11/4/15

PREMIO PARA O NOSO COLE AO CLIPMETRAXE MÁIS VOTADO

Onte venres, tivo lugar no salón de actos do centro Fonseca de A Coruña, a entrega de premios de carácter autonómico da VI Edición do Festival de Clipmetraxes “O teu punto de vista pode cambiar o mundo”. O xurado composto polo  historiador da arte e profesor José Eulogio Rouco Lamela, polo actor Paulo Gouveia Gaboco e pola profesora María del Mar  García Fernández, presidíu o acto no que recibimos o Premio ao  Clipmetraxe máis votado.

Recolleron o premio en representación de toda a clase de 4º de ESO, Noe, Cris, Raquel e Elisabeth. En hora boa a todos os alumnos/as que fixestes este estupendo traballo, a Luisa a profe de lingua de signos do noso cole por participar signando o noso traballo, e as nais e profes que nos acompañaron á Coruña. Grazas polo voso traballo e esforzó.












No hay comentarios:

Publicar un comentario