24/4/20

A CREATIVIDADE EN TEMPO DE CONFINAMENTO NO CPI AS MIRANDAS

A creatividade é un recurso necesario tanto para o coñecemento como para o entretemento das persoas, pero nestes tempos de confinamento o é aínda máis. Moitas familias,  alumn@s e  profes  atrevéronse co mundo audiovisual mostrándonos algunhas das actividades que realizan. 
Contos, música, traballos, vídeos cómicos…que na maioría dos casos teñen a corentena como eixo das historias. Xa vedes...quedámos na casa  pero non paramos!!!
Aquí deixámosvos estas producións  feitas  con moito amor e humor.  
                                Co seu permiso compartimos estes simpáticos e  espectaculares vídeos

                                        Serie… “En tempos de  confinamento”.

 







































23/4/20

DÍA DO LIBRO 2020 NO PI AS MIRANDAS

      
       Hoxe 23 de abril conmemoramos o Día do Libro.
 En condicións normais estariamos ao celebrar no noso cole con diversidade de actividades desde o noso Equipo de Dinamización Lingüística e a nosa Biblioteca  Carabela, pero a pesares da  ausencia sabemos que nas vosas  marabillosas mentes foron aflorando ideas para facer máis amena a estancia na casa. Nestes tempos de confinamento, a mellor opción é apostar polos libros que nos convidan a viaxar, a embarcarse en historias incribles, a saír das nosas casas e mergullarnos en universos alternativos. A través deles viaxamos por este mundo e polas estrelas, vivimos aventuras formidables, sentimos emocións extraordinarias, facemos amizades literarias, vencemos inimigos imaxinarios, compartimos vivencias  intensísimas e sentímonos máis vivos e libres.  


Sei que moitos de vós  tedes sentido na vosa propia pel esta terapia formidable da lectura, como así o  reflectides en tódalas fotos que nos estivéchedes enviando durante esta etapa de confinamento.
Con todas elas quixemos facer este vídeo, non só para conmemorar o Día do Libro senón tamén para render unha merecida homenaxe a todos vós queridos  alumnxs, ás vosas familias, aos  profes e a todo o persoal da nosa magnífica comunidade educativa do CPI  As  Mirandas.
Moito ánimo, apertas a  moreas e....  vémonos pronto, no o dubidedes.  
                                                           Querémosvos. Bicos mil

          

15/4/20

CPI AS MIRANDAS. 23 ABRIL. DÍA DO LIBRO

AUTORRETRATOS CON LIBROS. 

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca Carabela do CPI As Mirandas propoñémosvos participar nunha actividade de fotografía pensada para celebrar o "Día do Libro", o vindeiro 23 de abril:


  • Dirixido a toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias... 

  •  A actividade ten por obxecto a creación dunha foto na que aparezades retratados xunto ca portada dun libro. Debido as actuais circunstancias, e pensando que nas casas non temos tantas posibilidades como na biblioteca do cole, ampliamos a revistas, periódicos, discos e CDs. Poderedes usar tanto as imaxes das portadas como as do interior.
  • Na imaxe final ten que establecerse algunha relación entre a imaxe do libro e a persoa retratada:  continuidade do que vemos na portada, relación directa co título do libro, alusión ao contido do libro....En calquera caso ten que aparecer retratado o/a autor/a da fotografía. Podédesvos disfrazar dos personaxes do libro se queredes...
  •      Poden colaborar con vos para que vos saquen a foto, non é obrigatorio que sexa un “selfie”.
  •  Poderanse presentar fotografías con calquera formato: cadradas, rectangulares... Poden ser imaxes directas ou retocadas.
  •    As fotos deben ser enviadas ao correo electrónico do EDLG: tesmoitalingua@gmail.com  ou por washap ao nº 686766856
  •  A data límite de entrega é ata o mércores, 22 de abril de 2020.
  •  Exposición: As fotos presentadas serán subidas aos blogs do EDLG e  biblioteca e á páxina web do cole.
Aquí tedes algúns exemplos: