23/12/15
BO NADAL
COS NOSOS TRABALLOS DE PLÁSTICA ,FEITOS CON MOITO CARIÑO, QUEREMOS DESEXAR QUE PASEDES UNHAS FELICES FESTAS.
ALUMNOS DE 5º e 6º
19/12/15
FESTIVAL DE NADAL 2015
18/12/15
OBRA DE TEATRO " SUSANA OJOS NEGROS"
Durante os recreos desta semana alumnas de 6º e 2º de primaria, representaron unha obra de teatro ná biblioteca carabela. Dámoslles as gracias dende aquí pois levan varias semanas ensaiando no seu tempo libre, e dámoslle tamen as gracias á profe Lara por adicarnos o seu tempo na preparación da obra.
"Susana ojos negros" trata de dúas nenas que non falan o mesmo idioma pero ainda así conseguen ser amigas.
17/12/15
16/12/15
UN LIBRO É UN AGASALLO. Suxestións de Nadal.
Un libro é un agasallo, e o mundo está cheo deles...aquí tes só uns poucos, pero ao mellor apetéceche ler ou ter un deles.
Powered by
Issuu
Publish for Free
12/12/15
BO NADAL
A biblioteca Carabela e o Equipo de Dinamización Lingüística do noso cole, xunto ás súas coordinadoras e as nosas mascotas Carabela e Lareto, desexan a toda a comunidade educativa un Feliz Nadal e próspero ano 2016!!!.
11/12/15
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
No día internacional das persoas con discapacidade, Luisa a nosa interprete de LSE, preparou unha canción de Chayanne "Madre Tierra" para conmemorar este día co alumnado de 2º de E.P.
Esperamos que vos guste.
10/12/15
SESIÓN DE CONTACONTOS NO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
Hoxe 10 de decembro celébrase o Día dos Dereitos Humanos, e para conmemorar
esta data tan importante os alumnos e alumnas da ESO realizaron unha actividade
de contacontos para os pequerrechos de infantil. Decir que este contacontos
retomarase á volta das vacacións para que todos os alumnos de primaria poidan
gozar desta historia que tan ben ilustraron, escribiron e contaron as
alumnas de 4º da ESO. (Ana Martínez, Mayolla Martínez, Paola Toribio, Alba
Teijeiro e Lara Rey)
A través do conto “Antón, o neno que
non quería ir á escola”, descubrimos
á importancia da educación, o que supón non saber ler nin escribir e a sorte
que temos de poder ter uns mestres e mestras que nos ensinan tantas cousas.
Tamén nos axuda a comprender que debemos aproveitar a oportunidade que temos de ir á
escola e esforzarnos por aprender para ter un futuro mellor, non como Antón, o
protagonista do noso conto, que non tiña ningún interese en aprender ata que
descubríu o importante que era saber ler.
Hoxe en día a pesar de que o dereito á
educación está ampliamente recoñecido en numerosas Convencións e
Tratados Internacionais, hay 57 millóns de nenos e nenas en todo o mundo que non van á escola
e outros tantos reciben unha educación
discontinua ou deficiente.
Nós temos garantido este dereito, en outros países non o teñen.
Aproveitemos a oportunidade que temos de poder aprender e denunciemos ao mesmo tempo o incumplimento do Dereito á
Educación que se está a dar en tantas partes do mundo.
A EDUCACIÓN CAMBIA O
MUNDO!!!
POLO DEREITO Á EDUCACIÓN DE
TODOS OS NENOS E NENAS DO MUNDO
Grazas aos nenos e nenas de infantil que estiveron tan atentos coma sempre e que se foron super contentos co agasallo que levaron cada un deles: un precioso lápiz que os axudará no seu proceso de aprendizaxe.
Aquí vos deixamos o conto de Antón.
2/12/15
SESIÓN DE CONTACONTOS PARA CONMEMORAR OS DÍAS DOS DEREITOS HUMANOS E DEREITOS DOS NENOS.
Neste primeiro trimestre do ano hai dúas datas de suma
importancia nas que se conmemoran, por un lado “O Día dos dereitos dos
nenos” (20 de novembro) e por outro, o “Día dos Dereitos Humanos” (10
decembro). Por iso o alumnado da ESO convida a todos os nenos e nenas de Educación Primaria e Infantil á
representación do conto “Antón: o neno que non quería ir á escola”.
O conto ilustrado integramente por Ana Martínez Fernández
coa colaboración de Paola Toribio e adaptado ao galego por Mayolla Martínez Dragó é unha historia para
reflexionar sobre a importancia da educación. Este dereito é un dereito fundamental que
todos os nenos e nenas do mundo deben ter, xa que lles permite adquirir
coñecementos e alcanzar así unha vida social plena. Ademais o dereito á
educación é vital para o desenvolvemento económico, social e cultural de todas
as sociedades. Sen embargo continúa sendo inaccesible para milleiros de nenos e
nenas do mundo.
A través do conto de Antón descubriredes á importancia deste
dereito: un dereito fundamental e universal.
Esperámosvos!!!
As sesións realizaranse na sala de usos múltiples de
secundaria.
Organizan e colaboran: Departamento de EDLG, Departamento de
Reli, Departamento de Lingua Galega.
A PALABRA XUSTA: UNHA DEFENSA APAIXOADA DO OFICIO DE MESTRE
Hoxe queremos compartir con vós o trailer do documental A Palabra Xusta. Unha película na que
Antía Cal fai unha defensa apaixoada do oficio de mestre. Nas palabras desta
muller de 92 anos está a sabedoría dos que se enfrontan todos os días á
educación e á formación dos nenos e mozos.
Picade na imaxe para velo.
Vale a pena ver a súa testemuña!!!
Picade na imaxe para velo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)