7/5/15

PREMIO ONCE

Dende o noso blogue quero felicitar aos meus alumnos de 5ºB de E.P polo primeiro premio acadado a nivel provincial no concurso da ONCE no que hai pouco participamos.O traballo consistía en elaborar unha noticia sobre as empresas solidarias.O lema "PERSOAS QUE PENSAN EN PERSOAS" Visitamos en Santiago unha lavandería ILUNION, alí todo foron atencións cara os nenos e eles mostraronse tamén moi interesados en todo o que Rafa( o director da empresa) lles dicia. Saliron de alí sabendo como as persoas con discapacidades poden levar a cabo o seu traballo coma todos nós.(Eles tiñan outra idea sobre a discapacidade) Tamén quero dar gracias a Yoli, que nos acompañou nesta viaxe e prestou en todo momento a sua colaboración. Agora o noso traballo vai a fase autonómica, pero nos xa nos sentimos gañadores,sexa cal sexa o seguinte paso.... NORABOA RAPACES !!!!!!!!
Aquí deixamos o traballo gañador. Esperamos que vos guste a todos!!!!!!!

1 comentario: