23/2/17

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA



Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polo pobo galego como a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas, pois asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta comunicación e entendemento permanente coa xente, ao se dirixir a ela no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos. No noso centro, asumindo a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG, ) alumnos/as e profes quixemos conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro realizando diferentes traballos para homenaxear á nosa escritora.
En secundaria alumnado e profesorado realizaron un Mannequin Challenge baixo o lema #RosalíaTe, no que se reflicten diferentes escenas da vida de Rosalía e a súa presenza na vida de todos nós.


Os alumnos de 3º e 4º de primaria recítannos o poema Eu ben vir estar o moucho da obra Cantares Gallegos.



Os alumnos de E.I. recitaros poemas de Rosalía.



Os alumnos de 5º e 6º recitaron Corre o vento, o río pasa.



Os alumnos de 1º e 2º recitaron Adios Ríos, Adios Fontes.


18/2/17

O RASTRO QUE DEIXAMOS: O NOSO COLE NA HOMENAXE A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Hoxe os rapaces e rapazas de 2º ESO asistiron no Auditorio de Ferrol ao acto no que os colexios da nosa bisbarra homenaxearon a figura de Agustín Fernández Paz. No noso cole contamos coa presenza do aresán Antonio Seijas que tivo o pracer de traballar co autor, posto que Antonio, baseándose na novela Cartas de inverno, publicou a exitosa novela gráfica do mesmo nome. Tamén os nosos alumnos/as fixeron unha pequeña escolma dalgunhas das obras de Fernández Paz.

 Aquí vos deixamosos vídeos .



13/2/17

CONTACONTOS: O COCIÑEIRO MARTIÑO

A semana pasada, Iago López o autor do libro " O cociñeiro Martiño "pasou pola nosa biblioteca para deleitarnos cunha sesión de contacontos aos alumnos e alumnas de 1º e 2º de E.P.
Aquí vos deixamos unha mostra.





2/2/17

DÍA DE ROSALÍA 2017

OBRADOIRO CARTAS DE AMOR

Onte tivo lugar un obradoiro promovido pola Secretaría Xeral de Igualdade e impartido por Isabel Serrato Azat. O obradoiro tivo como finalidade abordar temáticas dende un punto de vista educativo e previr así actitudes machistas, e situacións de violencia na adolescencia. Entre os contidos a tratar estiveron presentes: as diferencias de xénero, a idea do amor romántico, as relacións de parella, a linguaxe, etc… Este obradoiro que ten as  ilustracións da exposición “Cartas de Amor”como eixe, desenvolveu a través de diferentes dinámicas participativas, os temas  citados anteriormente.

O alumnado de 1º ESO realizou tamén unha visita guiada a exposición que se encontra exposta na Casa da Xuventude do noso concello.