Desde o CPI “Conde de Fenosa” agradecemos a todo o alumnado
a participación na carreira “Quilómetros de Solidariedade” e por suposto, a
nosa atleta Paula Mayobre por apoiar esta causa e compartir con nós esta
xornada. Grazas tamén a todos os país e nais que apoiaron aos nosos corredores
solidarios en todas as categorías (infantil, primaria e secundaria) e grazas
tamén pola vosa aportación que irá a parar a través de Save the Children aos
programas de desenvolvemento e emerxencia que esta ONG leva a termo para
combater a desnutrición infantil nos países máis empobrecidos.
Agradecemento tamén para os nosos patrocinadores Floristería
Real, e Frutería Mary polas súas achegas, e por suposto á policía local e
protección civil do noso concello.
Noraboa a tod@s e grazas pola vosa implicación e
solidariedade.
Durante os recreos desta semana alumnas de 6º e 2º de primaria, representaron unha obra de teatro ná biblioteca carabela. Dámoslles as gracias dende aquí pois levan varias semanas ensaiando no seu tempo libre, e dámoslle tamen as gracias á profe Lara por adicarnos o seu tempo na preparación da obra. "Susana ojos negros" trata de dúas nenas que non falan o mesmo idioma pero ainda así conseguen ser amigas.
A biblioteca Carabela e o Equipo de Dinamización Lingüística do noso cole, xunto ás súas coordinadoras e as nosas mascotas Carabela e Lareto, desexan a toda a comunidade educativa un Feliz Nadal e próspero ano 2016!!!.
No día internacional das persoas con discapacidade, Luisa a nosa interprete de LSE, preparou unha canción de Chayanne "Madre Tierra" para conmemorar este día co alumnado de 2º de E.P.
Esperamos que vos guste.
Hoxe 10 de decembro celébrase o Día dos Dereitos Humanos, e para conmemorar
esta data tan importante os alumnos e alumnas da ESO realizaron unha actividade
de contacontos para os pequerrechos de infantil. Decir que este contacontos
retomarase á volta das vacacións para que todos os alumnos de primaria poidan
gozar desta historia que tan ben ilustraron, escribiron e contaron as
alumnas de 4º da ESO. (Ana Martínez, Mayolla Martínez, Paola Toribio, Alba
Teijeiro e Lara Rey)
A través do conto “Antón, o neno que
non quería ir á escola”, descubrimos
á importancia da educación, o que supón non saber ler nin escribir e a sorte
que temos de poder ter uns mestres e mestras que nos ensinan tantas cousas.
Tamén nos axuda a comprender que debemos aproveitar a oportunidade que temos de ir á
escola e esforzarnos por aprender para ter un futuro mellor, non como Antón, o
protagonista do noso conto, que non tiña ningún interese en aprender ata que
descubríu o importante que era saber ler.
Hoxe en día a pesar de que o dereito á
educación está ampliamente recoñecido en numerosas Convencións e
Tratados Internacionais, hay 57 millóns de nenos e nenas en todo o mundo que non van á escola
e outros tantos reciben unha educación
discontinua ou deficiente.
Nós temos garantido este dereito, en outros países non o teñen.
Aproveitemos a oportunidade que temos de poder aprender e denunciemos ao mesmo tempo o incumplimento do Dereito á
Educación que se está a dar en tantas partes do mundo.
A EDUCACIÓN CAMBIA O
MUNDO!!!
POLO DEREITO Á EDUCACIÓN DE
TODOS OS NENOS E NENAS DO MUNDO
Grazas aos nenos e nenas de infantil que estiveron tan atentos coma sempre e que se foron super contentos co agasallo que levaron cada un deles: un precioso lápiz que os axudará no seu proceso de aprendizaxe.
Neste primeiro trimestre do ano hai dúas datas de suma
importancia nas que se conmemoran, por un lado “O Día dos dereitos dos
nenos” (20 de novembro) e por outro, o “Día dos Dereitos Humanos” (10
decembro). Por iso o alumnado da ESO convida a todos os nenos e nenas de Educación Primaria e Infantil á
representación do conto “Antón: o neno que non quería ir á escola”.
O conto ilustrado integramente por Ana Martínez Fernández
coa colaboración de Paola Toribio e adaptado ao galego por Mayolla Martínez Dragó é unha historia para
reflexionar sobre a importancia da educación. Este dereito é un dereito fundamental que
todos os nenos e nenas do mundo deben ter, xa que lles permite adquirir
coñecementos e alcanzar así unha vida social plena. Ademais o dereito á
educación é vital para o desenvolvemento económico, social e cultural de todas
as sociedades. Sen embargo continúa sendo inaccesible para milleiros de nenos e
nenas do mundo.
A través do conto de Antón descubriredes á importancia deste
dereito: un dereito fundamental e universal.
Esperámosvos!!!
As sesións realizaranse na sala de usos múltiples de
secundaria.
Organizan e colaboran: Departamento de EDLG, Departamento de
Reli, Departamento de Lingua Galega.
Hoxe queremos compartir con vós o trailer do documental A Palabra Xusta. Unha película na que
Antía Cal fai unha defensa apaixoada do oficio de mestre. Nas palabras desta
muller de 92 anos está a sabedoría dos que se enfrontan todos os días á
educación e á formación dos nenos e mozos.