25/10/18

SON POETA PORQUE ME PETA

Con este lema festexamos o día das bibliotecas no noso cole, aproveitando que este ano as bibliotecas escolares imos traballar sobre poeticas diversas.
O alumnado escribiu e decorou un pequeno poema ou rimas para comezar a asolagar os nosos corredores de metáforas. Imos darlle vida á nósa tradición lírica.
















Outra actividade realizada polo día das bibliotecas foron os apadriñamentos lectores. O alumnado de 6º A leu para os nenos e nenas de 5 anos. Foi todo un éxito.


















16/10/18

POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiándonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar.
Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son.

15/10/18

ANTÓN FRAGUAS

Tedes á vosa disposición unha unidade didáctica dirixida ao alumnado de educación primaria que ten como finalidade divulgar a figura de Antón Fraguas Fraguas, o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2019.

DOMINGO FONTÁN E A CARTA XEOMÉTRICA DE GALICIA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega de Ciencias, acaba de presentar unha unidade didáctica sobre Domingo Fontán. Será moi útil para dar a coñecer a figura deste matemático e científico galego e comprender a importancia da súa obra, na que destaca a Carta Xeométrica de Galicia. 

5/10/18

IX DÍA DA CIENCIA EN GALEGO: A CULTURA CIENTÍFICA E A CULTURA GALEGA

O título da temática deste ano no Día da Ciencia en Galego vai ser A cultura científica e a cultura galega como patrimonio cultural europeo. A UE declarou o ano 2018 como o Ano do Patrimonio Cultural Europeo e nos os celebramos así.

FOTOGRAFIANDO A NOSA CONTORNA

Hoxe realizamos unha saída pola nosa vila para plasmar coas nosas cámaras e dispositivos móbiles algúns espazos da nosa contorna. En breve daremos máis datos sobre este proxecto que terá como produto final unha estupenda exposición fotográfica. Desde aquí queremos invitar a todo o alumnado a que siga quitando e aportando fotografías de todos os lugares do noso concello: Ares, Redes, Lubre, Cervás, Chanteiro.... Temos moito que amosar  en todos os ámbitos e a vosa perspectiva é fundamental.
Recordade tamén que o prazo para presentar as vosas fotografías ao II Concurso de Fotografía Xuvenil que organiza o noso concello remata o 31 de outubro.

Aquí deixamos un pequeno video do noso percorrido fotográfico de hoxe por Ares.

             

1/10/18

UN LIBRO UN AGASALLO

Hoxe, 1 de outubro abrimos as portas da nosa biblioteca a todo o alumnado con moita ilusión.
Os libros gardaban un segredo, entre as súas páxinas,  uns vales que a próxima semana poderán canxear por un agasalllo.
Dámosvos a benvida a este novo curso esperando que levedes moitos moitos libros.
O equipo de biblioteca:
Marina, Pacucha, Pili, Paula, Maru, Luísa e Conchi.










BENVIDOS/AS