29/5/16

NA GALA DE ENTREGA DE PREMIOS OLLOBOI 2016


Onte asistimos á Gala de premios do Festival audiovisual Olloboi. 234 foron os traballos presentados este ano. Nós quedamos finalistas en dúas categorías.  Aínda que non gañamos, viñemos moi contentas cos nosos dous diplomas de finalistas e ledas por compartir unha xornada na que puidemos asistir nos Asteleiros Triñanes ao visionado da película Crebinsky  e ter ocasión de charlar co seu protagonista , Miguel de Lira e co seu  director, Enrique Otero.  A continuación asistimos á Gala  de entrega de premios conducida por  Xoán Antonio Touriñán, Federico Pérez y Sabela Arán, gala que gañou por goleada á final da Champions League.  
Para o ano máis!!!!





27/5/16

CONTOS DE LOBOS

A compañia Gazafellos representou onte para nós a obra "Contos de lobos" no Casino Aresano. Durante unha hora os nenos e nenas de Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º desfrutamos e rimos a cachón coa fantástica versión que os dous actores nos fixeron dos contos "Os sete cabuxiños", "Os tres porquiños" e "A carrapuchiña vermella". Coma sempre, o lobo foi o grande perdedor das historias... e foi unha pena porque era un lobo verdadeiramente simpático.

 

23/5/16

Os Celtas

Este é o resultado do proxecto de investigación sobre os Celtas levado a cabo polos alumnos e alumnas de

1º A de E.P

.

OS GREGOS

PROXECTO SOBRE OS GREGOS FEITO POLOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º B.

SEMANA 5. ÚLTIMA SEMANA DE PREGUNTÓN

Ola a tod@s. Entramos xa na última semana de preguntas do noso concurso "O Preguntón".  Animádevos, xa sabedes que cada puntiño conta para ser o gañador.

16/5/16

SOMOS FINALISTAS DO FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI !!!!!

Parabens a tod@s!!! . Somos finalistas no Festival Audiovisual Olloboi
en dúas categorías, na sección DOC co audiovisual "O mercado municipal de Ares" dos nenos e nenas que hoxe están en 4º de primaria e na sección Olloboi Online co "Libdup Vilasoñares".




14/5/16

OBRAS CHEAS DE GALICIA. LETRAS GALEGAS 2016

Este ano concorren tres situacións culturais interrelacionadas e á vez independentes. Conmemórase o centenario da creación das Irmandades da Fala, que aló polo 1916 botaron a andar nos Cantóns coruñeses; choramos a morte de Neira Vilas, reporteiro do rural; e homenaxeamos a Manuel María, creador da poesía da Terra.

E para dar constancia delo dende o noso centro o CPI Conde de Fenosa realizamos o documental  “Obras cheas de Galicia”, idea de Ana Martínez  alumna de 4º de ESO, en colaboración cos alumnos de 4º que poñen voz a unha escolma de poemas dos autores,  o EDLG e o departamento de lingua galega.   
Aquí tendes o documental. esperamos que vos guste.

4/5/16

EXCURSIÓN Á HISTORIA DA NOSA CONTORNA

Onte os alumnos de 3º e 4º de primaria, xunto coas súas profes, realizaron unha visita a Chanteiro, Montefaro e Lubre, lugares do noso concello onde se atopan algúns dos monumentos históricos do noso patrimonio. Comezaron o seu percorrido visitando a Igrexa da Mercé de Chanteiro, onde se celebra o tradicional Voto de Chanteiro ; subiron ata Montefaro onde puideron facer un percorrido polo Mosteiro (con baile medieval incluído) e remataron en Lubre onde se atopa a Igrexa románica de Santa Olaia. Unha visita a través da cal puideron ollar moitas cousas das que aprenderon no seu proxecto da Idade Media. O sol nos acompañou e a excursión resultou xenial. 
Grazas desde aquí a Celsa e ao pai da nosa profe Bárbara por abrirnos as portas do mosteiro e acompañarnos na nosa visita. 
Aquí tedes o vídeo da xornada.