Mostrando entradas con la etiqueta nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta nadal. Mostrar todas las entradas

17/12/25

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL.

A nosa biblioteca de Infantil e Primaria está en obras. Nos próximos meses vai comenzar unha nova etapa con case o doble de tamaño e moita luz. Non podíamos esperar para vela, así que nos asomamos por un recunchiño e isto foi o que vimos:
Mentres esperamos a vela de novo chea de estantes, libros e xogos, aquí vos quedan as suxestións de lecturas para este Nadal. Moi boas festas para todos!

17/12/24

AQUÍ CHEGAN! XA ESTÁN AQUÍ!

Un ano máis chegan as únicaS, as máis esperadas... as suxestións lectoras da Biblioteca Carabela de Ares! Aínda estás a tempo de pedir un libro (ou dous) ao Papá Noel, aos Reis Magos, ao Apalpador, aos pais, aos tíos, aos padriños, ás madriñas, ás avoas... PIDE LIBROS!

19/12/23

SUXESTIÓNS LECTORAS DE NADAL 2023

Aínda que xa sabemos que as cartas a Papá Noel, Apalpador ou Reis Magos están enviadas, ao mellor aínda pode engadirse algún libro. Por se estades buscando algunha idea aquí vos van unhas poucas. Escollede o que vos apeteza ler, aínda que sexa para outra idade... o asunto é desfrutar lendo. Que teñades unhas boas festas.

19/12/21

NADAL: TEMPO DE LER, TEMPO DE LECER.

 Aquí vos deixamos as suxestións de lecturas para este Nadal, por se aínda vos quedou algo por pedirlle a Papá Noel, ao Apalpador ou aos Reis Magos. Ou por se pasades por unha librería. Ou por se ides pola biblioteca... 

Recordade: podedes conseguir estes libros en formato papel ou electrónico (como prefirades ou vos sexa máis sinxelo e cómodo), a idade é so unha referencia aproximada e se estes libros non te apetecen hai moitísimos máis que se poden elexir. 

Desfrutade deste Nadal! Vémonos na biblioteca no 2022!


18/12/19

Unha morea de historias neste Nadal.

Vacacións, festas e lecturas sempre foron unha boa mestura. Aquí vos deixamos as suxestións deste ano, por se precisades pedir ou facer un agasallo. Boas festas para todos.

18/12/17

CANDO MARTIÑO TIVO GAÑAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS.

Este luns tivemos con nós a Aída, da Asociación Cultural Apelón Educación que nos estivo contando "Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de reis" de Chema Heras e Kiko Dasilva. Pasámolo fenomenal... e queríamos máis historias.

 

19/12/13

LIBROS E NADAL

Ao mellor este nadal decides pedirlle aos reis algún libro... ou te apetece pasarte pola biblioteca municipal e ler un pouco... Pois ben, aquí tes algunhas suxestións para ler neste nadal. Pero hai moitos máis...pásate pola librería ou a biblioteca e verás. Feliz Nadal a todos.