzo (2ºA), Jairo García García, (2ºA) 
  • 2º/3º Ciclo EP: Marta Nogueras Anca (3ºA) e Lara Fonte Allegue (6ºA)
  • Infantil: Noelia Navas Udaondo e Ariadna Jerobs Santín
  • Premio de grupo: Infantil 4 anos B(Fernanda) (gañador), Clase de 1ºA (Mila) (finalistas),Clase de 1ºB (Meli) (finalistas),Clase de 2ºB (Lucía) (finalistas).

En hora boa a todos e todas!!!!

Aquí tedes un vídeo coas obras da exposición

27/5/14

CONCURSO COCA-COLA "RELATO CURTO"

Por cuarto ano consecutivo os nosos alumnos de 2º participaron neste concurso de relato curto. As participantes este ano foron Ana Martínez e Malloya ambas alumnas de 2ºESO A. Ana participou en castelán e galego, Malloya só o fixo en castelán. As dúas ían con moita ilusión e ás dúas queremos felicitar desde estas páxinas.
Ben sabedes que o traballo feito con gana adoita ter recompensa, Ana gaña por mérito propio achegando azos, ilusión e xenerosidade en todo o que emprende e Malloya engaiolou o xurado coa súa prosa imaxinativa e lixeira, e así resultou ser finalista e gañadora dun merecedor terceiro premio.
Posto que todo o que desde aquí se escriba non reflectirá o que a vosa compañeira transmitiu no seu relato achegámosvos o comezo e o código "qr" para que o gocedes coma nós.

Ademais achegamos en palabras da flamante gañadora, a experiencia que supuxo recoller o premio nun lugar emblemático, a terra dos grandes trovadores: Mendinho, Joham de Cangas e Martín Codax, case nada!! .



Cando estabamos Ana e mais eu naquela sala chea de xente non imaxinabamos que algunha de nós pasase á final ¡cando mo dixeron non o podía crer!
Eu pasara á final e a entrega de premios foi, nin mais nin menos, na illa do Pensamento, a illa de San Simón, un lugar cheo de historia literaria, testemuña de relatos de temerosos corsarios, tesouros ocultos e pasaxes de moitos viaxeiros vidos de terras afastadas. Alí mesmo foi onde o capitán Nemo atracou o Nautilus na súa fantástica historia Vinte mil leguas de viaxe baixo o mar (XulioVerne), cando sabes iso non podes remediar pensar no que se lle pasaría pola cabeza ao escritor ¿Sorprenderíanlle tanto os misterios e os viaxeiros anónimos pasados pola illa que sentiría identificado o capitán do seu submariño cun deles? ¿Ou quixera imaxinar o que lle aconteceu a algún dos viaxeiros que pasou por alí nun navío submariño descoñecido naquela época? Precisamente o misterio foi o tema na entrega dos premios, o misterio e o humor, unha importante inspectora chamada Holmes e un novato incompetente chamado Watson presentaron este acto nunha divertida entrega de premios cheo de misterio e risas. Alguén matara o can da illa e roubara o primeiro premio ¿Quen podería ser? algúns dos alí presentes foron escollidos como sospeitosos e cando Watson non aturou máis, recoñeceu que lle dera ao can un somnífero nunha salsicha e o roubara el, aínda que por adolescente non pasaba de todas as maneiras.
Ao remate obsequiáronnos cunha merenda nos edificios que foron lazareto e cárcere durante a guerra civil española, alí Luísa rematou con todos os mexillóns e miña irmá co resto da mesa.
A viaxe de volta foi movidiña, no interior do barco sentíanse máis as ondas e iso non é moi bo se te mareas neles...
       
Malloya, 2ºA ESO



25/5/14

RELATOS DO CONCURSO "RELATO CURTO" DO CONCELLO DE ARES REALIZADO POLAS LETRAS GALEGAS

Aquí vos deixamos os relatos curtos dos alumnos/as do cole que presentaron obras ao II Concurso de Relato Curto Concello de Ares. Entre elas están a gañadora e as finalistas, así como outras que non recibiron premio pero que vos aconsello que leades.  Parabéns aos rapaces e rapazas que presentaron traballos e aos que non...esperemos que para o ano vos animedes.







23/5/14

GAÑADORES DA IV EDICIÓN DO PREGUNTÓN

Rematou a IV Edición de "O Preguntón". Desde  o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca que remos dar a en hora boa a todos os que participáchedes nesta edición e os nosos parabéns aos gañadores e finalistas. O remate do curso faremos  o acto de entrega de premios e diplomas dos diferentes concursos que estamos a realizar no cole. Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación e xa sabedes....para o ano mais!!!.
Aquí vos deixamos os nomes dos gañadores e finalistas deste ano.




21/5/14

CONCURSO DE PORTADAS DE LIBROS.

Temos posta nas escaleiras da entrada de Primaria a exposición con todas as portadas que fixestes para o concurso. Hai auténticas preciosidades. Non deixedes de visitala.

20/5/14

ENTREGA DOS PREMIOS DE RELATO CURTO "CONCELLO DE ARES"

O Concello entregou os premios do II Concurso de relatos curtos no que participaron rapaces e rapazas da ESO.

O concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández Lago, fixo entrega na tarde do venres dos premios do II Concurso de relatos curtos “Concello de Ares”, nun acto celebrado na Alianza Aresana e no que estiveron presentes os rapaces e rapazas que presentaron as súas obras ao certame literario.
Tras a reunión do xurado integrado polo historiador local Javier Vilasánchez e as profesoras Ana Pillado e Yolanda Castro, foi Carlos Bello Pita coa obra “O que foi de Jimmy Sparks” quen resultou o vencedor do certamen e polo que recibiu un premio consistente nunha tablet. Os premios ao primeiro e segundo finalista recaeron en Ana Martínez Fernández  pola obra “As sombras dos templarios” e Raquel Pérez Rivera, autora da narración “A casa da familia March”. Neste caso as dúas finalistas foron premiadas con un MP4 cada unha.
Ademais, dado o nivel acadado nesta edición, os integrantes do xurado decidiron facer unha mención aos traballos presentados por Marta Rumbo Hermida, autora da obra “Pero…quero ler”, Margarita Ferreiro Castillo con “A casiña de madeira no inverno” e Marta Pérez Rey pola obra co título de “Unha rumorosa na costa verdescente”.
Fernández Lago destacou o número de obras que concurriron a este concurso, unha trintena
e, o que é máis importante, o elevado nivel de case todas elas, o que fixo traballar a reo ao xurado.
A iniciativa, que estaba dirixida a nenos e nenas matriculados en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, enmárcase dentro das actividades que a área de Cultura organiza para conmemorar o Día das Letras Galegas, motivo polo cal todas as obras presentadas ao concurso debían estar presentadas en galego.


En hora boa a todos os gañadores e parabéns a todos os participantes no certame. Para o ano mais!!!.

16/5/14

METEOESCOLAS

Este curso o alumnado de 6º despois da visita que fixeron a Meteogalicia, sentironse animados a traballar no proxecto de Meteoescolas do noso centro. Comenzaron recollendo información de distintas fontes :
• Biblioteca escolar.
• Internet.
• Biblioteca pública de Ares.
• Datos recollidos polos compañeiros de 2º e 3º ciclo de educación primaria.
• Materiais que encontraron nas súas casas.
 A partir de aquí, dividíronse en qrupos e cada un decidiu en qué ian traballar. Os temas elexidos foron:
• As nubes.
• Fenómenos atmosféricos.
• Símbolos e gráficos.
• Aparatos meteorolóxicos.
 Despois de facer os traballos e con toda a información reunida, realizouse esta montaxe.
Que vos guste !!!!!
 
 
 
 

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

Un ano máis, achégase o Día das Letras; e para conmemoralo, ademáis do traballo adicado a Xosé María Díaz Castro, desde o EDLG propuxemos para Infantil e Primaria unha exposición sobre o traxe tradicional galego. Xa está montada e agardamos a vosa visita. Poderedes ver os traxes de home e muller, de cotío e de gala. Aquí vos deixamos algunhas fotos para ir facendo boca.

Moitas grazas a todas e todos os que colaborastes prestando roupa, maniquíes, etc. Tamén queremos dar as grazas a Teresa, Elena , Emilio e José Ramón Camaño que viñeron desinteresadamente a tocar para nós na hora do recreo e acompañarnos así, nesta semana das Letras Galegas. Fixeronnos bailar e brincar como só os bos ghaiteiros saben facer.

               


14/5/14

CHEGOU A MAROLA A ARES: "PRÉSTANOS SES"

Pero quen é SES? Preguntan os rapaces da ESO. Escoitamos algunha canción, vemos algún vídeo, case aprendemos as estrofas suxerentes de “Milonga de aquí ” e de “Se cadra”. 
Si, … canta moi ben, ten boas letras, … si, pero temos que ir vela?
O excepticismo, mesmo a resistencia previa foi amolecendo ao pouco de iniciarse o concerto. A viveza dos ritmos variados; o lirismo poético; as letras provocadoras, directas e descaradas; os acoples das guitarras; ... foron atrapándonos, envolvéndonos como o arrolo das ondas que entraban polas ventás da cristaleira do Casino.
SES non é só música, é unha activista social, unha convencida defensora do papel feminino, unha rebelde contra todo tipo de submisión e estereotipos. Cóspelle aos clixes sociais. Chámalle ás cousas polo seu nome. Tanto nas cancións como nas presentacións, déixao claro.

O estilo inconfundible vai quedar gravado na memoria xuvenil. Cando entra a marola na baía deixa sinais, pegadas que nos prestan.



                               










13/5/14

SEMANA 7: ULTIMAS PREGUNTAS DO "PREGUNTÓN"

Ben, queridos e queridas Preguntóns, aquí vos deixamos as preguntas da última semana desta edición do Preguntón 2014. Xa sabedes...agudizade os miolos para dar coas respostas correctas.







SOLUCIÓNS PREGUNTÓN 6ª SEMANA

PREMEDE NELAS PARA VELAS EN GRANDE



8/5/14

PREGUNTÓN 6ª SEMANA

Queridos preguntóns, aquí van as preguntas desta  6ª semana. Premede nelas para velas en grande.
 E lembrade que xa estamos a piques de rematar esta edición do preguntón, só nos queda unha semana mais, asi que xa sabedes, metede o turbo!!!!!







DÍAZ CASTRO, GUÍA DIDÁCTICA EDUCACIÓN PRIMARIA

DÍAZ CASTRO, GUÍA DIDÁCTICA EDUCACIÓN SECUNDARIA

MONOGRÁFICO DÍAZ CASTRO, CGENDL

Un curso máis, a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, nesta ocasión o poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro. Nela, partíllanse recursos didácticos como actividades para imprimir e en liña, información en diferentes soportes, exposicións, xogos, experiencias en centros, etc. que foron elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo dos centros escolares, institucións, asociacións, etc. Dende a CGENDL pretendemos novamente facilitar o voso labor nas aulas; por iso, agardamos polos vosos traballos, propostas e experiencias para partillar co resto do profesorado e as familias: correo@coordinadoraendl.org.

Se premedes na imaxe poderedes acceder directamente á páxina da CGENDL que contén o monográfico sobre Xosé María Díaz Castro.


7/5/14

"O PAÍS DOS MANDÓNS". GAZAFELLOS

Hoxe os rapaces e rapazas de E.P. fomos o Casino de Ares para ver unha obra de teatro do grupo Gazafellos titulada "O PAÍS DOS MANDÓNS" baseada nun libro de Paloma Rodriguez e Cristina Justo. Pasámolo moi ben, foi moi divertida. Foi unha invitación do Concello de Ares.Dámoslle as grazas e esperamos unha nova invitación para o vindeiro curso.

6/5/14

VISITA DE AUTOR: ANTONIO M. FRAGA

Hoxe 6 de maio os alumnos de 6º de E.P. tivemos a visita do escritor Manuel Fraga, autor do libro que acabamos de ler: "O CASTAÑEIRO DE ABRIL". Pasamos con él un bo rato falando do libro e as súas personaxes.Fixémoslle unha morea de preguntas,todas con resposta. O autor é de Pontedeume e as ilustracións do seu libro fíxoas Antonio Seijas , o noso veciño de Ares.

25/4/14

DÍA DEL LIBRO 23/04/72014

LOS ALUMNOS DE 6º A HEMOS PASADO" UN BUEN RATO CON CADA PLATO" EN ESTE DÍA DEL LIBRO. OS RECOMENDAMOS SU LECTURA SENCILLA Y AMENA .

Visita de la escritora AN Alfaya

Esta mañana los alumnos de 5º de E.P. asistimos a una charla de la escritora An Alfaya para comentar el libro que previamente hemos leído :"O recendo das clementinas". Hemos pasado un buen rato.Agradecemos su visita.

24/4/14

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO.

Esta semana festexamos o día do libro. As nenas e nenos de 6º de E.P. fixeron lecturas de contos escollidos e preparados por eles, para os máis pequenos. Adiantamos algo do que están facendo. Disfrutádeo.

22/4/14

PREGUNTÓN 4ª SEMANA

Ola preguntóns,esperamos que despois destas vacacións de Semana Santa veñades cheos de enerxía para afrontar o último trimestre de curso. Retomamos de novo o noso concurso "O Preguntón" e aquí van as preguntas desta 4ª semana de preguntón.