19/6/20

QUE LER, QUE VER NESTE VERÁN?

Por se non sabes que elexir ou por cal empezar das nosas suxestións de verán, aquí che vai un resumo de cada obra. E recorda que as referencias de idade son só unha indicación aproximada... moitos adultos disfrutarán dos álbumes dos máis pequenos e para a rapazada non hai pracer máis grande que ler a turnos ou escoitar aos seus maiores cando lle len.


SUXESTIÓNS DE LECTURAS, VERÁN 2020.

E despois deste curso raro, raro... quédanos a lectura, o cine, as series, as historias, disfrutar e vivir...
Aquí vos van algunhas suxestións para este verán. Dentro dun pouco poñémosvos de que tratan.

16/6/20

CPI AS MIRANDAS. XORNADAS DE ACOLLIDA VIRTUAIS PARA O ALUMNADO QUE REMATA EDUCACIÓN PRIMARIA E INICIA A ETAPA DE ESO

Este curso, por mor da crise sanitaria que estamos a vivir, as xornadas de acollida para o alumnado de 6º de EP que comeza a ESO non puideron ser presenciais, polo que o Departamento de Orientación preparou este plan de acollida virtual. Grazas a Begoña á nosa orientadora e ás alumnas de 1º de ESO Nagore, Antía e Alba que colaboraron na realización desta presentación.


15/6/20

AS NOSAS ALFOMBRAS FLORAIS CRUZAN FRONTEIRAS. PROXECTO ERASMUS + TRADICIÓNS

Grazas ao alumnado e as familias do CPI AS Mirandas de Ares por contribuir a espallar a nosa tradición das alfombras florais máis aló das nosas fronterias a través do Proxecto ERASMUS+.
Parabéns pola labor que fixéstedes esta fin de semana nas vosas casas elaborando esas alfombras florais tan belas e creativas e sobre todo, por seguir mantendo vivas as nosas tradicións. 
Sodes o futuro. Noraboa!!!




NOTICIA DE PRENSA