3/5/23

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO III CONCURSO DE ESCRITURA CREATIVA DE MICRORRELATOS

 A  Alianza Aresana acolleu o venres 28 de abril, o acto de entrega de premios do III Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos, organizado polo CPI as Mirandas e o Concello de Ares   que contou cun total de 106 participantes, divididos en dúas categorías, a de “Primaria” (4º, 5º e 6º) e a de “ESO”.

 👉Os gañadores nas respectivas modalidades foron Valeria Villares Otero con “A nena pantasma” e Leo de Navas Rodríguez con “A vida soñada”. Ambos recibiron o premio dunha tablet/ebook.

👉Tamén recibiron premios os segundos clasificados de cada categoría, neste caso un lote de libros. Así, Elia Toribio García con “A praia”, quedou finalista na modalidade “Primaria”; e Lucas Varela Rodríguez con “Rosalía, miña vida” recibiu o segundo premio na categoría de “ESO”.

 👉Ademais, houbo mencións especiais en cada categoría, que recibiron un diploma acreditativo. No caso da categoría de "Primaria" a mención foi para Hugo Martínez Cereijo con "A casa queimada"; e Larraitz Aranaga Carrasco con "A primeira man que sostivo a miña" na modalidade de "ESO".

👉Na valoración dos traballos os criterios do xurado foron, entre outros, a creatividade e orixinalidade da temática, a claridade da mensaxe e da estrutura, o ritmo xeral da historia ou os trazos estilísticos na escrita.

 👉O xurado extivo composto por Rosa Arnoso, profesora do CPI As Mirandas; Ariana Pena, especialista en pedagoxía terapéutica no CPI As Mirandas e Alma Barrón, edil de Cultura da localidade, ademais de Yolanda Castro, responsable do departamento de normalización linguística do CPI As Mirandas, en calidade de secretaria.

 A continuación podedes ler os relatos premiados:

III Concurso Microrrelatos. CPI as Mirandas by Yolanda Castro López on Scribd

No hay comentarios:

Publicar un comentario