17/12/24
AQUÍ CHEGAN! XA ESTÁN AQUÍ!
11/11/24
Magosto 2024
Hoxe San Martiño foi o día elexido para celebrar entre todos o Magosto. Este curso acercámonos ao parque para desfrutar de xogos e castañas, ahí vai unha mostra.
CONCURSO DECORACIÓN DE PORTAS NO SAMAÍN
Este ano organizamos un concurso de portas polo samaín.
A máis tradicional, a máis orixinal e a máis terrorífica.
Os gañadores en E.I. e E.P. foron:
As aulas de 4 anos, a máis tradicional
3º A a máis orixinal
6º B a máis terrorífica
Gracias a todos por participar.
LECTURAS DE MEDO NO SAMAÍN
Este curso para celebrar o Samaín organizamos unhas lecturas de medo nos recreos.
Os colaboradores de biblioteca escolleron os libros que máis medo lles daba e leron aos máis pequenos.
Tamén fixemos unha exposición TERRORÍFICA.
6/10/24
XA ESTÁ AQUÍ A VIII EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES
Xa temos aquí a VIII Edición do Concurso de Fotografía Xuvenil que o Concello de Ares en colaboración tamén co noso cole organiza cada ano. Como sabedes, deste concurso sairán as fotografías que se incorporarán ao calendario municipal do ano 2025 e que se distribúe entre toda a veciñanza e comarca.
A que che gustaría que a túa fotografía formase parte do calendario deste ano?. Pois xa sabes o que tes que facer, colle o teu móbil ou cámara de fotos e anímate a fotografiar espazos, lugares, obxectos, actos ou situacións da nosa contorna que consideres parte da túa, da nosa identidade.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!
15/9/24
12/9/24
23/6/24
¡LOS UNIVERSOS PARALELOS!
Este curso, o grupo de 4°B de primaria de proxecto competencial adicou esta materia á edición de vídeos. Aprenderon a manexar "Canva" e elaboraron o guión dunha historia moi entretida. A partir de aí, escribir, disfrazarse, sacar fotos, editalas, grabar audios e, finalmente, montar todo en "Filmora". Pero o que máis aprenderon foi a traballar en equipo, e vaia equipo! Hai algún falliño que cun pouco máis de tempo amañariase sen problema, pero hai que ter en conta que, menos axustar os audios, fixérono todo eles, e estamos moi orgullosos do resultado. Esperamos que vos guste!
19/6/24
XA ESTÁN AQUÍ AS SUXESTIÓNS DE LECTURA DO VERÁN 2024
23/5/24
CONTACONTOS EN INGLÉS
CONTACONTOS
23/4/24
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
Aínda que ao principio comezouse celebrando a
súa figura na data do seu nacemento, os bailes de datas típicos dos doctos
investigadores que poñían en dúbida que fose o 7 de outubro (esa fora a data
orixinal), sumado ao mal tempo de comezos de outubro, fixo que a data se pasase
ao 23 de abril, pois unha coincidencia astral fixo que coincidisen nese día a
morte do xenial Cervantes coa do non menos xenial Shakespeare.
As datas bailan, os libros, no formato que
sexa, permanecen. Nos nosos andeis e nas nosas cabeciñas. Axúdannos a
moldearnos como persoas. Axúdannos a ser.
Por iso, na lingua que sexa, no idioma que sexa, le! ¡Lee! Lis ! читай! Read! Leggi!
Cantos máis, mellor. En cantas máis linguas ou
fagas, aínda mellor.
Serás quen de pensar criticamente, de non ser
enganado, de sentir, de rir, de chorar, de ter ganas de ser máis ti, de ter
unha voz, de reflexionar e de ter ou teu espazo.
Todo para ti. Todo nun libro.
CINZA, A OBRA QUE AGROMOU PARA UNIR CÓMIC E LITERATURA
Xavier Alcalá é un dos escritores
máis senlleiros do noso país, e a súa novela A nosa cinza, un libro de referencia para varias xeracións de
lectores dende que se publicou en 1980.
Esta novela é das máis vendidas na Galiza, só superada por Memorias dun neno labrego e A esmorga. Como curiosidade contada polo
propio autor houbo hai décadas, incluso moitos exemplares que se venderon en
edicións "piratas" que permitiron que unha persoa pouco escrupulosa,
fixese durante un tempo un negocio. N´A nosa cinza, o tempo descorre entre os
días de escola, a adolescencia coas súas inseguridades e medos, o espertar dos
sentimentos amorosos e a descuberta do valor da amizade. Unha novela
especialmente indicada para o noso alumnado de 3º ESO.
A partir da semente d´A nosa cinza
xorde unha nova obra de arte, unha obra de arte diferente que sae da
imaxinación, do talento de Manel Cráneo: CINZA.
Un obra que agroma con poderío e un gran impacto visual ao lector. Cinza é a adaptación ao cómic feito por Cráneo do
“long-seller” de Alcalá. Alcalá versus Cráneo. Literatura e cómic conversando da
man de “dúas mentes creativas e xenerosas”.
Un novo formato que permitirá adentrarse no mundo da literatura dunha forma
gozosa, a novas fornadas de lectoras e lectores. Agradecemos a xenerosidade dos
autores e a súa absoluta disposición para acercarse ata Ares e amosarnos unha
milésima parte da súa arte e bo facer.
Para rematar, as verbas do propio Manel Cráneo, actualmente director do
Salón Viñetas do Atlántico no prefacio da obra, “ un importante anaco das nosas
vidas, que como a cinza que se perde no aire, son efémeras, pero as obras
prevalecen, e esta que tes nas mans agora tamén é túa”. Manel Cráneo, debuxante
ou poeta?
PRESENTACIÓN A CARGO DAS ALUMNAS DE 3º ESO
5/4/24
2 ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano, unha sección nacional do IBBY (International Board on Books for Young People) ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e promóvase a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librerías etc.
Este ano correspóndelle á sección de Xapón, que difunde a mensaxe da escritora Eiko Kadono (baixo o lema “Suca os mares coas ás da túa imaxinación”), ilustrado por Nana Furiya.
Kadono (Tokyo, 1935) é unha destacada escritora xaponesa que en 2018 gañou o Premio Hans Christian Andersen e ata a data publicou máis de 250 libros (entre outros, Nicky, a aprendiz de bruxa, no que baseou Miyazaki unha das súas películas máis coñecidas), e Furiya (Tokyo, 1961) é unha ilustradora xaponesa afincada en Eslovaquia desde 1992 que gañou o Golden Pen na bienal de Belgrado de 1999 e foi seleccionada nos White Ravens 2021.
3/4/24
OS NOSOS MAGNÍFICOS CONTACONTOS
Hoxe un grupiño de rapazas e rapaces de terceiro da ESO realizou, como en outras ocasións, unha sesión de contacontos para os nenos e nenas de 1º de primaria. A través do conto “O mundo das cores” reflexionamos sobre o importante que somos cada un de nós a pesar das nosas diferenzas, porque somos Diversamente Iguais e imprescindibles para dar cor e luz ao mundo.
Ao
remate os pequenos levaron como agasallo unha pulseira co lema “Diversamente
Iguais”.
Parabéns a esta rapazada que tan ben prepara e
conta historias. Os pequenos xa están desexando volver!