19/4/25

CELEBRAMOS O ANO CASTELAO 2025: 75 ANOS DO SEU PASAMENTO

Este 2025 é o Ano Castelao, unha data moi especial que conmemora o 75º aniversario do pasamento do noso ilustre escritor, político e artista, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Sen dúbida, Castelao é unha das figuras máis importantes da Galicia contemporánea, un referente que, xunto con Rosalía de Castro, marcou a historia e a cultura da nosa terra.

Rosalía de Castro, no século XIX, e Castelao, no século XX, representan os dous grandes piares da galeguidade. Ambos foron pioneiros na defensa da nosa lingua, cultura e identidade, e o seu legado segue vivo na nosa sociedade.

Este aniversario busca unir a toda a sociedade galega en torno ao seu legado cultural, político e artístico, así como promover o uso da lingua galega e valorar a súa importancia na nosa historia. É unha oportunidade para aprender, recordar e valorar a figura de Castelao, que tanto fixo por Galicia.

No noso centro, conmemoramos esta data con ilusión e respecto, organizando unha exposición sobre a vida e obra do egrexio rianxeiro. Poderemos ver libros, cadernos e debuxos que nos axudarán a coñecer mellor a súa figura e a súa aportación á cultura galega. Ademais, realizaremos actividades nas aulas que nos permitirán estudar, reflexionar e celebrar a súa memoria, facendo que o seu legado siga vivo entre nós.




Achegamos distintos recursos sobre a celebración do ano Castelao por se é do voso interese e querédelo aplicar nas aulas.

1.Recursos Ano Castelao 2025. Formato PDF

2.Recursos Ano Castelao 2025. Formato Calameo 

3. Díptico Ano Castelao 2025

4. Cartel ano Castelao 2025

 

26/3/25

PRIMAVERA DAS LETRAS 2025

Xa está dispoñible na páxina web de Primavera das Letras o texto teatral As Ferreñas (en vivo e en directo), a achega de Paula Carballeira á última edición do proxecto da Real Academia Galega para o público máis novo co gallo do Día das Letras Galegas que lles dedica ás cantareiras e á poesía popular oral. A obra da escritora pode descargarse nunha edición ilustrada por Nuria Díaz. Na mesma páxina están tamén dispoñibles as primeiras actividades interactivas, fichas para colorear e os deseños das chapas e marcapáxinas das cantareiras que creou a ilustradora. Nas vindeiras semanas iranse estreando novos contidos.




UNIDADES DIDÁCTICAS SOBRE AS HOMENAXEADAS NAS LETRAS GALEGAS 2025

O Día das Letras Galegas 2025 está dedicado á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).  Por este motivo, desde a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, ofrecémosvos como ferramenta de traballo  as unidades didácticas de As cantareiras e  de Dorothé Schubarth, coa finalidade última de axudar na posta en valor destas mulleres  que son referentes na preservación e transmisión da cultura galega. Estas unidades didácticas forman parte da serie "Aprende coas mulleres galegas" que está ao voso dipor neste enlace https://igualdade.xunta.gal/gl/campanas/aprende-coas-mulleres-galegas

 

Cantareiras Aprende Coas Mulleres Galegas by veracruces

Dorothe Schubarth Aprendecoasmulleresgalegas 34 by veracruces



17/12/24

AQUÍ CHEGAN! XA ESTÁN AQUÍ!

Un ano máis chegan as únicaS, as máis esperadas... as suxestións lectoras da Biblioteca Carabela de Ares! Aínda estás a tempo de pedir un libro (ou dous) ao Papá Noel, aos Reis Magos, ao Apalpador, aos pais, aos tíos, aos padriños, ás madriñas, ás avoas... PIDE LIBROS!

11/11/24

Magosto 2024

 Hoxe San Martiño foi o día elexido para celebrar entre todos o Magosto. Este curso acercámonos ao parque para desfrutar de xogos e castañas, ahí vai unha mostra.

















CONCURSO DECORACIÓN DE PORTAS NO SAMAÍN

 Este ano organizamos un concurso de portas polo samaín.

A máis tradicional, a máis orixinal e a máis terrorífica.

Os gañadores en E.I. e E.P. foron:

 As aulas de 4 anos, a máis tradicional


3º A  a máis orixinal












6º B a máis terrorífica






Gracias a todos por participar.

LECTURAS DE MEDO NO SAMAÍN

 Este curso para celebrar o Samaín organizamos unhas lecturas de medo nos recreos. 

Os colaboradores de biblioteca escolleron os libros que máis medo lles daba e leron aos máis pequenos.

Tamén fixemos unha exposición TERRORÍFICA.







6/10/24

XA ESTÁ AQUÍ A VIII EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

 Xa temos aquí a VIII Edición do Concurso de Fotografía Xuvenil que o Concello de Ares en colaboración tamén co noso cole organiza cada ano. Como sabedes, deste concurso sairán as  fotografías que se incorporarán ao calendario municipal do ano 2025 e que se distribúe entre toda a veciñanza e comarca.

A que che gustaría que a túa fotografía formase parte do calendario deste ano?. Pois xa sabes  o que tes que facer, colle o teu móbil ou cámara de fotos e anímate a fotografiar espazos, lugares, obxectos, actos ou situacións da nosa contorna que consideres parte da túa, da nosa identidade.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!



BASES