Formaciónn de Usuarios
9/4/18
21/3/18
VII EDICIÓN DE "O PREGUNTÓN" METEOESCOLAS
Ola amigos e amigas
"preguntóns", xa estamos de novo co noso concurso estrela. Pero este
ano cunha temática superchula relacionada co Proxecto Meteoescolas, isto quere
dicir que as preguntas, adiviñas, enigmas que proporemos estarán ligadas a esta
temática.
E falando da temática, aquí vos presento á nosa mascota, un
polbiño moi galego que por certo, estamos a poñerlle nome. Para iso queremos
contar coa vosa colaboración. Que como o podedes facer?, pois moi sinxelo: na
entrada de primaria poderedes encontrar unha urna na que podedes deixar o nome
que vos gustaría para a nosa mascota. Tedes de prazo ata o venres 23 de marzo que é o Día Internacional da Metereoloxía. Logo
de entre todos os nomes propostos elixiremos tres e, a volta de vacacións de Semana Santa, poderedes votar o que máis vos guste deses
tres.
Tamén á volta das vacacións poderedes facer a vosa
inscrición no concurso. Ide buscando xa a vosa parella e o nome do voso grupo, xa que a data para inscribirvos remata o 6 de abril e o Preguntón comeza o 9 de abril. De tódolos xeitos aquí vos deixamos
as bases do concurso para que lles votedes unha ollada.
Vamos... animádevos a participar!!!!!. Xa comeza a conta
atrás......
12/3/18
REINVENTEMOS XUNT@S UNHA ESCOLA PARA TOD@S. 34 CONCURSO ESCOLAR ONCE
Baixo o lema “Reinventemos
xunt@s unha escola para tod@s” os alumnos e alumnas do CPI As Mirandas de
Ares e do CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, uniron esforzos para
elaborar e realizar unha serie de vídeos
para o Concurso Escolar Once. Con esta
proposta a Fundación ONCE pretende sensibilizar aos alumnos/as, pais e nais,
profesores e profesoras e a todo o resto da sociedade sobre a importancia de
crear unha escola na que todo o mundo teña un oco e un lugar, dunha forma
dinámica e en equipo, unindo as nosas forzas e ideas para construila xuntos.
Aquí podedes ver os videos realizados e presentados ao
concurso escolar. Parabéns aos rapaces e rapazas dos dous centros polos guións que realizaron.
1º ESO. CPI AS MIRANDAS
ESO. 2º A. CPI AS MIRANDAS
3º ESO. CPI AS MIRANDAS
1º ESO. CPI Plurilingüe Virxe da Cela
3º ESO CPI Plurilingüe Virxe da Cela
HOMENAXE AS MULLERES
Podedes ver a curta documental se premedes na seguinte imaxe ou no enlace que está debaixo
https://player.vimeo.com/video/248783285
Emotiva homenaxe ás mulleres, o que vivimos o venres 9 de marzo na proxección do documental “Marea de Mulleres”, audiovisual realizado polo alumnado de 4º de ESO do CPI As Mirandas no proxecto “Vidas Mariñeiras” que levamos a termo no primeiro trimestre.
Dentro das actividades que levamos a termo polo Día da Muller, as alumnas e alumnos do centro escolar en colaboración co Concello quixeron dedicarlle este acto. Só quero subliñar as verbas coas que remata o documental, escritas por Verónica de 4º ESO:
“Intemporais, como as ondas do mar que se moven coas mareas,en silencio, mais
sen perder forza, sen descanso e sen queixa, constantes, inesgotables e
experimentadas, agochando unha chea de ventos e correntes, as súas historias.
Moito cambiou dende que botaron a andar, pero o delas segue sendo o noso
ronsel, un camiño das mulleres e da terra, un camiño noso, no mar”.
“Dedicado a todas aquelas que co seu traballo
loitaron polos nosos dereitos e liberdades”.
Non quero rematar estas liñas sen dar a en hora boa a todas as alumnas e
alumnos de 4º polo seu incansable e bo traballo tanto na realización do
documental, como no acto. Impecables tod@s: dende as presentadoras, á lectora
do discurso, os músicos, as rapazas que acompañaron en todo momento ás mulleres homenaxeadas, a fotógrafa, o
realizador do vídeo...
Vídeo do acto
9/3/18
MULLERES QUE FIXERON HISTORIA
Despois do acto de mobilización pola rúa que realizamos
onte, seguimos conmemorando o Día da muller con diversas actividades entre as que
destaca a realización dos mini documentais titulados “Mulleres
que fixeron historia”. A través das
distintas materias os alumn@s investigaron a vida e obra de mulleres que despuntaron
en múltiples disciplinas e que en moitos casos o seu traballo nunca tivo o
recoñecemento que se merecía. Científicas, literatas, deportistas, artistas,
inventoras, matemáticas, aventureiras… aparecen nestes traballos audiovisuais
que realizaron os rapaces e rapazas dos cursos de ESO e 5º e 6º de primaria.
A través deles poderedes descubrir a fascinante vida desas
mulleres que a maioría das veces, tiveron que derrubar muros para chegar a
alcanzar as súas metas.
Traballo realizado polos alumnos/as de 1º ESO na materia de Lingua galega
Pioneiras galegas
Pioneiras galegas
Traballo realizado pol@s alumn@s de 6º A de primaria
Verónica Boquete, xogadora de fútbol
Traballo realizado pol@s alumn@s de 5º B de primaria
Sara Baras, bailaora
Traballo realizado pol@s alumn@s de 6º B de primaria
Amelia Earhart, aviadora
Traballo realizado pol@s alumn@s de 5º A de primaria
Chus Lago, alpinista
Traballo realizado pol@s alumn@s de 4º ESO B na materia de matemáticas.
Sophie Germain, matemática
ACTO NA RÚA POLO DÍA DA MULLER
A marcha rematou na praza da Constitución cun manifesto que realizaron os alumn@s do CPI As Mirandas e finalizamos cunha canción de SES, “Tempestades de sal”.
O longo desta semana iranse sucedendo diversos actos, tanto no centro educativo como no concello, entre os que destaca o venres 9 de marzo a "Homenaxe as mulleres" que os alumn@s de 4º ESO están a preparar, acto no que se proxectará o documental Marea de Mulleres, realizado por eles.
23/2/18
CELEBRANDO A ROSALÍA, 24 FEBREIRO 2018
O sábado 24 de febreiro lembramos a figura da nosa poeta
máis universal, Rosalía de Castro. Por iso, para expandir o poder da súa
palabra, o alumnado de 3º de ESO, vencellando lectura e competencia dixital,
realizou un pequeno vídeo coa lectura
dun texto de Ledicia Costas no que reivindica a Rosalía como a muller que,
adiantada ao seu tempo, mobiliza a nosa
conciencia colectiva, galega e universal, esa muller que fala tamén para a
mocidade do século XXI transmitíndonos a través da súa obra a rebeldía dos seus versos desde o presente.
Un homenaxe que pretende mostrar á muller, á
escritora, á irredutible, á voz que fascina coa súa luz por onde pasa e que
moitas veces está aínda por descubrir.
21/2/18
DÍA DA MULLER- COEDUCACIÓN - IGUALDADE
DÍA DA MULLER - COEDUCACIÓN - IGUALDADE
RECURSOS RECOMPILADOS POLA
BIBLIOTECA DO CEIP MESTRES GOLDAR
Relación de recursos para traballar a coeducación :
Actividades tic e recursos didácticos de primaria elaboradas por mestras y mestres do Claustro do CEIP SAN WALABONSO de Niebla (Huelva) para traballar a educación en valores:
Artigos, ligazóns, actividades..., para traballar nas aulas arredor desta data.
Procura do Tesouro: Día Internacional da Muller Traballadora, do Ceip Andrade
WEBQUEST: Mulleres na historia de Galicia, do Ceip Milladoiro- Malpica
WEBQUEST: Siguiendo el rastro de las mujeres elaborada por Irene González Mendizábal:
Ceip San Walabonso
CAZA DO TESOURO: Zenobia Camprubí, una mujer trabajadora. Coeducación e igualdade de xéneros, para 2º e 3º ciclo de Primaria
Contos:
Webquest (1º ciclo de Primaria):
LIBROS COEDUCATIVOS:
- Bibliografía comentada de 20 libros coeducativos escritos en galego e publicados desde 2005 (Elaborada por Montserrat Pena Presas).
UNIDADES DIDÁCTICAS:
|
20/2/18
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Hoxe estreamos unha nova actividade na nosa biblioteca. Os APADRIÑAMENTOS LECTORES.
O alumnado de primaria apadriñou aos pequerrechos de infantil e léronlles contos.
A actividade resultou xenial!!! Tanto os grandes coma os pequerrechos, marcharon con ganas de volver.
Sen dúbida, repetiremos a experiencia.
O alumnado de primaria apadriñou aos pequerrechos de infantil e léronlles contos.
A actividade resultou xenial!!! Tanto os grandes coma os pequerrechos, marcharon con ganas de volver.
Sen dúbida, repetiremos a experiencia.
19/2/18
6/2/18
NOVA EDICIÓN DO FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI
Ábrese o prazo para participar en Olloboi!
Desde hoxe e ata o 30 de abril alumnado e profesorado pode inscribir as súas curtas escolares en Olloboi.com. Estreamos páxina web e nela atópase, ademais do formulario e bases desta edición, as curtas gañadoras de cursos pasados e interesantes recursos para elaborar unha peza (actividades e charlas con profesionais en Aprendo con Olloboi, das que avanzamos unha pequena píldora co Olloconsello de Miguel de Lira).
Hai recoñecemento á mellor curta de Infantil e Primaria (categoría Peque), e á mellor de Ensino Superior (Plus18). Ademais, o noso Xurado outorgará premios á mellor montaxe, interpretación, fotografía, guión, son e arte.
A entrega de premios terá lugar o venres 11 de maio dentro dos actos do Encontro Olloboi. Inscríbete xa na nosa web!
Enviaremos máis información sobre o Encontro en vindeiras comunicacións.
Así que... a divertirse, crear e compartir!
1/2/18
DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA NO CPI AS MIRANDAS
No Día escolar da Paz e a Non Violencia, recordamos no noso
centro educativo que a paz non é soamente a ausencia de guerra. A paz resulta
da xustiza e a participación activa de todos os cidadáns e cidadás.
Nesta xornada que
estamos a conmemorar lembramos que a paz baséase no principio de que todos –sen distinción de raza, ideoloxía,
nacionalidade, lingua ou relixión- somos iguais, cidadáns da mesma terra e en
consecuencia estamos e sentimos a chamada a ser máis humanos, a vivir a non-violencia e a traballar pola paz.
E para expresar ese desexo de paz os nenos e nenas de diferentes cursos en representación de todos, mostraron o noso
compromiso pola paz coa lectura de diversos poemas.
Para finalizar o acto Uxía, de 3º da ESO, en representación
de toda a comunidade educativa leu o
manifesto pola paz do
noso cole.
Rematamos cantando xuntos a canción “Color Esperanza” que
foi interpretada tamén en lingua de signos polas nenas e nenos do cole.
Aquí vos deixamos un vídeo da xornada.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















