3/12/13

AS AULAS DE INFANTIL "A ", COÑECEN A MAHÁN

Hoxe as aulas dos pequerrechos de Infantil A, viñeron a facernos unha visita para coñecer ao noso amigo Mahán. Esta vez os/as encargados/as de adentrarnos  na historia de Mahán foron as alumnas e alumnos de 2º da ESO. Dicir que Lara e Sara estaban un pouco nervosas pola grande responsabilidade que tiñan: nada máis e nada menos que contarlles a historia aos pequerrechos. Pero desde aquí quero darlles a en hora boa polo ben que o fixeron, ademais, con un público tan espontaneo e agradecido, é todo moi doado. 
Grazas as profes que nos visitaron e aos pequerrechos por portarse tan ben e ser tan receptivos e faladores. E desde aquí queremos mandarlle un saúdo a Samuel que non poido estar con nós no contacontos, pero que o tivemos presente grazas ao insistente recordo da súa ausencia que tivo algun dos seus compañeiros. 
Samuel voltará ao cole despois de que se poña ben, xa que debe de estar un pouco "pachucho" , e iso é o que todos desexamos, pero Mahán recórdanos que hai moitos nenos e nenas no mundo que non teñen a posibilidade de ir ao colexio a aprender.  Así que desde aquí queremos reivindicar este dereito para todos os nenos e nenas do mundo.
Ao final todos levaron a pegatina que tan ben diseñou Paola Toribio de 2º da ESO e sacamos unha foto no mural que a Ana Martínez creou para o evento.
Aquí tedes unhas fotos da xornada.



No hay comentarios:

Publicar un comentario