TV "Tesmoitalingua"

FESTA FIN DE CURSO CPI AS MIRANDAS 2017 


GRADUACIÓN 4º ESO CPI AS MIRANDAS 2017 


DESPEDIDA 4º ESO PROMOCIÓN 2017 ARES


Día nacional das linguas de signos españolas no CPI As Mirandas.


Letras Galegas 2017. Cantando con Guadi Galego


Que o silencio non sexa o teu refuxio 


Homenaxe no Día Internacional da Muller traballadora.


ENTROIDO 2017

 

Mannequin challenge Día de Rosalía. CURSO 2017


Homenaxe a Agustín Fernández Paz a través dos ollos de Antonio Seijas.


ANACOS DE AGUSTÍN


CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE


XORNADAS NO MOSTEIRO DE SANTA CATALINA DE MONTEFARO. 
O NOSO PATRIMONIO 


OBRAS CHEAS DE GALICIA

 

ABRAIO


ROSALÍA, A NOSA LINGUA, O NOSO LAR 



PROXECTO OS ASTRONAUTAS, DE INFANTIL



Extracto da charla As migracións a través do diálogo cos maiores CPI Conde de Fenosa

 

AS ALFOMBRAS FLORAIS DE ARES 



DÍA DE ROSALÍA 2016



 ENTROIDO 2016  
         
                                      


              EXTRACTO VIDEOCONFERENCIA ANTÁRTIDA: JAVIER CRISTOBO



VIDEOCONFERENCIA COA BASE ANTÁRTICA GABRIEL DE CASTILLA



DÍA DA PAZ . XANEIRO 2016




CARREIRA SOLIDARIA 2015: SECUNDARIA



CARREIRA SOLIDARIA 2015. PRIMARIA E INFANTIL


                                         


                                                 FELICES FESTAS: NADAL 2015



ANTÓN O NENO QUE NON QUERÍA IR Á ESCOLA



SAMAÍN 2015

             

          
  O MERCADO MUNICIPAL DE ARES, POLOS ALUMNOS DE 3º EP

                



LETRAS GALEGAS 2015

                       



               O NOSO PATRIMONIO: IGREXA DE SANTA OLALLA DE ARES





LIPDUP VILA SOÑARES





ÉXITO DA IV CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE REALIZADA NO NOSO CENTRO


CARREIRA SECUNDARIA                     

CARREIRA INFANTIL E PRIMARIA
                   


NA PROCURA DUN MUNDO MARAVILLOSO
ACTIVIDADE POLO DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS






ROTEIRO TO CHANTEIRO

 Aquí tedes un vídeo resumo da actividade realizada polo alumnado da ESO a Chanteiro.

                    


O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS 

Os alumnos de 2º ESO e 4º ESO (EPV) xunto coas súas profes e coa colaboración dos departamentos de música, plástica, galego e o EDLG, decidimos dar vida a este conto de Oliver Jeffers e realizamos unha adaptación do mesmo. Magoa que o final de curso veusenos enriba e non puidemos representalo para todos os cursos de primaria. Pero non vos preocupedes...ao comezo do próximo curso volveremos coas representacións para que todos os nenos e nenas poidan gozar deste conto e dos fermosos debuxos que realizaron as rapazas de plástica coa súa profe Marisa, así como a fermosa interpretación musical preparada por Teresa cos alumnos/as de música. Para que vaiades facendo boca, aquí vos deixamos un vídeo cunha das representación feitas ao final de curso para os pequerrechos de infantil. No vindeiro curso mais e mellor!!!

 


ACTO DE ENTREGA DO PREMIO METEOESCOLAS 

Onte recibimos da man do director de Meteogalicia, Vicente Pérez, e de Alberto Sacido, asesor de Innovación Educativa da Consellería de Educación, o I Premio do Programa meteoescolas, grazas ao proxecto "Todos a tempo. Un proxecto integral de Metereoloxía dende infantil a ESO", que realizamos ao longo deste curso. Tamén nos acompañou Eugenio Fernández concelleiro de cultura do Concello de Ares. En hora boa a toda a comunidade educativa!!!!!.

 


ENTREGA DE PREMIOS DOS CONCURSOS DE PORTADA DE LIBROS E "O PREGUNTÓN"


                       


CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS





III CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE DO CPI CONDE DE FENOSA 

Un ano máis e, vencendo as inclemencias do tempo, os rapaces e rapazas de secundaria do CPI Conde de Fenosa correron a III Carreira Quilómetros de Solidaridade baixo o lema: Xuntos por un obxectivo común, que todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades. A recadación que ascendeu a 314,50 € foi a parar esta vez a un proxecto educativo en Etiopía. Grazas a todos os rapaces e rapazas pola súa entrega e solidariedade, ás familias, aos profesores, ás empresas e comercios do Concello (DIA, Froiz, Floristería Real, Ramil Ganma, Clinica Veterinaria San Antonio), ao Concello de Ares (policía local, protección civil), aos alumnos do PCPI por axudar na organización de toda a carreira e por suposto a nosa atleta Paula Mayobre que un ano máis nos  acompañou no evento.


                           


ENTREGA DO II PREMIO METEOESCOLAS 2013 AO NOSO COLE

Os alumnos/as do noso colexio recibiron esta mañá o II Premio do Programa Meteoscolas, un programa educativo promovido pola Xunta de Galicia co obxectivo de mellorar o coñecemento do clima galego na escola.


                    




DESPEDIMOS AO ALUMNADO DE 4º ESO

 O xoves 20 de xuño despedimos, nun pequeno acto, ao alumnado de 4º da ESO e, que mellor que este último día de clase para recoñecer o traballo de alumnos/as e profesores/as que traballaron activamente durante todo o curso. Despois de ver un pequeno vídeo no que lembramos o paso dos nosos alumnos/as polo centro, a nosa directora Blanca e os titores de 4º, Esperanza, Georgina e Jorge, entregaron as orlas aos alumn@s desexándolles o mellor e moita sorte na súa nova andaina. Felicidades de corazón, e esperamos que veñades a facernos unha visitiña de cando en vez. 


               


              



OS ALUMN@S DE 4ºDC ACHEGAN A CIENCIA E A TECNOLOXÍA AOS MÁIS PEQUENOS 

Dirixidos polos profes Jorge (Física e química) e Daniel (tecnoloxía) os alumnos de 4º DC achegaron aos máis pequerrechos a maxia da ciencia. Os pequenos puideron coñecer de cerca como se analiza a auga da Xunqueira, como por arte de maxia cambia de cor...entre outros moitos experimentos. Tamén puideron manipular e xogar cos mecanismos que crearon en tecnoloxía os alumnos maiores (coches, grúas, elevadores...). Os pequerrechos pasárono moi ben, e os maiores, no seu papel de “docentes” tamén. En hora boa a todos pola “clase maxistral” e aos peques por ser tan receptivos.


                        


HAI UN AMIGO EN TI

 O alumnado de 2º xunto coas profes Meli e Lara representaron a obra de teatro "Hai un amigo en min!. A verdade é que quedamos todos encantados coa producción da mesma. Non só prepararon os decorados, a interpretación musical, o vestiario... senon que ¡escribiron a obra!. Impresionante a labor desta "gran compañía teatral". E o resultado fantástico. Gustou tanto que os pequenos quedaron con ganas de máis. En hora boa a tod@s!!.

                     



A ESCOLA DOS MEUS AVÓS 

Baixo o lema "A historia dos meus avós" o alumnado de 4º da ESO realizou un traballo de investigación sobre o ensino de antano, buscando a reflexión sobre a evolución da escola a través do tempo. Este traballo culminou coa realización dunha entrevista a un veciño de Ares, Xesús Vilasánchez, que amablemente falounos de como era a escola na súa nenez, dos profesores daquela época, de como se vivía, a que xogaban, da diferencia co ensino actual... Aqui vos deixamos a interesante entrevista que este grupo de rapaces e rapazas fixeron e editaron. Grazas a Xesús pola súa disponibilidade e a aportación a este traballo.

                     


SOMOS: UNIDOS PARA CAMBIAR O MUNDO 

A unión fai a forza, e de momento, xa SOMOS máis de tres millóns de persoas dispostas a cambiar o mundo. Así nace SOMOS, unha iniciativa que agrupa a numerosas ONGs coa finalidade de fomentar a solidariedade na sociedade na que vivimos, e para recoñecer todo o que os colaboradores das ONGs fan día a día. O noso cole leva mostrando o seu compromiso coa solidariedade en diferentes proxectos, e neste día, venres 24 de xuño, queremos mostrar a todo o mundo que podemos dar a volta ás cousas. Deixamos a nosa testemuña a través dos retratos dos rapaces e rapazas e dos profes, que decidiron exhibir unha prenda de vestir ao revés, sumándose a este soño de cambiar o mundo e de dar  volta as cousas.

                       


INFORMATIVO TV "TESMOITALINGUA"

 Programa dos servizos informativos do canle "Tesmoitalingua" sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño.

                             


DE VERSO EN VERSO 

Como todos sabedes, este ano o Día das Letras Galegas achéganos a Roberto Vidal Bolaño. No noso cole quixemos homenaxear a esta figura central da literatura e do teatro galegos que destacou pola súa dramaturxia e pola súa implicación na profesionalización dun teatro propio e na lingua propia de Galicia, sen esquecernos de lembrar a tod@s eses xeniais escritores galegos que, “verso a verso”, exaltaron e levaron a nosa lingua por toda Galicia e máis aló das nosas fronteiras. Entre todos os niveis educativos do colexio realizamos unha escolma de poemas que ilustramos con diferentes técnicas, desde collage, ata debuxo, pasando polo deseño gráfico que fixeron os alumn@s da ESO. Con eles decoramos as portas das nosas aulas.Tamén realizamos murais e contos ilustrados. Felicitar a profe Chicha polo magnífico retrato que pintou de Roberto Vidal Bolaño e que ilustra, de xeito espléndido, toda a mostra de traballos realizados para conmemorar o Día das Letras Galegas no noso colexio. Aquí tedes o magnífico resultado!!!


                       


ENTREGA DE PREMIOS DA V EDICIÓN DO CONCURSO "O PREGUNTÓN” 2013


                        



OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º E 4º DE ESO DO NOSO CENTRO PARTICIPARON NO II ENCONTRO DE ALUMNOS DE MÚSICA DE GALICIA EN VILAGARCÍA


                         


VISITA DO ILUSTRADOR GRÁFICO ANTONIO SEIJAS AO NOSO COLE


                        


OS NENOS E NENAS DE PRIMARIA RECITAN AOS NOSOS POETAS   

             
  
 
IMAXINA CANTARES

 Coincidindo co Día de Rosalía e coa celebración do 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos o alumnado de infantil 5 anos presentouse ao concurso Imaxina Cantares!, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Así, os pequerrechos de infantil de 5 anos dirixidos polas súas profesoras, realizaron un mural sobre Rosalía e recitaron de forma explendida os seus poemas. Aquí tedes o fermoso resultado de tan bo traballo. En hora boa aos pequerrechos e a súa profe.

 

OBRADOIRO DE CANTO E BAILE A CARGO DE EMILIO MESÍAS FARÍAS 

O EDLG organizou un "Obradoiro de iniciación ao canto e o baile” impartido por Emilio Mesías. Mediante o baile os alumnos tomaron consciencia do espazo e das partes do seu corpo ademais de traballar e aprender cancións infantís con rítmicas sinxelas acompañadas de bailes, movementos e xogos. Desde aquí damos as grazas a Emilio pola colaboración desinteresada na realización deste obradoiro. Aquí tedes un pequeno vídeo do que foi a actividade.


 

DÍA DE ROSALÍA 2013

No noso centro os alumnos e alumnas da clase de 2ºA, dirixidos pola súa profe de lingua galega Luísa Corredoira e en colaboración co EDLG do centro, participaron na elaboración dun recitado de poemas de Rosalía. Aquí tedes ao alumnado de 2º recitando o poema “Un repoludo gaiteiro” do poemario “Cantares Gallegos”.

 

ENTROIDO 2013

  Colorido, desfiles, bailes e moita alegría é o que se vivíu no noso cole na celebración do Entroido 2013 para compensar o frío invernal que nos acompañou o venres 8 de febreiro. Polo cole pasaron os personaxes máis emblemáticos do cómic e dos debuxos animados como Zipi e Zape, Mortadelo e Filemón, Bop Sponxa, os Picapedra, entre outros...


O NACEMENTO DO DRAGÓN

Antano hai xa moito tempo nos días en que non existían os dragóns... Así comeza “O nacemento do dragón”, como esas historias que dan calor. Un conto que os rapaces e rapazas de 2º ESO B xunto cos de 4º ESO de plástica e música, lles contaron aos pequerrechos de infantil para conmemorar o Día da Paz e a non Violencia.  

 

VIDEOCONFERENCIA DA BAC "GABRIEL DE CASTILLA"

De novo, este curso, tivemos a oportunidade de conectarnos vía Skype coa base española Gabriel de Castilla, situada na Illa Decepción, na Antártida. Entre os científicos que traballan nesta estación española atópase Xavier Cristobo, un aresán que á parte de mergullarse nas xélidas augas polares, leva anos inmerso no mundo da investigación biolóxica, sendo na actualidade o director do Centro Oceanográfico de Xixón. Veciño e amigo aceptou, outro ano máis, a nosa petición para transportar a nosa lingua alén dos mares, e con grande simpatía e coñecemento,contestou cada unha das preguntas formuladas polos rapaces e rapazas do noso centro.


A QUE SABE A LÚA?

Como si de uns grandes contacontos se tratara, os alumnos de 3º da ESO (Laura, Judith, Sara, Ainhoa, Antonio, Felipe e Lucía) representaron para o alumnado de infantil unha adaptación do conto A QUE SABE A LÚA? de Kalandraca, no que un grupo de animais intentan chegar a lúa e  arrincar un chisquiño dela para saber a qué sabe. Despois de trepar uns enriba dos outros o ratiño consegue acadar un anaco e, sabedes a que lles soubo?. Pois sóubolles a aquilo que máis lles gustaba a cada un deles. A verdade é que os pequerrechos de infantil xa tiñan moi claro a que lles sabía a lúa, por unanimidade a lúa, para eles, sabe a queixo!!!.

 

ENCÁNTANOS CONTAR CONTOS!

Os rapaces de 3º de PDC, coa colaboración dalgúns alumnos de 3º B e 4º A, metéronse na pel dos personaxes dunha particular versión do conto da "Cincenta" -na que nin a protagonista nin o príncipe son o que parecen- e no pelo dos divertidos animais do conto "A casa da mosca chosca" -no que unha torta de amora fai estrago no bosque-. 
Era un teatro para os máis pequenos, pero non está moi claro quen o pasou mellor, se eles ou nós!"

               

 LETRAS GALEGAS 2012 
Co gallo do día das Letras Galegas un grupo de alumnas de 6º de primaria realizaron un video para darnos a coñecer a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Valentín Paz Andrade

                  

        DESDE  A ANTÁRTIDA PARA O CPI CONDE DE FENOSA
          
                          

No hay comentarios:

Publicar un comentario