A Henry encantábanlle os libros,
pero non como nos encantan a ti e a min, non. Non exactamente... a Henry
encantáballe comer libros!!!
Así comeza esta historia baseada
na metáfora alimentaria ou gastronómica sobre a lectura.
Dicía Paul Auster que "se os
seres humanos non puidesen soñar polas noites se volverían tolos; do mesmo
xeito, se a un neno non se lle permite entrar no mundo do imaxinario, nunca
chegará a asumir a realidade. A necesidade de relatos dun neno é tan
fundamental como a súa necesidade de comida e maniféstase do mesmo xeito que a
fame".
Os alumnos de 2º ESO e 4º ESO
(EPV) xunto coas súas profes e coa colaboración dos departamentos de música,
plástica, galego e o EDLG, decidimos dar vida a este conto de Oliver Jeffers e
realizamos unha adaptación do mesmo. Magoa que o final de curso veusenos enriba
e non puidemos representalo para todos os cursos de primaria. Pero non vos
preocupedes...ao comezo do próximo curso volveremos coas representacións para
que todos os nenos e nenas poidan gozar deste conto e dos fermosos debuxos que
realizaron as rapazas de plástica coa súa profe Marisa, así como a fermosa
interpretación musical preparada por Teresa cos alumnos/as de música.
Para que vaiades facendo boca, aquí vos deixamos un vídeo
cunha das representación feitas ao final de curso para os pequerrechos de
infantil. No vindeiro curso mais e mellor!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario