20/12/17
BO NADAL
Os alumnos do CPI As Mirandas deséxanvos un Bo Nadal en Lingua de Signos con esta canción de SES, titulada Tambores de mar. Felices Festas!!!
18/12/17
CANDO MARTIÑO TIVO GAÑAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS.
13/12/17
CURSO DE ROBÓTICA
Este curso, seguimos apostando pola formación en centros que levamos facendo dende hai un tempo a través do PFPP, que este ano adicamos a " Introducción á robótica en E.P. "
Ao longo deste curso recibiremos formación en construcción e programación de robots MBOT.
Tino Fernández Cueto, mestre do CIPF Ferrolterra deunos a primeira formación.
Estamos moi ilusionados con este novo proxecto!!!








ESCOLA DE XADREZ
ESTE CURSO QUIXEMOS POÑER EN MARCHA UNHA ESCOLA DE XADREZ PARA TODOS AQUELES NENOS E NENAS QUE NON SABEN XOGAR E QUE QUEREN APRENDER COS SEUS COMPAÑEIROS.
NO MES DE XANEIRO, COMEZARÁ O TORNEO.
MOITA SORTE A TODOS!!!!
27/11/17
ENTREGA DOS PREMIOS DO I CONCURSO DE FOTOGRAFIA XUVENIL CONCELLO DE ARES
Esta tarde na Biblioteca do Concello, Alma Barrón(concelleira de cultura) e José
Juan Vilar (concelleiro de servizos) fixeron entrega dos premios do I Concurso
de Fotografía Xuvenil.
As fotografías dos rapaces e rapazas gañadores son as que
ilustran o calendario do Concello para
este próximo ano 2018, e que foi presentado
neste acto.
Desde o CPI As Mirandas queremos dar a noraboa aos rapaces e
rapazas que presentaron as súas instantáneas ao concurso, fotografías que poderemos
ver todos no calendario deste ano.
20/11/17
O ÚLTIMO BALENEIRO
Hoxe, contamos coa visita de Miguel López Pérez , un veciño de Ares que é " o último baleneiro ".
Contounos moitas cousas interesantes, por exemplo como pescaban as baleas, como as transportában, diferencias entre un cachalote e unha balea, o que comen...
A verdade, foi un gran placer escoitalo, os alumnos e alumnas de 1º de E.P. quedaron abraiados.
Grazas Miguel.
10/11/17
RETRANSMITINDO O VINDEL
Alumnos galegos e portugueses realizarán o programa “ radiovisual ” RETRANSMITINDO O VINDEL con motivo do DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO e da presenza en Vigo do pergamiño de Martín Códax.
Ponte...nas ondas! retransmitirá a través do portal Web www.escolasnasondas.com a partir das 11.00 hs. un magazine audiovisual con persoas convidadas que abordarán diferentes aspectos das cantigas de amigo e do pergamiño Vindel.
Magosto 2017
Hoxe celebramos o Magosto no noso cole. As protagonistas foron sen dúbida as castañas.
Fixemos diferentes xogos:
Fixemos diferentes xogos:
- A Raia
- Rastaña
- De vaso en vaso
- Carreira de culleres
- Chapastaña
- Os transportistas
Pasámolo moi ben....
9/11/17
O alumnado de primaria rompe fronteiras cos Ghazafelhos
Hoxe rompemos fronteiras. Hoxe a Lúa baixou á Terra. Hoxe os
nenos e nenas emocionámonos unha vez máis cos Ghazafelhos. Grazas a todos eles
por darnos unha mellor visión do mundo.
Seguiremos en contacto coa Lúa...
8/11/17
ACTIVIDADE POLO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
O pasado 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas, e deseñamos unha actividade literaria: Son poeta porque me peta. Consistiu na elaboración colaborativa dun conto en verso onde quedou plasmada a inventiva de cada un. Aquí queda o resultado.
3/11/17
O TEMPO DA FIN DE SEMANA CON HUGO E UXÍA
Parece que volven as choivas!!!. Todas as novedades do tempo de cara a fin de semana contadas por Hugo e Uxía de 5º de primaria.
2/11/17
I PREMIO CIENCIA, ARTE E LITERATURA: AS EMOCIÓNS ENTRONCADAS.

Na primeira semana, o
departamento de Bioloxía-Xeoloxía proporciónalle ao seu alumnado 33 fotografías
das presentadas aos premios VII premio de
fotografía de la ciencia 2016, Wildlife
2017, Stunning science 2017, Best microscope photo of the year 2017, sen título
nin autor, xunto cun formulario para que os discentes de cada grupo seleccionen
as 7 fotografías que máis lles gustan.
A continuación, na materia de
Bioloxía-Xeoloxía, as 4 fotografías máis votadas por ese grupo distribúense en
subgrupos, para que cada subgrupo traballe cunha soa fotografía. Se houbera
empate en distintos cursos, priorízanse os niveis inferiores sobre os
superiores, para facilitarlles a análise das fotografías elixidas, debido ao
seu menor percorrido académico. Unha vez que cada subgrupo ten asignada unha
fotografía comeza a segunda fase.
Na segunda fase, cada estudante de cada
subgrupo achega un fragmento dun texto literario en prosa ou en verso,
seleccionado da Biblioteca Virtual de Galicia, que escollen na casa, para poñer
voz ás fotografías máis votadas da súa aula, tendo en conta o criterio Que emocións,
sentimentos che producen estas fotografías?.
Cada texto seleccionado irá cunha
xustificación do porqué se seleccionou ese texto. Logo, na materia de Lingua
Galega, os estudantes de cada subgrupo escollen so un texto, aquel que eles
consideren que mellor se adapta ao que lles transmite a fotografía.
Por último, na derradeira fase,
na semana da ciencia en galego, realizarase a exposición-concurso Ciencia, Arte
e Literatura: as emocións entroncadas.
Expoñeranse as 20 fotografías seleccionadas, co pé de foto que indica o
autor/a, título orixinal, premio fotográfico, texto literario escollido e
autores da selección. Ademais, proponse que na hora de
lectura do día 6 de novembro se lean eses textos e que algún membro dos grupos
xustifiquen a selección dese texto.
Un grupo de expertos (docentes
das áreas de Ciencia, Arte e Literatura) premiará as tres mellores asociación
de foto-texto seguindo os criterios que se enumeran nas bases do concurso.
Xurado: Departamento de
Matemáticas, Departamento de Física e Química, Departamento de Xeografía e
Historia, Departamento de Língua Castelá, Departamentos de Francés e Inglés e
Equipo de Dinamización Lingüística.
Agradecemos a colaboración da
Concellería de Educación do Concello de Ares. Posteriormente as fotografías
exhibiranse nos locais do Concello (Biblioteca, Casa da Xuventude...)
LOVA
Este foi o resultado dun traballo innovador que nos encheu de esperanza ao comprobar que hai moitas formas de ensinar e aprender distintas das tradicionais.
11/10/17
I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL DO CONCELLO DE ARES
O Concello de Ares a través da súa concellería de cultura
organiza o I Concurso de fotografía xuvenil do noso concello, do que sairán as
6 fotografías que se incorporarán ao calendario municipal do 2018 que se
distribúe entre toda a veciñanza e comarca.
O obxectivo deste concurso é convidar á xuventude a utilizar
a nosa contorna como contexto onde recoñecer a súa herdanza a través das imaxes,
despertanto a capacidade de observar
todo o que lles rodea e recoñecerse en pequenas historias e/ou paisaxes que
dean conta do seu vencellamento como memoria colectiva desta vila. En
concreto, invítase a fotografiar espazos, lugares, obxectos, actos e situacións
da nosa contorna que consideren parte da súa identidade.
Quen pode participar?: Xente nova de 8 a 18 anos empadroada
en Ares.
Cómo participar?:
Poderanse enviar un máximo de dúas fotografías en formato dixital e sen
retocar ao enderezo electrónico: concursofotografia@concellodeares.com.
Xunto ás fotografías remitirase o formulario de solicitude de participación e
de identificación das fotografías cubertos, asinados e escaneados.
Prazo de entrega: Dende o luns 16 de outubro ata o luns 6 de novembro ás 19.30 (ambos inclusive)
Prazo de entrega: Dende o luns 16 de outubro ata o luns 6 de novembro ás 19.30 (ambos inclusive)
De tódolos xeitos aquí deixamos as bases completas do
concurso.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!
4/10/17
Como identificar noticias falsas – IFLA
A IFLA (International Federation of Library Associations and
Institutions) publicou hai un tempo esta infografía na que se lembran algúns
aspectos a ter en conta á hora de valorar a información e a fiabilidade das noticias:
How To Spot Sake News
Traducida ao galego, lembrámola nestes comezos de curso como
unha ferramenta para a imprescindible alfabetización en información, na que
podemos ir introducindo ao alumnado desde ben pequenos, e aproveitando o
interese polos temas que xorden no medio ou no transcurso das investigacións
que realicen nas diferentes fases dos seus traballos. (Agradecemos a Manuel Iglesias Fernández a
tradución ao noso idioma).
2/10/17
PINOCCHIO SON EU
O venres 29 de
setembro os nenos e nenas de primeiro e segundo curso de educación primaria saímos de visita á Casa da Cultura de Pontedeume. Alí nos esperaban Nino "Pinocho" e os seus pais para amosarnos unha
marabillosa exposición educativa de arte.
Unha visita guiada onde nos permitiron experimentar grandes momentos da fantástica aventura de Carlo Collodi xunto coas
obras orixinais e interactivas realizadas en papel e cartón, pola artista Catarina Capim.
Pasámolo xenial!!
25/9/17
O NOSO EQUIPO DE COLABORADORES
E xa temos as fichaxes deste ano: un equipo de 27 colaboradores da biblioteca que comenzarán o seu labor o próximo luns 2 de maio. O mellor equipo do mundo.
21/9/17
ESTAMOS EMPEZANDO...
Xa queda pouco para que a nosa biblioteca abra as súas portas. Levamos toda a semana con sesións de formación dos colaboradores e xa contamos cun gran equipo de profesionais dos cursos de quinto e sexto. Ídevos preparando que a próxima semana abrimos. Seguiremos informando.
20/9/17
Aprender a pensar coa biblioteca escolar
A experiencia de Xosé Tomás como profesor de inglés no CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal), centro que conta cunha biblioteca moi activa, sen dúbida está detrás da amplitude de posibilidades que imaxina na súa recreación gráfica.
Atender a biblioteca escolar do centro supón, para comezar, o reto de deseñar un espazo no que poidan pasar cousas. Un espazo que acolla a todos e todas e que mesmo (como na ilustración de Xosé Tomás), teña a capacidade de "abducir" as persoas usuarias, de trasladalas a situacións gratas de aprendizaxe. Seleccionar os materiais, organizar os recursos, facilitar o seu uso e organizar as actividades para a biblioteca escolar son tamén actuacións que, segundo o enfoque e o criterio co que se realice, poden facilitar ou dificultar esas aprendizaxes posibles.
Unha biblioteca escolar actualizada no seu modelo, nos seus recursos e equipamentos, nas súas propostas; atendida con profesionalidade e integrada no día a día do centro educativo, supón unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico, a "aprender a pensar".
Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas. Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos para desenvolver o pensamento complexo. Aprender a pensar nas clases de filosofía, pero tamén fóra das aulas regladas, onde a vida flúe en todo o seu misterio. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir.
18/9/17
BENVIDOS AO NOVO CURSO 2017-2018
Xa estamos de volta!. A biblioteca de novo abre as súas
portas.
O verán rematou e queremos empezar o novo curso con alegría.
Aínda que seguro que moitos de vós non deixastes de ler nestas vacacións, animámosvos a visitar desde primeiros de outubro a nosa biblioteca escolar.
Temos moitos proxectos na cabeza para poder traballar ao longo do curso e para levalos a termo, contamos coma sempre coa vosa colaboración.
E sobre todo o noso obxectivo é VOLVER a ofrecerche recursos atractivos, maxia, misterio, animacións... posibilidade de elaborar proxectos,de documentarte,de ler e escribir,de coñecer escritores,de tomar prestados libros,de fomentar valores,de gozar e aprender co noso concurso “O Preguntón”... Alegría e diversión non che faltarán.
Achégache á nosa bibliotec@, nela atoparás un mundo de información e diversión.
27/6/17
Entrega de premios do I Concurso " Cantamos con las manos "
Como sabedes o noso cole presentouse ao I Concurso "Cantamos con las manos" convocado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galiza (FAXPG) quedou gañador do mesmo xunto aos centros de Cambre e Guntín. Parabens a todos e todas e en especial á nosa infatigable Luísa Lombardero por ser a alma mater deste proxecto.
O venres día 23 fixéromnos entrega do agasallo como gañadores.
Moitas Grazas a FAXPG.
O venres día 23 fixéromnos entrega do agasallo como gañadores.
Moitas Grazas a FAXPG.
22/6/17
SUXESTIONS DE LECTURA PARA O VERÁN, 2017
"Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro" Emily Dickinson.
14/6/17
E GAÑAMOS!!!!!!!!!
O vídeo que o noso cole presentou ao I Concurso "Cantamos con las manos" convocado pola Federación de
Asociacións de Persoas Xordas de Galiza (FAXPG) quedou gañador do mesmo xunto aos centros de Cambre e Guntín. Parabens a todos e todas e en especial á nosa infatigable Luísa Lombardero por ser a alma mater deste proxecto.
NO CPI AS MIRANDAS FESTEXAMOS O DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS QUE SE CELEBRA O 14 DE XUÑO
Hoxe 14 de xuño, queremos festexar o DÍA
NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS (LSE) e amosar a presenza
normalizada da LSE no ámbito educativo, en todos os niveis. Nel participan
alumnado xordo e ouvinte, profesorado, intérpretes e mediadores comunicativos
que forman parte dos centros educativos de Galicia.
E con motivo do Día
Nacional das Linguas de Signos Españolas, no noso cole participamos no concurso
"Cantamos con las manos" convocado pola Federación de Asociacións de
Persoas Xordas de Galiza (FAXPG). Grazas
a Luísa Lombardero, a nosa intérprete de signos, porque sen ela isto non sería posible.
Este foi o
resultado, esperamos que vos guste!!!
31/5/17
CANTOS DE CEGO
Os alumnos e alumnas de 2º de E.P. fixeron un Cántico " Cantos de Cego " enmarcado dentro do proxecto de aula sobre a Idade Media " Quen fomos, Quen somos e Quen seremos ", este foi o resultado
29/5/17
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA CARABELA
O ESCRITOR E CONTACONTOS IAGO LÓPEZ, FÍXONOS UN AGASALLO MOI ESPECIAL.
VEUNOS CONTAR O SEU CONTO "O COCIÑEIRO MARTIÑO"
MOITAS GRAZAS!!!
24/5/17
RECADACIÓN NO STAND DE UNHA CURA PARA ADRI
O noso centro recada 601,97 € no stand que montou na I Feira
Dende Ares Cara o Mundo para colaborar con #UnhacuraparaAdri .
Gracias á profe Vanesa por montar e organizar as actividades realizadas no stand e a todas as rapazas que estiveron durante toda a xornada atendendo a toda esa xente riquiña que quixo visitar o stand e colaborar coa causa.
Gracias a tod@s pola vosa solidariedade, sodes grandes!!!
23/5/17
A BRUXA DO PAÍS DAS FANTASÍAS
Este conto escribiuno o grupo de valores de 2ºA dun xeito moi curioso: nunha mesa colocamos unha serie de folios en branco numerados e puxemos música; mentres soaba a música bailamos ao redor da mesa e, cando paraba, faciamos puntiños. Así ata que xa tivemos suficientes puntos, momento no que pasamos a unilos; e, cando xa houbo liñas a bondo, pasamos a debuxar, cada un onde lle tocaba en cada volta continuando os debuxos dos demais. Finalmente, recollimos os folios, coloreamos e inventamos o noso conto. E este foi o resultado:
Powered by
Issuu
Publish for Free
ÉXITO DA I FEIRA DENDE ARES CARA AO MUNDO
Non podemos estar máis que
satisfeitos da xornada de hoxe na que se reflectiu o traballo colaborativo
realizado no noso cole durante este curso e que deu como resultado a I Feira
“Dende Ares cara ao mundo”.
Parabéns a toda a comunidade
educativa: a todos os profes de infantil, primaria e secundaria, a todo o
alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata os máis maiores, que
traballaron e colaboraron dunha maneira impecable, realizando unha gran labor
en cada un dos stands representados; ás profes de música e as titoras polas
actuacións musicais; aos que organizaron o stand de Unha cura para Adri que
,dito sea de paso, foi un acerto co apadriñamento de pingüins e o photocall dos
países; ao noso paisano Javier Cristobo que sempre está aí cando precisamos del
e que pasou a xornada con nós dando dúas estupendas charlas sobre a Antártida e
inaugurando a Feira xunto cos representantes do CEFORE e autoridades do
concello e asociacións de Ares; ao Concello e a ANPA pola súa inestinable
axuda; á dirección do centro por promover e apoiar todas as inciativas que se
están a levar a termo no noso centro e a todas as familias que hoxe nos
acompañaron nesta xornada.
Nas seguintes fotos tedes unha
pequena mostra do evento. En breve poderedes ver na páxina web do centro o
vídeo resumo da I Feira dende Ares cara ao mundo.
Grazas a todos por facer que a
xornada resultase todo un éxito.
21/5/17
ENTREGA DOS PREMIOS DO IV CONCURSO DE RELATO CURTO CONCELLO DE ARES
Relatos gañadores no IV concurso de relato curto Concello de
Ares.
CATEGORIA DE 3º E 4º ESO:
1º Verónica Rodríguez Martínez...........Ben sabe Rosa que con felicidade non se escribe.
CATEGORIA DE 1º E 2º ESO:
1º Blanca Gago Suárez............Unha panda na procura
2º Bruno Suárez Cuervo...........Unha viaxe en
globo
Mención especial...........Iker
Beceiro Torres...........En contra do mundo
Parabens a tod@s os premiados.
PREMENDO NO SEGUINTE ENLACE PODEDES LER OS RELATOS GAÑADORES.
http://www.concellodeares.com/archivos/convocatorias/premiados_relato_curto-2017.pdf17/5/17
8/5/17
LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES
Achéganse as
datas de conmemoración das nosas letras. Este ano o Día das Letras Galegas está
adicado a Carlos Casares.
Nos seguintes
enlaces podedes atopar diferentes
páxinas que dan a coñecer ao autor e nos ofrecen recursos para traballar nas
aulas.
- http://fundacioncarloscasares.org/recursos-didacticos/
- http://seminariogalan.org/
- http://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/equipos-dinamizacion/contido_0691.html
- http://seminariogalan.org/inicio/ver/333
E se queres coñecer
a súa obra infantil e xuvenil preme nas
seguintes imaxes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)