2/12/15

SESIÓN DE CONTACONTOS PARA CONMEMORAR OS DÍAS DOS DEREITOS HUMANOS E DEREITOS DOS NENOS.

Neste primeiro trimestre do ano hai dúas datas de suma importancia nas que se conmemoran, por un lado “O Día dos dereitos dos nenos” (20 de novembro) e por outro, o “Día dos Dereitos Humanos” (10 decembro).  Por iso o alumnado da ESO convida a todos os nenos e nenas de Educación Primaria e Infantil á representación do conto “Antón: o neno que non quería ir á escola”.
O conto ilustrado integramente por Ana Martínez Fernández coa colaboración de Paola Toribio e adaptado ao galego por  Mayolla Martínez Dragó é unha historia para reflexionar sobre a importancia da educación.  Este dereito é un dereito fundamental que todos os nenos e nenas do mundo deben ter, xa que lles permite adquirir coñecementos e alcanzar así unha vida social plena. Ademais o dereito á educación é vital para o desenvolvemento económico, social e cultural de todas as sociedades. Sen embargo continúa sendo inaccesible para milleiros de nenos e nenas do mundo.

A través do conto de Antón descubriredes á importancia deste dereito: un dereito fundamental e universal.                                   
                                                                     Esperámosvos!!!
              
As sesións realizaranse na sala de usos múltiples de secundaria.

Organizan e colaboran: Departamento de EDLG, Departamento de Reli, Departamento de Lingua Galega.



No hay comentarios:

Publicar un comentario