Xavier Alcalá é un dos escritores
máis senlleiros do noso país, e a súa novela A nosa cinza, un libro de referencia para varias xeracións de
lectores dende que se publicou en 1980.
Esta novela é das máis vendidas na Galiza, só superada por Memorias dun neno labrego e A esmorga. Como curiosidade contada polo
propio autor houbo hai décadas, incluso moitos exemplares que se venderon en
edicións "piratas" que permitiron que unha persoa pouco escrupulosa,
fixese durante un tempo un negocio. N´A nosa cinza, o tempo descorre entre os
días de escola, a adolescencia coas súas inseguridades e medos, o espertar dos
sentimentos amorosos e a descuberta do valor da amizade. Unha novela
especialmente indicada para o noso alumnado de 3º ESO.
A partir da semente d´A nosa cinza
xorde unha nova obra de arte, unha obra de arte diferente que sae da
imaxinación, do talento de Manel Cráneo: CINZA.
Un obra que agroma con poderío e un gran impacto visual ao lector. Cinza é a adaptación ao cómic feito por Cráneo do
“long-seller” de Alcalá. Alcalá versus Cráneo. Literatura e cómic conversando da
man de “dúas mentes creativas e xenerosas”.
Un novo formato que permitirá adentrarse no mundo da literatura dunha forma
gozosa, a novas fornadas de lectoras e lectores. Agradecemos a xenerosidade dos
autores e a súa absoluta disposición para acercarse ata Ares e amosarnos unha
milésima parte da súa arte e bo facer.
Para rematar, as verbas do propio Manel Cráneo, actualmente director do
Salón Viñetas do Atlántico no prefacio da obra, “ un importante anaco das nosas
vidas, que como a cinza que se perde no aire, son efémeras, pero as obras
prevalecen, e esta que tes nas mans agora tamén é túa”. Manel Cráneo, debuxante
ou poeta?
PRESENTACIÓN A CARGO DAS ALUMNAS DE 3º ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario