10/12/15

SESIÓN DE CONTACONTOS NO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Hoxe 10 de decembro celébrase o Día dos Dereitos Humanos, e para conmemorar esta data tan importante os alumnos e alumnas da ESO realizaron unha actividade de contacontos para os pequerrechos de infantil. Decir que este contacontos retomarase á volta das vacacións para que todos os alumnos de primaria poidan gozar desta historia que tan ben ilustraron, escribiron e contaron as alumnas de 4º da ESO. (Ana Martínez, Mayolla Martínez, Paola Toribio, Alba Teijeiro e Lara Rey)
A través do conto “Antón, o neno que non quería ir á escola”, descubrimos á importancia da educación, o que supón non saber ler nin escribir e a sorte que temos de poder ter uns mestres e mestras que nos ensinan tantas cousas. 
Tamén nos axuda a comprender que debemos  aproveitar a oportunidade que temos de ir á escola e esforzarnos por aprender para ter un futuro mellor, non como Antón, o protagonista do noso conto, que non tiña ningún interese en aprender ata que descubríu o importante que era saber ler.

Hoxe en día a pesar de que o dereito á  educación está ampliamente recoñecido en numerosas Convencións e Tratados Internacionais, hay 57 millóns de nenos  e nenas en todo o mundo que non van á escola e outros  tantos reciben unha educación discontinua ou deficiente.
Nós temos garantido este dereito, en outros países non o teñen. Aproveitemos a oportunidade que temos de poder aprender e denunciemos  ao mesmo tempo o incumplimento do Dereito á Educación que se está a dar en tantas partes do mundo.

A EDUCACIÓN CAMBIA O MUNDO!!!

POLO DEREITO Á EDUCACIÓN DE TODOS OS NENOS E NENAS DO MUNDO

Grazas aos nenos e nenas de infantil que estiveron tan atentos coma sempre e que se foron super contentos co agasallo que levaron cada un deles: un precioso lápiz que os axudará no seu proceso de aprendizaxe.

Aquí vos deixamos o conto de Antón. 


       


        

No hay comentarios:

Publicar un comentario