17/6/13

TEATRO

Durante estos días, temos a sorte de contar con un "grupo de teatro " formado polo alumnado de 2º  de E.P. que escribiron e  están a representar a obra " El Castillo Tikiwok". Fixéronnos pasar un rato moi entretido e divertido. As representacións están tendo un grandísimo éxito que non sería posible de non ser polo traballo, esforzo e entusiasmo de Meli e Lara.
Dende a Biblioteca dámosvos as gracias por poñer esta pinga de alegría no noso cole.




 Aquí vos deixamos unha montaxe dos preparativos e ensaios da obra de teatro, con música de Tamara Laurel " I Want You".
Disfrutádea.

2 comentarios:

  1. En hora boa a tod@s polo éxito da obra e por todo o traballo que estades a facer. Xenial!!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas a tod@s @s nen@s que participaron na obra de teatro, xa que facedes posible e dades sentido ao noso esforzo e traballo diario. Grazas a todos vós, as ensinanzas artísticas amosan unha vez máis a importancia da formación integral e o desenvolvemento persoal, xusto agora que estas materias veñen sendo marxinadas pola LOMCE.

    Grazas tamén a todo o profesorado e alumnado que con tanto entusiasmo recibiron esta proposta. Sodes un público estupendo!.

    Grazas tamén aos pais e nais que colaboraron de forma permanente con todo este tipo de manifestacións e que se entusiasman igual ou máis ca os propios nenos.

    Por penúltimo dar as grazas tamén ao equipo directivo do centro por facilitarnos os espazos e os tempos posibles para levar a cabo esta representación.

    E xa para rematar, agradecer a laboura de Conchi e Chicha como blogueras entusiastas e difusoras de toda a nosa andaina.


    VIVAN AS ENSINANZAS ARTÍSTICAS!!!!! :)

    VIVA A CREATIVIDADEEEEE!!!! :)

    ResponderEliminar