Mostrando entradas con la etiqueta poesia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesia. Mostrar todas las entradas

25/10/18

SON POETA PORQUE ME PETA

Con este lema festexamos o día das bibliotecas no noso cole, aproveitando que este ano as bibliotecas escolares imos traballar sobre poeticas diversas.
O alumnado escribiu e decorou un pequeno poema ou rimas para comezar a asolagar os nosos corredores de metáforas. Imos darlle vida á nósa tradición lírica.
















Outra actividade realizada polo día das bibliotecas foron os apadriñamentos lectores. O alumnado de 6º A leu para os nenos e nenas de 5 anos. Foi todo un éxito.


















9/4/13

DÍA DA POESÍA

Hai uns días celebramos no cole o día da poesía, os nosos nenos e nenas quixeron participar con nós escribindo e lendo poemas propios e doutros autores, e aquí está o resultado:





8/4/13

IMAXINA CANTARES…


Coincidindo co Día de Rosalía e coa celebración do 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos o alumnado de infantil 5 anos presentouse ao concurso Imaxina Cantares!, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Este concurso ten como obxectivo que os máis novos poidan gozar da obra rosaliana a través de producións en soporte audiovisual. Con esta iniciativa, o significado dos versos de Cantares Gallegos reinterpretanse nas formas de expresión máis atractivas para os alumnos e alumnas de hoxe, sempre sen perder a esencia que os consagrou como universais.
Así, os pequerrechos de infantil de 5 anos dirixidos polas súas profesoras, realizaron un mural sobre Rosalía e recitaron de forma explendida os seus poemas. Aquí tedes o fermoso resultado de tan bo traballo.  En hora boa aos pequerrechos e a súa profe.

                       

13/11/12

MES DA POESÍA

Durante o mes de novembro temos no centro unha MALETA DE POESÍA, é un préstamo das BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA que conforman o PLAN B. Por este motivo estamos a facer xornadas de lectura de poesía dentro da biblioteca, entre o alumnado de primaria.