19/1/15

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Achegámonos a unha nova edición do Día Escolar da Non violencia e a Paz (DENYP), na súa denominación completa e tal como a acuñou Llorenç Vidal, alá a mediados dos anos 60, en coincidencia co aniversario da morte violenta de Mahatma Gandhi, un 30 de Xaneiro de 1948.

Ademais de celebrar o Día Escolar pola Paz cada 30 de Xaneiro, cousa que debemos facer, sería mellor (e desde logo máis efectivo) celebrar a paz de todos os días e preguntármonos e interpelar ao alumnado sobre onde está a paz,  e en que lugar debemos buscala. Porque non está, como adoitamos crer, fóra de nós, nos grandes líderes mundiais, nas mans de cores que estampamos en muros e corredores, nin tampouco nas pombas que soltamos ou nos paneis que debuxamos, como ás veces cre o noso alumnado, senón que debemos aprender a escoitar a voz da nosa propia conciencia (Jonan Fernández), dentro do noso corazón. Desde aí é desde onde construímos a paz, cada día, con nós mesmos e cos demais. Tal e como dicía maxistralmente o propio Mahatma Gandhi: "Os únicos demos que existen no mundo aniñan dentro  do noso propio corazón".

Intentemos pois construíla e celebrar a paz de todos os días, a convivencia, compartir vivencias xuntos, para que o 30 de Xaneiro, non se converta nunha rutina, para que a paz sexa algo máis que un conto de pombas e globos, flor dun día, cada ano, por moi brillante que sexa.


            

13/1/15

MAIS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

‘ÍCARO’, DE FEDERICO DELICADO, OBRA GANADORA DEL VII PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA "Ícaro", de Federico Delicado, VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. EL ILUSTRADOR FEDERICO DELICADO GANA EL VII PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO POR LA OBRA TITULADA “ÍCARO” El álbum “Sonho com asas”, de las portuguesas Fátima Afonso y Maria Teresa Martinho Marques, ha sido finalista La obra titulada “Ícaro”, del ilustrador Federico Delicado, ha sido distinguida con el VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, dotado con 9.000 euros y su publicación en las cinco lenguas peninsulares el próximo mes de octubre. Se trata de un texto “muy contemporáneo”, según el jurado, que lo ha definido como un trabajo “para pensar y sentir” por su capacidad para “despertar las conciencias, siendo provocador y esperanzador a la vez”. El jurado del certamen también ha destacado de la obra ganadora su “perfecta simbiosis entre texto e ilustración, que se complementan mutuamente y ofrecen múltiples lecturas”. De “Ícaro” han valorado igualmente que “no deja indiferente a nadie”, haciendo “dudar” a los lectores sobre “dónde comienza la realidad y dónde termina la fantasía”.

«Ovella descarreirada»
 Tras a nova novela de Ameixeiras e o segundo volume da Historia da Literatura Galega de Pena, chegou onte Ovella descarreirada, o libro de poemas de Marilar Aleixandre ilustrado por Óscar Villán. Un libro que contén trinta e tres poemas, que carecen de puntos e comas, definidos pola súa autora como «coágulos de fala». Incluído na colección Milmanda, un caixón de xastre onde incluímos títulos que cremos contribúen á formación do lector literario, a maioría destes poemas de Marilar naceron coa vontade de ser cantados, outros de ser representados na escena ou xogados na aula, e todos eles para ser lidos, pronunciados gorentosamente para celebrar a festa da fala nosa. Polbos, fanecas, baleas, abellas, ovellas, curuxas, ourizos e outra animalia protagonizan este libro que arrecende a maruxía e chorimas esfragándose en primavera. Óscar Villán realizou outro dos seus grandes traballos. Aventuro que algunhas das súas planas formarán parte de antoloxías futuras da ilustración galega.

23/12/14

BO NADAL. 3º CICLO:COLABORADORES DA BIBLIOTECA

Os nenos do 3º ciclo, colaboradores da biblioteca escolar, queren desexar un Bo Nadal coas tarxetas elaboradas cos seúa traballos de plástica.

9/12/14

PROXECTOS AUDIOVISUAIS DOS RAPACES DE TERCEIRO CICLO.

Este curso contamos con novo alumnado colaborador da biblioteca con moitísimas ganas de traballar.
Decidimos entre todos que ao longo do curso poden facer traballos audiovisuais relacionados con temas e proxectos que se levan a cabo no centro. 
Comezamos co Sistema Solar, un dos temas de inicio na materia de coñecemento do medio en segundo e terceiro ciclo de E.P.

22/11/14

CELEBRACIÓN DO DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro celebrouse en todo o mundo o “Día Internacional dos Dereitos da Infancia” e para conmemorar esta data o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO estiveron preparando durante varias semanas unha actividade para os nenos e nenas de infantil e primaria. A actividade consistíu na maquetación e representación do conto “Na procura dun mundo maravilloso”, no que un grupiño de nenos e nenas liderados por Liberdade embárcanse nunha viaxe por un camiño longo e verde na procura dun mundo mais humano e mellor.
Os nosos contacontos foron en distintas sesións, Andrea e Begoña (4º ESO), Marta ,Fran, Fátima e Ana (2º ESO) e Ana Martínez, Antonio, Paola e Mayolla (3º ESO). Todos e cada un deles mostráronnos as súas dotes interpretativas e o seu dominio á hora de contar historias. E non só iso, tamén nos demostraron, como veredes no video pendurado mais abaixo, as súas capacidades musicais facendo unha pequeña coreografía para bailar cos pequenos a “Canción dos Dereitos”.
Logo do conto os rapaces e rapazas de primaria participaron na actividade do "Pasapalabra dun mundo marabilloso” como complemento á sesión do contacontos. Utilizando as letras do abecedario os nenos e nenas demostraron a atención prestada durante a sesión, así como os seus coñecementos no campo da educación para o desenvolvemento. 
Se queredes volver a facelo cos vosos amigos aquí vos deixamos pendurado mais abaixo o "Pasapalabra", pero... acordádevos de ler primeiro o conto de “Na procura dun mundo maravilloso”.

E como broche final todos os nenos/as foron agasallados cuns marcapáxinas feitos polos rapaces da ESO e que ilustran os dereitos que todos os nenos e nenas deben ter.
En hora boa a todos os alumnos/as que preparáchedes esta actividade xa fora na montaxe do conto, recortando os marcapáxinas, elaborando o pasapalabra ou narrando esta historia marabillosa. Parabéns  por facelo tan ben e demostrar as vosas capacidades creativas e felicitar tamén de modo especial  a Ana Martínez  (3º ESO) que unha vez mais demostrou as súas dotes de ilustradora creando e debuxando os personaxes do conto.
E non nos esquecemos por suposto de felicitar aos nenos e nenas de infantil e primaria que estiveron moi atentos e participativos en cada unha das sesións. En hora boa a tod@s.


Esta actividade está organizada polo Departamento de Reli, o EDLG e a Biblioteca escolar. O EDLG quere a través dela potenciar o uso da lingua galega, tanto de maneira escrita como oral, e ofrecernos o lugar perfecto para mergullarnos no mundo das historias.









 






                  
                        Xogo pasapapalabra conto dereitos from Yolanda Castro López

17/11/14

MALETA VIAXEIRA DE MATEMÁTICAS

 A chegada aos centros do cartel co lema BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO! é unha contribución da consellería á visibilización das múltiples posibilidades da biblioteca ao servizo do currículo e, tamén, da súa potencialidade para espertar o gusto polas matemáticas. A nosa biblioteca escolar bota a andar un proxecto anual ben interesante, as MALETAS VIAXEIRAS DE MATEMÁTICAS para primaria. Percorrerán todas as aulas de primaria e permanecerán en cada unha de dúas a tres semanas.
 Aquí vos deixo o material que contén. 

15/11/14

NA PROCURA DUN MUNDO MARABILLOSO


Liberdade vivía nun país no que  todos os nenos e nenas ían ao colexio e non lles faltaba de nada, pero os seus pais e nais estaban todo o día traballando e non tiñan tempo para estar con eles, así que ela  pasaba todo o día soa. Por iso un día a nosa amiga colleu a súa mochila e púxose a recorrer un camiño longo e verde na procura dun mundo mellor.
Queredes saber como remata a historia?. Pois convidámosvos a asistir ás sesións de contacontos na que o alumnado da ESO narrará a súa aventura.
A convocatoria será na Aula de Usos Múltiples a vindeira semana, como unha actividade para conmemorar o Día dos Dereitos dos Nen@s.  
Esperámosvos!!!

Esta é unha proposta do Equipo de Dinamización Lingüística, o Departamento de Relixión e a Biblioteca Escolar.

7/11/14

MAGOSTO 2014

E CHEGOU O DÍA DA CELEBRACIÓN DO MACOSTO, COMEMOS CASTAÑAS, CANTAMOS, BAILAMOS....PASAMOS UN BO RATO TODOS XUNTOS.






5/11/14

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO.



Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.  

1/11/14

SAMAÍN-2014

O xoves 30 de outubro celebramos a festa do Samaín no noso cole. Todos os ciclos traballamos moito . Deixámosvos aquí un bo exemplo diso.