1/2/18

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA NO CPI AS MIRANDAS

No Día escolar da Paz e a Non Violencia, recordamos no noso centro educativo que a paz non é soamente a ausencia de guerra. A paz resulta da xustiza e a participación activa de todos os cidadáns e cidadás.
Nesta  xornada que estamos a conmemorar lembramos que a paz baséase no principio de que todos  –sen distinción de raza, ideoloxía, nacionalidade, lingua ou relixión- somos iguais, cidadáns da mesma terra e en consecuencia estamos e sentimos a chamada a ser máis humanos, a vivir  a non-violencia e a traballar pola paz.
E para expresar ese desexo de paz  os nenos e nenas de diferentes cursos  en representación de todos, mostraron o noso compromiso pola paz coa lectura de diversos poemas.
Para finalizar o acto Uxía, de 3º da ESO, en representación de toda a  comunidade educativa  leu  o  manifesto  pola paz  do  noso cole.

Rematamos cantando xuntos a canción “Color Esperanza” que foi interpretada tamén en lingua de signos polas nenas e nenos do cole.

Aquí vos deixamos un vídeo da xornada.


        

No hay comentarios:

Publicar un comentario