23/2/15

DÍA DE ROSALÍA

A data de hoxe, 24 de febreiro (data de nacemento de Rosalía) está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no seu Calendario do Libro e da Lectura.
Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polas galegas e os galegos como a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas, pois asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta comunicación e entendemento permanente co seu pobo, ao se dirixir a el no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos.
No noso centro, os alumnos e alumnas de Terceiro de Primaria e 1º da ESO, recórdannos a Rosalía recitando os seus poemas e  facendo unha breve declaración co lema de “Eu son Rosalia...”, e así amosar as múltiples sensibilidades da autora.

Aquí vos deixamos o seu traballo.






Hoxe, no día de Rosalía os alumnos e alumnas de 3º de primaria visionaron, leron e comentaron as montaxes que eles e os compañeiros de 1º de ESO fixeron sobre esta autora.
Ao longo desta semana os videos estarán postos na biblioteca na hora do recreo.

Gracias Yoly.


2 comentarios:

  1. A verdade e que os nenos e nenas son uns fenómenos. Hai canteira e un futuro, como pensaba Rosalía.

    ResponderEliminar