20/9/16

BIBLIOTECA ESCOLAR- TERRITORIO DAS ARTES

"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.

A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  
Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con está temática. 
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).
Convidámosvos a descubrir o último vídeo de AgustínFernández Paz para as Bibliotecas Escolares .

19/9/16

MOVILÍZATE POLA SELVA

         O grupo da clase de Valores Sociais e Cívicos de 3ºA quere presentarvos a campaña "MOVÍLIZATE POLA SELVA", que promoveu por todas as aulas de primaria a finais do curso pasado.
         O obxectivo desta campaña é reunir móbiles vellos para envialos a una empresa que os recicla e envía parte dos beneficios obtidos ao Instituto Jane Goodall (IJG). Este instituto realiza unha importante labor social e medioambiental en todo o mundo e, concretamente neste caso, no Congo, onde existen graves conflictos derivados en gran medida do enorme consumismo da nosa sociedade: guerras polo coltán, a casiderita e outros minerais empregados na fabricación de aparatos electrónicos, a explotación infantil nas minas, os monocultivos de palma que acaban coa selva e que, xunto coa actividade dos furtivos, ameazan a supervivencia de moitas especies, etc.

MOVILÍZATE POLA SELVA from Bárbara on Vimeo.

Reuníronse 84 móviles e gracias a iso, como agradecemento do IJG, conseguimos unha subscrición anual ao instituto e o APRADINAMENTO DE 3 CHIMPANCÉS.






         Tamén podedes consultar a páxina oficial do IJG.
         Todos os informes que nos vaian enviando sobre Chimpounga e sobre os "nosos chimpancés" estarán á vosa disposición na biblioteca do centro.
       


12/9/16

COMEZA O CURSO 2016/2017

O equipo da Biblioteca Escolar do
 CPI AS MIRANDAS 
deséxavos  a todos un bo curso 
cheo de lecturas.


imagixa un lugar...
... onde o teu barco atesoura
todos os teus coñecementos
e o horizonte ofréceche
todo o que poidas necesitar.


 "Imagixa un lugar" (Editorial Juventud)
Texto: Sarah L. Thomson
Ilustracións: Rob Gonsalves




                  Desde a Biblioteca Carabela,  feliz volta ao cole!!!!