O pasado venres 10 de novembro celebramos o Magosto e o Día do Peón no noso cole. O día amenceu nubrado e con chuviscas, pero iso non impediu que puidesemos gozar dunha bonita mañá xuntos.
Comezamos cunha serie de xogos para todo o alumnado nos que a castaña foi a protagonista. Fixemos procura de castañas, punterías, carreiras, puzles... pero principalmente gozamos cos nosos compañeiros e compañeiras neste día de celebración.
Posteriormente, para repoñer forzas, comimos castañas e preparamos os nosos peóns e bailaretes para conmemorar o “Día do Peón” xa que, como indica o noso refraneiro popular… “Polo San Martiño, peóns ao camiño”.
O alumnado tivo a oportunidade de facer bailar os seus peóns e bailaretes de todo tipo, realizados por eles mesmos coa axuda das súas titoras e titores.
Foi unha mañá chea de bos e bonitos momentos. No seguinte vídeo podedes ver algúns deles. Agardamos que vos guste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario