21/3/18

VII EDICIÓN DE "O PREGUNTÓN" METEOESCOLAS


 Ola amigos e amigas "preguntóns", xa estamos de novo co noso concurso estrela. Pero este ano cunha temática superchula relacionada co Proxecto Meteoescolas, isto quere dicir que as preguntas, adiviñas, enigmas que proporemos estarán ligadas a esta temática.

E falando da temática, aquí vos presento á nosa mascota, un polbiño moi galego que por certo, estamos a poñerlle nome. Para iso queremos contar coa vosa colaboración. Que como o podedes facer?, pois moi sinxelo: na entrada de primaria poderedes encontrar unha urna na que podedes deixar o nome que vos gustaría para a nosa mascota. Tedes de prazo ata o venres 23 de marzo que é o Día Internacional da Metereoloxía. Logo  de entre todos os nomes propostos elixiremos tres e,  a volta de vacacións de Semana Santa,  poderedes votar o que máis vos guste deses tres.
Tamén á volta das vacacións poderedes facer a vosa inscrición no concurso. Ide buscando xa a vosa parella e o nome do voso grupo, xa que a data para inscribirvos remata o 6 de abril e o Preguntón comeza o 9 de abril. De tódolos xeitos aquí vos deixamos as bases do concurso para que lles votedes unha ollada.

Vamos... animádevos a participar!!!!!. Xa comeza a conta atrás......



No hay comentarios:

Publicar un comentario