26/3/25

PRIMAVERA DAS LETRAS 2025

Xa está dispoñible na páxina web de Primavera das Letras o texto teatral As Ferreñas (en vivo e en directo), a achega de Paula Carballeira á última edición do proxecto da Real Academia Galega para o público máis novo co gallo do Día das Letras Galegas que lles dedica ás cantareiras e á poesía popular oral. A obra da escritora pode descargarse nunha edición ilustrada por Nuria Díaz. Na mesma páxina están tamén dispoñibles as primeiras actividades interactivas, fichas para colorear e os deseños das chapas e marcapáxinas das cantareiras que creou a ilustradora. Nas vindeiras semanas iranse estreando novos contidos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario