5/5/15

VIAXE A SANTIAGO DO 3º CICLO

Os alumnos do 3º ciclo,fixemos o 23 de abril unha viaxe educativa a Santiago. En primeiro lugar visitamos o CITIUS Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información e o CIQUSCentro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares .Quedamos todos entusiasmados facendo experimentos e aprendendo moitas cousas. Coido que a partires dese día todos pensamos ser "UN POUCO CIENTÏFICOS". Non poderíamos dicir o que máis nos gustou,porque non saberíamos que elexir. Queremos dar as grazas a toda esa xente que a o longo da mañá nos permitiú ver e experimentar tantas cousas...... GRAZAS! Deixamos aqui un bo recordo da nosa visita. Despois da visita da mañá, fumos xantar ao GAIÄS. Despois acompañados duns monitores e divididos en grupos fomos recorrendo o Camiño de Santiago, pois esa era a exposición que nos amosaron. Pareceunos moi interesante pois é algo moi cercano a nós.Xa ao final montamos uns recortables en cómic do camiño. É para despedida deslizámonos polos telladiños....... Pasámolo Xenial!!! Ainda que os pantalons sufriron un gran desgaste (Sabemos a que nos referimos). Tamén deixamos conta diso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario