28/11/13

O CONTO DE MAHÁN VOA ÁS AULAS DE 2º DE PRIMARIA


Hoxe os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria xunto coas súas profes, Chicha e Lucía, visitaronnos no edificio de secundaria para coñecer ao noso amigo Mahán que, como xa sabedes, é o protagonista do conto “Mahán e a cadeira vermella”.  
Mahán, recórdanos e fainos reflexionar sobre a sorte que temos de poder vir á escola a aprender e que, non todos os nenos e nenas do mundo, teñen dereito á Educación Primaria Universal. Os peques de 2º estiveron moi atentos e moitos deles soltáronse a falar e a respostar as preguntas das rapazas de 3º ESO encargadas de contar o conto. Incluso fixemos unha rolda de "actuacións", dramatizando a actitude que temos na nosa escola, e a actitude que tería Mahán na súa escola, utilizando para isto unha cadeira vermella e unha cadeira verde. Aplaudimos, divertímonos, expresámonos e sensibilizámonos... sobre a grande importancia da educación. E xa como momento final, culminamos cun pequeno agasallo: unhas pegatinas que realizaron os maiores e unha pequena cadeira vermella que presidirá a aula dos máis peques para recordarnos, día tras día, o privilexio que temos de poder ir á escola, e reivindicando que este dereito o poidan ter, nun futuro, eses 61 millóns de nenos e nenas que aínda están na actualidade sen escolarizar en diferentes partes do mundo.

 A profe Chicha coa cadeira vermella que , de seguro, colocará nun lugar ben visible da aula.

                    

No hay comentarios:

Publicar un comentario