
Ademais de celebrar o Día Escolar pola Paz cada 30 de
Xaneiro, cousa que debemos facer, sería mellor (e desde logo máis efectivo)
celebrar a paz de todos os días e preguntármonos e interpelar ao alumnado sobre
onde está a paz, e en que lugar debemos buscala.
Porque non está, como adoitamos crer, fóra de nós, nos grandes líderes
mundiais, nas mans de cores que estampamos en muros e corredores, nin tampouco nas pombas que soltamos ou nos paneis que debuxamos, como ás veces cre o
noso alumnado, senón que debemos aprender a escoitar a voz da nosa propia
conciencia (Jonan Fernández), dentro do noso corazón. Desde aí é desde onde
construímos a paz, cada día, con nós mesmos e cos demais. Tal e como dicía
maxistralmente o propio Mahatma Gandhi: "Os únicos demos que existen no
mundo aniñan dentro do noso propio corazón".
Intentemos pois construíla e celebrar a paz de todos os
días, a convivencia, compartir vivencias xuntos, para que o 30 de Xaneiro, non
se converta nunha rutina, para que a paz sexa algo máis que un conto de pombas
e globos, flor dun día, cada ano, por moi brillante que sexa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario