Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, do científico Ángel Carracedo,
profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da
Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e
divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas,
tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do
acceso ao coñecemento.
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego,
que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades
didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións,
museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos,
convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos,
experiencias de bibliotecas escolares, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario