23/4/21

ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO. CPI AS MIRANDAS

 O día Internacional do Libro é unha data moi especial para as escolas, para os lectores e para todas as persoas amantes dos libros. No noso centro unímonos a Biblioteca Carabela, O Equipo de Dinamización Lingüística, o Equipo do proxecto ERASMUS+  e a Concellaría de  Cultura do noso concello para facer e programar unha morea de actividades.  Aquí vai unha mostra delas.

 IV EDICIÓN do CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS 


CONCURSO DE MICRORRELATOS EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE ARES



POEMAS CON AROMA A ROSA ( Realizados polo alumnado de 6º EP)


ERASMUS -DÍA DO LIBRO

Nas seis escolas que estamos  no ERASMUS preparamos algunhas actividades en común. Fixemos un libro-vídeo (en dúas versións inglés e galego) sobre a vida de Cervantes e Shakespeare ademais doutro sobre a orixe desta celebración e os diferentes eventos que teñen lugar en outros países.



Tamén  as nenas e nenos realizaron marcapáxinas, debuxos, colgadores de portas ou minilibros




Como vedes, unha morea de actividades para celebrar e gozar deste día

FELIZ DÍA DO LIBRO


A lectura, como o amor, é a pedra ideal para afinar a nosa alma

 Paul Desalmand- Escritor 









10/4/21

XELA ARIAS. LETRAS GALEGAS 2021

A Real Academia Galega puxo en marcha neste mes de marzo unha nova edición do proxecto Primavera das Letras, dedicado nesta ocasión a Xela Arias, protagonista do Día das Letras Galegas 2021. A institución fornecerá a comunidade educativa de infantil e primaria, a través da páxina primaveradasletras.gal, de recursos lúdicos e didácticos relacionados coa figura e a obra da autora, e tamén con diversos contidos transversais do currículo. As primeiras fichas e actividades interactivas xa están dispoñibles neste espazo no que a Real Academia Galega irá compartindo novos contidos ao longo das vindeiras semanas. Podedes acceder a este espazo a través desta ligazón: 

https://primaveradasletras.gal/

ProxectoDidactico XelaArias PRIMARIA Interactivo by yolick20003194 on Scribd

7/4/21

IV CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS


O Equipo de Dinamización Lingüística (EDLG), a Biblioteca Escolar Carabela
e o Proxecto Erasmus+ “Artworks from European Festivities and Traditions” do CPI As Mirandas organizan a IV Edición do Concurso de deseño de cubertas de libros.

                              Animádevos a participar e…deixade voar a imaxinación!!!


AQUÍ PODEDES CONSULTAR AS BASES

Concurso Portada de Libros by yolick20003194 on Scribd

I CONCURSO DE MICRORRELATOS . DÍA DO LIBRO 2021

Dentro das actividades propostas para conmemorar o Día do Libro, o EDLG do CPI As Mirandas e a Concellaría de Cultura do Concello de Ares lanzamos o 

 I Concurso de escritura creativa de Microrrelatos.

 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

AQUÍ TEDES AS BASES.